Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

A PONTE ENTRE A GALIZA EXTERIOR E A INTERIOR

PERCORRIDO POLOS ESPAZOS VITAIS DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

01

Onde naceu Florencio Delgado Gurriagán??

Córgomo

Ourense

A Coruña

CORRECTA

Florencio Delgado Gurriagán naceu en Córgomo, no concello de Vilamartín de Valdeorras, na provincia de Ourense. O seu lugar natal está moi presente na súa obra, así como o viño, gran produto da zona. A incorporación de textos propios do galego valdeorrés será importante na súa poesía. Mesmo comezará a elaboración dun dicionario onde se recolla o léxico desta comarca.

Continuamos o noso percorrido...

UPs!

Florencio non naceu en Santiago, aínda que si visitou esa cidade onde estivo en contacto con intelectuais como Ramón Piñeiro, Carvalho Calero, Domingo García - Sabell...

Volve a intentalo!

UPs!

Florencio non naceu na cidade de Ourense, aínda que si viviu alí dos 6 aos 12 anos, por mor do traballo de seu pai.

Volve a intentalo!

O noso autor, malia practicamente non exercer, estudo avogacía. En que provincia?

02

Ourense

Palencia

Valladolid

UPs!

En 1913 o pai de Florencio é destinado a Palencia, pero a súa estadía será curta, non rematará alí o bacharelato...

Volve a intentalo!

UPs!

Aos 12 anos, Florencio deixa Ourense, pois seu pai (enxeñeiro agrónomo) é destinado a Palencia...

Volve a intentalo!

CORRECTA

Desde o ano 1920 cursa a carreira de Dereito na Universidade de Valladolid, onde se licenciará 4 anos máis tarde. Nesta cidade permanece 4 anos máis, para aproveitar as posibilidades culturais que lle ofrece a cidade. En 1928 o pai é trasladado á Coruña e Florencio volve asentarse en Córgomo. Alí permanecerá ata 1936, ano da sublevación militar.

Saibamos máis...

03

En 1936 estala a Guerra Civil e Florencio, que militaba no Partido Galeguista e participara activamente en prol da aprobación do Estatuto de Autonomía, vese obrigado a saír de Córgomo. Tras un breve paso por Valladolid, pensa na posibilidade de saír do país. Por onde ?

Oporto

Lisboa

Ribadeo

UPs!

Non foi a Mariña lucense a escollida...

Volve a intentalo!

UPs!

Non, non foi por Lisboa...

Volve a intentalo!

CORRECTA

Cruza pola Raia Seca, fronteira entre Ourense e Portugal e, tras unha breve estadía en Tourém, trasládase ao Porto onde se embarca no Douro.

Sigamos viaxando...

04

Sae do país na embarcación o Douro, e onde se instala ...?

Bordeos

París

Londres

UPs!

En Bordeos é recibido polos representantes do consulado republicano español. Pero de aí, en seguida se traslada ....

Volve a intentalo!

UPs!

Este non foi o destino elixido...

Volve a intentalo!

Prosegue a nosa viaxe...

CORRECTA

París foi a cidade elixida. Alí ponse en contacto coa comunidade española exiliada e pronto participa nunha viaxe para colaborar na defensa da parte da Península que aínda non estaba en mans dos sublevados...

05

Desde París, viaxa para colaborar na defensa das zonas que aínda non estaban en mans dos sublevados. Cara onde se dirixe esta vez ...?

Madrid

Barcelona

Bilbao

CORRECTA

Chega a Barcelona en xaneiro de 1938 e coincide con outro galego ilustre, Castelao. Alí desempeña o cargo de secretario de propaganda do Partido Comunista. A comezos de 1939 regresa a Francia para colaborar coa saída dos refuxiados, unha vez que era evidente que a guerra estaba perdida.

Agora vén o salto maior...

UPs!

Non, esta vez non é Madrid...

Volve a intentalo!

UPs!

Non, non foi o País Vasco...

Volve a intentalo!

06

A mediados de xuño de 1939 sae do porto de Bordeos, a bordo do Ipanema, como tantos refuxiados políticos. Cara onde se dirixe...?

Cuba

México

Arxentina

UPs!

Non foi Cuba o lugar elixido, aínda que alí se dirixiron moitos exiliados. Cuba xa foi un importante destino da emigración galega (lembrade que a comunidade galega de La Habana foi quen encargou o noso himno )...

Volve a intentalo!

Imos pescudar un pouco máis...

CORRECTA

Efectivamente, México foi o país ao que se dirixiu Florencio e onde acabaría por asentarse de maneira definitiva... Neste país non había unha organización de intelectuais tan eficiente como a de Arxentina ou Cuba ou Venezuela. Porén, de aquí sairán proxectos tan importantes como as revistas Saudade e Vieiros... ou libros como o Cancioneiro da loita galega. Tamén formou parte do Partido Galeguista en México, do Consello de Galiza e de Galeuzca.

UPs!

Malia que Arxentina foi un dos principais destinos escollidos polos que fuxiron ( xa sabedes que Bos Aires foi coñecido como a quinta provincia galega), non foi aí onde se dirixiu o noso protagonista ..

Volve a intentalo!

07

A estancia en México convértese en algo definitivo. Adquire a nacionalidade mexicana, casa e forma unha familia. Cando a situación en España mellora, pensa en regresar. Farao ata en tres ocasións: en 1968, 1976 e 1981; reencontrándose coa intelectualidade galeguista. Falece en 1987 en...

California

México

Ourense

Rematamos a nosa viaxe...

CORRECTA

Florencio falece dun infarto en Fair Oaks, California. Alí se instalara na casa dunha das súas fillas. As súas cinzas foron trasladadas a México primeiro e posteriormente á súa vila natal, Córgomo.

UPs!

Non, non é en México onde falece...

Volve a intentalo!

UPs!

Non falece en Galicia, malia que nos últimos anos tentou que a súa familia se instalase aquí...

Volve a intentalo!

A nosa viaxe chegou ao final!

Coñecemos un pouco mellor ao autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. Poeta, articulista, pioneiro da tradución poética interlingüística, editor literario e home ponte entre a Galicia exiliada en México e a Galicia interior. Coa súa elección, a Academia homenaxea o exilio mexicano, país en que se desenvolverán iniciativas destacadas en prol da nosa identidade.