lote 22-3-18
instabego
Created on March 22, 2022
More creations to inspire you
AKTEOS HELPS YOU WISH PEOPLE AROUND THE WORLD A HAPPY NEW YEAR
Interactive Image
OKMO FLOOR PLAN
Interactive Image
WEB DU BOIS
Interactive Image
MAIN CAREER MAP
Interactive Image
IDIA OF THE BENIN KINGDOM
Interactive Image
INTERACTIVE AUXILIARY SERVICES MAP V2
Interactive Image
LET´S TOUR THE UNITED STATES IN MUSIC!
Interactive Image
Transcript
"A SEÑORITA BUBBLE"
Lady Bubble comeza unha nova vida en Rovaniemi, unha fermosa vila de Laponia. Os problemas non tardan en chamar á porta. Unha familia de pingüíns necesita da súa axuda con urxencia. Non os os únicos: os elfos da fábrica de xoguetes están vivindo unha situación desesperada.
Abrígate ben e prepárate para vivir unha aventura baixo cero, onde Bubble vai ter que enfrontarse a un poderoso inimigo. Papá Noel cruzou ao lado escuro.
"LOS SUPERPREGUNTONES EN LOS JUEGOS OLÍMPICOS"
Os superpreguntóns sempre están a punto de abrir a boca e facer moitas preguntas porque o queren saber absolutamente todo.
Por isto, tamén teñen ganas de saber cousas sobre os Xogos Olímpicos, a súa historia na época da Antiga Grecia e a tradición olímpica recuperada no século XIX polo barón Pierre de Coubertin e que continúa hoxe en día.
Os deportes olímpicos, tanto actuais como da Antigüidade; as sedes dos Xogos desde Atenas en 1896 ata Tokio en 2020; a organización olímpica e o Comité Olímpico internacional; o desenvolvemento dos Xogos desde a cerimonia de apertura ata a clausura; o percorrido da chama olímpica ou a vida dos deportistas na vila olímpica... Todo sobre a máis importante das manifestacións deportivas mundiais celebrada cada catro anos en cidades de todo o mundo.
"¿DÓNDE LO HACEN LOS ANIMALES SI NO TIENEN ORINALES?
Descobre como ir ao baño e empregar o ouriñal.Tina quere saber onde o fan outros animais como o peixe, o gato, a vaca e mamá llo explica.
"CUENTOS CON ARTE"
Este marabilloso libro descubriralle aos nenos e nenas a arte dunha forma divertida.
Reúne seis contos con pictogramas e cancións inspiradas en diferentes cadros, recoñecidas obras mestras. Tamén inclúe láminas para pintar e un atril.
"ZOG Y LOS DOCTORES VOLADORES"
Vén a coñecer ao dragón Zog e aos doutores voadores: un cabaleiro e unha valente nena. Os seus nomes son Jorge e a princesa Alelí.
Os doutores voadores atravesan o ceo para curar a sereas. leóns e unicornios feridos. Pero cando o rei cae enfermo... poderán salvarlle a vida?
"EL PRIMER VIAJE DE COLÓN. NAVES E INSTRUMENTOS"
Colón, coñecedor da ciencia da súa época, valeuse de instrumentos imprescindibles para acometer a empresa que lle levou a descubrir América, como o nocturlabio ou a corredera. Ademais, dispuxo das naves máis avanzadas do seu tempo: a carraca (a Santa María) e a carabela (a Pinta). Este libro recollle os seus modelos xunto a cinco instrumentos de navegación.