Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

Transcript

BOLSAS MEFP 24-25

PRAZO

27 Marzo - 17 Maio de 2023

ESTUDOS

FP, Bacharelato e outros

CONTÍAS

Fixa + Variable = Bolsa

REQUISITOS

ALUMNADO NEAE

COMO SOLICITALA

A través da sede electrónica

OBRIGACIÓNS

Cando obteñas a bolsa, deberás cumprir coa obrigación de utilizar o diñeiro para a súa finalidade, é dicir, para estudar, asistir a clase e aprobar as materias do curso. Terás que devolver toda a cantidade de diñeiro que recibises da bolsa nos seguintes casos:

  • Se te das de baixa no centro de estudos durante o curso.
  • Se non asistes ao 80% ou máis das horas lectivas, salvo excepcións.
  • Se non superas o 50% das asignaturas, dos créditos matriculados ou das horas matriculadas na convocatoria ordinaria ou extraordinaria.

MÁIS INFO...

Convocatoria de estudos NON universitarios

8 Maio - 20 de Setembro

Departamento de Orientación

Prema aquí para máis información. Tamén podes acudir a:

  • Unidade de bolsas en Pontevedra (resolven as dúbidas relacionadas coas bolsas e axudas): 986805955/01.
  • Oficina de atención ao cidadán: 910837937.

Prema aquí para ver a información relativa as axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE).

Cando obteñas a bolsa, deberás cumprir coa obrigación de empregar os cartos para a súa finalidade, é dicir, para estudar, asisitir a clase e aprobar as asignaturas do curso. Terás que devolver toda a cantidade que recibiras da bolsa nos seguintes casos:

  • Se te dás de baixa no centro de estudos durante o curso.
  • Se non asistes ao 80% ou máis das horas lectivas, salvo excepcións.
  • Se non superas o 50% das asignaturas, dos créditos matriculados ou das horas matriculadas en convocatoria ordinaria ou extraordinaria.

Hai que cumprir todos os requisitos para ter dereito á bolsa (requisitos xerais, económicos e académicos). Poden consultarse na seguinte ligazón.

  1. Entra na sede electrónica: todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do MEFP.
  2. Rexistra (necesitas un usuario e contrasinal). Para acceder á solicitude da bolsa, podes facelo mediante a Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas), certificado electrónico ou mediante o usuario e contrasinal de rexistro na sede electrónica.
  3. Enche o formulario online: non se pedirá que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación das bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar os requisitos. En casos concretos, poderá pedirse que aportes algún documento. Se tes dúbidas ao cubrir o formulario, podes consultar aquí.

Cantidade fixa: é o importe fixo establecido cada ano na convocatoria. Se cumpres os requisitos (xerais, económicos e académicos), podes conseguir as seguintes cantidades:

  • Básica: 300€ (en FP de grao básico, 350).
  • Por renta familiar: 1,700€.
  • Por cambio de residencia durante o curso escolar: 2,500€.
  • Por excelencia académica: 50-125€.
*Se recibes a bolsa ligada á renta, non tes dereito á bolsa básica. Cantidade variable: unha vez asignadas as bolsas de cantidade fixa a todas as persoas que o solicitaron e que cumpren os requisitos, repártese o importe que sobrou do orzamento total. Isto faise mediante unha fórmula matemática que mide a nota media do expediente e a renta per cápita familiar.
  • A cantidade variable será de 60€ (a mínima) se solicitas a bolsa para algún destes estudos: Idiomas na Escola Oficial de Idiomas ou FP de Grao Básico.

Podes solicitar unha bolsa se crees que vas estudar no curso 2023-2024 nalgún dos seguintes niveis:

  • Bacharelato.
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á FP e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.
  • FP de grao medio e grao superior.
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores.
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.
  • Ensinanzas deportivas.
  • FP de grao básico.

Pide a bolsa sempre dentro do prazo (dende o 27 de marzo ata o 17 de maio de 2023), aínda que non estea aberto o período de matrícula dos estudos que queres, non saibas que vas estudar ou mesmo non saibas se vas estudar ou non.