Susaeta historia e clásicos
instabego
Created on March 16, 2022
More creations to inspire you
INTERACTIVE AUXILIARY SERVICES MAP V2
Interactive Image
LET´S TOUR THE UNITED STATES IN MUSIC!
Interactive Image
WILDLIFE SIGNS
Interactive Image
HOMEMADE BIRDFOOD
Interactive Image
EVENTS INDUSTRY RESILIENCE ROADMAP FOR A COVID-SAFE FUTURE
Interactive Image
HYBRIDISATION
Interactive Image
THE SOLAR SYSTEM
Interactive Image
Transcript
LAZARILLO DE TORMES
Esta pequena obra senta as bases da novela, pois está relatada desde o "eu protagonista" e logra crear unha sólida trama chea de aventuras e aprendizaxes. O seu continuo cambio de amos permítelle dar unha visión crítica da sociedade do tempo. O personaxe de Lázaro non é realmente un pícaro e a súa vida non nos deixa un sabor amargo.
A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL
A comezos do século XX, a industrialización en Europa xerara unha gran riqueza, pero as desigualdades sociais e económicas eran enormes e os imperios europeos se disputaban territorios e colonias para exercer a súa dominación. Estas tensións provocaron que un asasinato político provocara o comezo da Primeira Guerra Mundial, que tanta morte e destrución trouxo consigo. Neses catro longos anos de 1914 a 1918 o continente europeo sumiuse no caos. Queres saber como ocorreu?
MOBY DICK
Reflexiona sobre a maldade encarnada nos dous protagonistas: por un lado, a balea que representa o mal sen sentido pois destrúe o que atopa; polo outro, o capitán Ahab, que amosa unha maldade obstinada, xa que o seu odio persoal e o seu desexo de vinganza é o que lle move a perseguila aínda que arrisque a vida da súa xente.
A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS
Este autor francés é o pai da literatura de ciencia ficción. Nas súas novelas sempre incluía os avances científicos do seu tempo e, grazas á súa intuición, anticipouse aos submarinos ou ás viaxes espaciais. En 1872 publicou por entregas "A volta ao mundo en 80 días" e foi un gran éxito.
AS AVENTURAS DE TOM SAWYER
Os recordos da nenez e xuventude serven de inspiración a Mark Twain para compoñer o seu relato sobre Tom Sawyer, ambientado nun pobo similar ao seu ás beiras do río Misisipi. Nesta época, existía a esclavitude no estado de Missouri, ao sur de Estados unidos e, de feito, Mark Twain tratará directamente ese tema noutras novelas súas.