Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Moitos animais percorren grandes distancias para conseguir auga e alimento. Tamén viaxan para ter crías ou buscar calor no inverno. E é que as aves non son os únicos animais que viaxan a outros lugares. Neste libro descubrirás que tamén os peixes, as bolboretas, os elefantes, as baleas e moitos outros animais son grandes viaxeiros.

A Tere encántanlle os ponis. Entra neste libro para aprender con ela sobre os seus animais favoritos e para vivir aventuras co fedello poni Tango.

Sabías que existen oito tipos de osos? Viven en diferentes zonas do mundo e se adaptan ao alimento e á temperatura de cada lugar. Por iso, hai osos de diferentes tamaños, cores e costumes.

Neste libro descubrirás onde viven, que comen normalmente, como conseguen o seu alimento e... moitas cousas máis!!!

Galiñas, pombas, porcos, vacas, patos, cordeiros, cabras, coellos, cabalos, burriños, abellas e un elegante pavo real viven dentro deste libro.

As plantas apareceron hai millóns de anos e grazas a elas foi posible a vida doutros seres. Sen elas, os humanos non viviríamos pois nos aportan osíxeno e alimento e nos aseguran que haxa auga. Neste libro descubrirás como viven as plantas e coñecerás algunhas moi sorprendentes.

Preguntácheste algunha vez por que choran os crocodilos?, por que brillan tanto os ollos dos gatos? ou por que os pingüíns andan con pasiños curtos? Aquí atoparás as respostas a estas e outras preguntas sobre os animais.

Preguntácheste algunha vez por que bocexamos?, por que nos da hipo? ou por que se nos dormen as pernas? Aquí atoparás as respostas a estas preguntas e descubrirás máis cousas sobre o noso corpo.