Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

PASEO DA FAMA 8 DE MARZO

MULLERES QUE FIXERON E SEGUEN FACENDO HISTORIA

9

COMEZAR

CEIP Manuel Masdías

Paseo da fama 8-M

ESTRELA

Produtora cinematográfica ferrolana especializada en cine de animación. Ten numerosos premios pola súa labor no mundo do cine. Recentemente gañou o Goya na categoría de mellor filme de animación coa película de Valentina.

CHELO LOUREIRO

PASEO DA FAMA 8 DE MARZO

ANTONIA FERRÍN MOREIRAS

Foi unha matemática e astrónoma galega. Converteuse na primeira muller profesora na Facultade de Matemáticas en Santiago. Ademais, nese mesmo tempo realizou estudos astronómicos e presentou unha tese de doutoramento en astronomía, sendo pioneira en España.

ESTRELA

PASEO DA FAMA 8 DE MARZO

María telkes

Foi unha física e química húngara, pioneira e inventora que traballou en tecnoloxías de enerxía solar. Trasladouse aos Estados Unidos de América logo de obter o seu doutoramento en fisicoquímica.

ESTRELA

PASEO DA FAMA 8 DE MARZO

ÁNGELA RUÍZ ROBLES

Foi unha mestra e inventora, precursora do libro electrónico. Traballou no actual CEIP Reicimil de Ferrol. Publicou varias obras, dirixiu a Enciclopedia Mecánica (Parque de Artillería de Ferrol) e recibiu numerosos recoñecementos pola súa traxectoria profesional.

ESTRELA

PASEO DA FAMA 8 DE MARZO

PASEO DA FAMA 8 DE MARZO

CONCEPCIÓN ARENAL

Foi unha diplomada en Dereito, xornalista, precursora do feminismo, poeta e autora dramática. É considerada unha das pensadoras máis prestixiosas do século XIX dentro e fóra do país. Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española.

ESTRELA

PASEO DA FAMA 8 DE MARZO

SUSANA RODRÍGUEZ

É unha médica e atleta galega, catro veces campioa mundial de paratríatlon e medalla de ouro nos Xogos Paralímpicos de 2020 en Toquio. Naceu con albinismo e unha grave deficiencia visual do 90%. Compaxinou desde a infancia a súa dedicación ao deporte coa paixón pola medicina.

ESTRELA

PASEO DA FAMA 8 DE MARZO

ANA PELETEIRO BRIÓN

Nada en Ribeira é unha atleta galega, especialista en triplo salto.Asombrou desde moi nena, batendo récords de España e proclamándose en doce ocasións campioa absoluta de España de triplo salto.En 2019 proclamouse campioa de Europa e en 2020 foi medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio.

ESTRELA

PASEO DA FAMA 8 DE MARZO

MARÍA TERESA LEÓN

Foi unha escritora española comprometida que se enfrontou a críticas e convencións sociais. Participou en numerosas revistas e foi subdirectora do Consello Central de teatro. Ao estalar a guerra levou a cabo unha intensa actividade de animación cultural e literaria nas frontes de batalla e participou na confección do Romancero de la Guerra Civil.

ESTRELA

PASEO DA FAMA 8 DE MARZO

VERÓNICA BOQUETE

Nada en Santiago de Compostela é unha futbolista galega, que xoga como dianteira no AC Milan, da Serie A de Italia. Capitá da Selección Española Absoluta. É amplamente recoñecida como unha das mellores futbolistas españolas da historia. Finalista da FIFA balón de ouro no 2014 e elixida no once ideal do ano nos Premios The Best da FIFA no 2020.

ESTRELA