Want to make creations as awesome as this one?

Neste Genially queremos facer unha humilde homenaxe a todas as mulleres que perderon a súa vida a mans das súas parellas, lembrándoas dende o respecto máis profundo e dende o corazón. Ogallá NUNCA MÁIS sucedese algo así no mundo.

Transcript

25 de novembro "Día internacional para a eliminación da violencia de xénero"

Por que o 25 de novembro?

Cada 25 de novembro lembramos na nosa escola os duros acontecementos daquel 25 de novembro de 1960 cando " as irmáns Mirabal chamadas "As bolboretas" foron asasinadas a man do ditador Trujillo en República Dominicana

Adicamos todo o curso a traballar o respecto, a solidariedade, a empatía, o afecto polos demais, etc Pero esta semana en especial lembrámonos de todas as mulleres que perderon a súa vida por querer á persoa equivocada, ás nenas e nenos que quedan orfos e que sofren.Dende a nosa escola unha aperta chea de amor para todas as familias que sofren maltrato ou calquer tipo de violencia.

Inzamos a entrada da nosa escola de bolboretas, realizámolas nas diferentes aulas da escola, participando dende 4º de Infantil ata 6º de Educación Primaria, con elas queremos plasmar as 38 vidas das mulleres asasinadas que se foron dende que escomenzou o ano

Os nosos traballos

Conmemoramos este día coa lectura dun poema, realizamos un especial na nosa radio "Radio Negueirós", colocamos cada aula a súa bolboreta na entrada da nosa escola, para lembrarnos das 38 mulleres asasinadas no que vai de ano e gardamos 1 minuto de silencio por todas elas dende o máis absoluto respecto. Podedes ver as diferentes actividades picando nas imáxenes.

Por todas vós

Elaboramos un manifesto en contra da violencia de xénero e demos lectura ao poema de Baldomero Iglesias, en memoria das 38 mulleres que perderon a súa vida a man das súas parellas.Picade na imaxe e poderedes escoitalo, desexamos que vos guste.

A nosa intervención na radio escolar

Grazas