Want to make creations as awesome as this one?

8M no CEIP Santa Baia 2022

Transcript

8 de marzo de 2022, CEIP Santa Baia - BOIRO

Teresa Manuela del Río

Mestra e activista en tempos da Segunda República

Consecuencias do seu activismo e os últimos anos de vida.

Antón Gallardo relátanos a súa fase máis reinvindicativa e ata o estalo da guerra civil.

Desde o seu nacemento a finais do século XIX ata os anos vinte.

O que nun principio significou truncar o seu soño de ser mestra, converteuse nunha oportunidade que soubo aproveitar.Descubrimos a súa figura da man de Antón Gallardo, historiador boirense que se atopou a este gran personaxe durante unha das súas investigacións, e tivemos a sorte de recibilo no colexio.

Soñaba con estudar maxisterio

O accidente do seu tío, marcou a súa vida

Manuela del Río nace en Boiro en 1890 no seo dunha familia labrega acomodada con raíces no pazo de Fonteneixe. Grazas ao seu tío Francisco, ex seminarista e mestre tetrapléxico con escola no lugar d´O Rexidor, Manuela entrará en contacto de moi nena co estudo e a lectura, para converterse co tempo na axudanta do mestre. Inda que non puidera cumprir o seu soño de estudar maxisterio, no abrente dos anos vinte, tras a morte do seu tío, responsabilízase da escola, trasladándoa para a súa propia casa. Casada e con familia, compaxinará as clases coa crianza de tres fillas, a atención ao fogar, e tamén co traballo no agro mentres estivo emigrado en Cuba o seu marido.

A etapa máis activa da súa vida

Antón Gallardo relátanos unha parte da súa vida na que se mostrou moi valente e elocuente reivindicando o espazo da súa clase social e da muller como valores importantes da sociedade e a necesidade de revertir as inxustizas sociais do momento.

La Lucha 30/04/1933

La Lucha23/10/1932

La Lucha 23/04/1933

Pazo do que provén a súa familia

Consecuencias do seu activismo e últimos anos de vida

A filla maior do matrimonio, Dolores, con apenas 15 anos, sufriría tamén o castigo, tendo que realizar traballos forzosos na estrada de Abanqueiro a Cespón. Como nos confirmou a súa filla Juanita, nestes primeiros momentos con Manuela «non se meteron». O seu castigo persoal viría máis tarde, como consecuencia da aplicación da lei do 17 de xullo de 1945 sobre educación primaria. Entre outras disposicións, esta lei franquista recollía que as escolas privadas deberían cumprir determinadas condicións, nalgún caso coherentes, como contar con persoal titulado e, noutros, simple depuración ideolóxica, xa que obrigaba aos seus responsables a ter unha irreprochable conduta relixiosa e contar con informes políticos e sociais favorables.

O golpe de estado do 36, que acaba co réxime republicano e abre un período de represalias contra quen o sustentara, significará o remate da actividade pública de Manuela del Río e a represión de parte da súa familia. O seu marido Salvador Martínez, militante socialista, sería detido, mallado, e trasladado a Compostela, onde permanecerá preso varios meses ata que a mediación dunhas amizades logra a súa excarceración.

Gracias por seguirnos!

santabaia.es

Teresa Manuela del Río

Volver

Pazo de Fonteneixe

Situación: Na Rúa do Cruceiro, dentro do casco urbano de Boiro.Apuntes históricos: Hai constancia do seu esplendor ao longo dos séculos XVIII, XIX e principios do XX, no que se reconstrúe a capela e se levantaron o pombal e os fermosos hórreos de cantería. Entre algúns dos seus antigos moradores atópase a familia del Río, emparentados cos Montenegro, Rajoy, Figueroa, Pardo de Andrade, Baamonde e outros. En 1972 finou don Robustiano Pérez del Río, sen descendencia directa, o que deu lugar ao posterior deterioro do pazo, mercado e restaurado máis tarde polo seu actual propietario e baixo a dirección do arquitecto Bermúdez y Brey. Estado de conservaciòn: Moi bo.Propietarios actuais: Salvador Alcalde Abalo e familia

Volver

Artigo no xornal LA LUCHA

Outubro do 1932Valiente discurso de Teresa del Río animando ás mulleres do seu tempo a alzar a voz para loitar contra as inxustizas sociais da época.A páxina completa

Volver

Artigo no xornal LA LUCHA

Abril do 1933Crítica á costume das marmuracións e doble moral de certo ámbito eclesiástico.A páxina completa

Volver

Artigo no xornal LA LUCHA

Abril do 1933Propostas políticas para o governo da II República e críticas aos que intentan boicoteala.A páxina completa