Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia. (DOG 11-02-22)

IES Monte Carrasco Departamento de Orientación

NOVAS CONDICIÓNS DE AVALIACIÓN, PROMOCIÓN E TITULACIÓN

Entre a 3ª avaliación parcial e a avaliación final, o profesorado organizará actividades de apoio, reforzo, recuperación e titoría. Este período ten que servir para que o alumnado que ten suspensa algunha materia, intente recuperala.

A partir do 23 de xuño, realizaranse as sesións de avaliación final. A cualificación definitiva das materias farase efectiva na avaliación final (do mes de xuño).

Haberá 3 sesións de avaliación parciais. Este curso, as sesións da 3ª avaliación, realizarase despois do 6 xuño.

Como se organiza a avaliación no curso 21-22

Polo tanto, en canto á avaliación

As clases rematan o 22 de xuño.As notas finais entregaranse despois desa data, se lles comunicará oportunamente o día da recollida de notas.Non haberá convocatoria de setembro.

Como se pasa de curso

Acadará a promoción dun curso a outro o alumnado que superase as materias ou os ámbitos cursados ou teña avaliación negativa nunha ou dúas materias, considerándose para o cómputo as materias non superadas do propio curso e as de cursos anteriores.

Como se pasa de curso

Ademais de nos casos anteriores, o equipo docente poderá decidir a promoción dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes: a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias nas que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco. b) Que o equipo docente considere que a natureza das materias non superadas lle permite seguir con éxito o curso seguinte. c) Que o equipo docente estime que ten expectativas favorables de recuperación. d) Que o equipo docente estime que a devandita promoción beneficiará a súa evolución

Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria

Obterá o título de graduado en educación secundaria obrigatoria o alumnado que supere todas as materias ou ámbitos cursados.Ademais...

Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria

Ademais de no caso anterior, o equipo docente poderá decidir a obtención do título por parte dunha alumna ou dun alumno, sempre que se cumpran tamén todas as condicións seguintes:a) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias en que estea matriculada ou matriculado nese ano académico sexa igual ou superior a cinco.b) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno adquirise as competenciasestablecidas.c) Que a xuízo do equipo docente a alumna ou o alumno alcanzase os obxectivos da etapa.

Para calquera aclaración ou dúbida, poden dirixirse á orientadora, ás persoas titoras ou á dirección do centro.

Instituto de Ensino SecundarioMONTE CARRASCOMonte Carrasco, 20, Darbo - Apdo. 185 – 36940, Cangas (Pontevedra)Tfno.: 886110160 / e-mail: ies.montecarrasco.cangas@edu.xunta.eshttp://www.edu.xunta.gal/centros/iesmontecarrascocangas/