Want to make creations as awesome as this one?

Presentación para PFPP EOI Santiago

More creations to inspire you

Transcript

10 regras para garantir o éxito da autoavaliación.

A Autoavaliación: Unha guía rápida

Elaboración: Carla S. Dechant Munsch - Marzo 2022Asesoramento lingúístico: Ana Maria Losada Pérez

decálogo para unha autoavaliación eficaz

Algúns instrumentos e ferramentas para a aula de idiomas.

instrumentos e ferramentas

Dúbidas comúns sobre a autoavaliación.

preparar ao alumnado

Preguntas clave para asegurarse de que o alumnado estea preparado.

preguntas frecuentes

Preme nas iconas para acceder á información

Está o alumnado suficientemente preparado para realizar unha autoavaliación? Segundo J. Chappuis, antes de pedir ao alumnado que realice unha actividade de autoavaliación, o profesorado debería contestar afirmativamente a cada unha das seguintes preguntas: O alumnado...SíNon

  • pode describir os obxectivos de aprendizaxe?
  • ten unha visión clara dos criterios de calidade establecidos?
  • pode diferenciar entre mostras fortes e débiles de calidade?
  • ten empregado a linguaxe de calidade necesaria para identificar aspectos fortes e débiles das mostras?
"There are several preconditions required before students can accurately judge the merits of their own work. First, they must come to hold a concept of quality roughly similar to that of the teacher's, and second, they must be able to compare their work to that standard (Sadler). We accomplish this by making sure the learning targets that will be the referents for their judgments are clear to the students, by giving them practice with evaluating examples of various levels of quality, by offering feedback that mirrors the kind of thinking they are to do when they self-assess, and by asking them to attempt a self-assessment prior to receiving feedback." (Chappuis, Classroom Assessment.., páx 40)

Unha autoavaliación eficaz… ✔ Lévase a cabo ANTES da retroalimentación ou da avaliación do docente; ✔ Está vinculada aos obxectivos da aprendizaxe; ✔ Oriéntase cara a mellora de aspectos baseados en obxectivos; NON cara a recibir unha puntuación ou mellorar unha nota; ✔ Vai PRECEDIDA dunha práctica guiada na que o alumnado avalía mostras (fortes e débiles) ANÓNIMAS empregando os mesmos instrumentos e criterios que usarán na autoavaliación; ✔ Baséase nun número limitado de criterios moi precisos e redactados en linguaxe amigable (evitáse a metalinguaxe). ✔ Emprega instrumentos DESCRITIVOS e non cuantificativo; ✔ Emprega linguaxe DESCRITIVA baseada na consecución de obxectivos (por exemplo: conseguido, en proceso, iniciado, non iniciado); ✔ Evita cualificacións númericas (ex: 1-5), letras (A, B, C; D; F), e etiquetas subxectivas (excelente, mal, satisfactorio, regular, ben...). ✔ Vai acompañada dunha reflexión acerca dos próximos pasos a seguir para reducir a fenda entre as metas e os logros de aprendizaxe. ✔ Compártese publicamente unicamente se hai unha razón xustificada e co permiso do alumnado. As ideas son as reflictidas en Black & William e Chappuis.

Calquera instrumento de autoavaliación debería ser...

  • sinxelo de usar;
  • redactado en linguaxe amigable;
  • baseado en obxectivos de aprendizaxe e criterios de calidade precisos;
  • empregado previamente polo alumnado para avaliar mostras fortes e débiles.
Na aula de idiomas de adultos, os instrumentos detallados a continuación son especialmente eficaces. Preme en cada categoría para ler unha breve explicación das súas características. Para cada instrumento, atoparás suxestións de ferramentas dixitais que facilitan o seu uso. Preme en cada ferramenta para unha explicación ou titorial. InstrumentoFerramentasComentariosListas de cotexo CheckliUnha das miñas favoritas. Permite gardar, imprimir, duplicar, embeber, compartir. Sinxela e resultado limpo.Google DocsSinxela e con todas as prestacións de Google. Só funciona con Google Docs. CanvaMoi visual.Moodle: listas de cotexo Titorial 1 en inglés. Titoria 2 en inglés. Titoría 3 en españolPermite que o alumnado engada items. Tamén permite a interacción e comentarios do profesorado. Ten barra de progreso para facer un seguimento da aprendizaxe.Rúbricas creadas polo docente (ou co-creadas co alumnado) Nota: O artigo na ligazón enriba fala de rúbricas para a e-avaliación mais todo o contido e as características detalladas son aplicables a calquera rúbrica e a avaliación na aula. Discrepo, porén,, coa suxestión dos autores de empregar etiquetas tales como "excelente", "ben" e "regular" para referirse ao nivel de dominio nas escalas xa que estas etiquetas usan termos subxectivos.Pega a pena ler este artigo en inglés sobre las rúbricas holísticas, analíticas e dun solo criterio "single-point rubrics", isto último sendo moi moi interesante.RubistarTutorial en español Tutorial en inglés Unha das primeiras ferramentas deste tipo. Interface básica e doada de usar. Pódese gardar e imprimir.Quick RubricPodes crear e imprimir unha rúbrica en menos de 5 minutos! Só require rexistrarse no caso de querer gardar e editar a rúbrica creada. Sinxela, rápida, e bonita. iRubricMáis de 750,000 rúbricas públicas e editables. A busca pode ser enleada mais as rúbricas xa públicas facilitan a redacción da túa propia rúbrica.CoRubrics (Extensión de Google Sheets)Moi de moda e con resultados finais moi visuais para o alumnado e o profesorado. Fai falla ver un titorial para saber manexala. Suxiro probala con alumnos ficticios antes de empregala co alumnado real. For All Rubrics Titorial en italiano(Actualización: dende o día 1 de xuño, 2022, esta ferramenta non estará disponible en europa por mor das leis de seguridade e proteción de datos.) Ferramenta moi completa que permite crear, gardar (formato PDF), e imprimir rúbricas, listas de cotexo, portafolios, e insignias. Permite crear grupos de alumnos e a auto e coavaliación entre eles.Os resultados pódense enviar por correo electrónico. Interface segura mais non de todo intuitiva. Dianas de avaliación Outro artigo breve e interesante Canva Moi visual.Google Sheets, Forms, e CoRubrics.Estas ferramentas permiten visualizar os datos recollidos en formato de diana.Plantillas en internetPódense atopar plantillas en diversos formatos (Word, PDF, Excel, etc.) mediante unha busca na internet.

Black, Paul and Dylan Wiliam. “Inside the Black Box: Raising Standards Through Classroom Assessment”. http://electronicportfolios.org/afl/InsideBlackBox.pdf Phi Delta Kappa International, 11 novembro, 1998. Chappuis, Jan. "Seven Strategies of Assessment for Learning." (Capítulo 4, páx. 145-202). 2015. Pearson Education, Inc. Chappuis, Jan. "Classroom Assessment for Student Learning." 2021. Pearson Education, Inc.

Que é a autoavaliación? Mediante a autoavaliación o alumnado fai unha serie de valoracións sobre o estado actual da súa aprendizaxe con respecto a un estándar ou criterio de calidade. A autoavaliación NON é unha autocualificación nin un seguimento da súa propia aprendizaxe. (Chappuis) Porque o alumnado debería autoavaliarse?

  • A autoavaliación forma parte indispensable do proceso de avaliación formativa. É imposible falar de avaliación formativa sen realizar de forma consciente e polo miúdo a autoavaliación na aula.
"If formative assessment is to be productive, pupils should be trained in self-assessment so that they can understand the main purposes of their learning and thereby grasp what they need to do to achieve." (Black e Wiliam)
  • Os resultados melloran cando o alumnado reflexiona sobre a súa aprendizaxe e expresa o que comprende e o que aínda ten que aprender. Para garantir mellores resultados a autoavaliación debería ir acompañada dunha reflexión por parte do alumnado acerca dos próximos pasos a seguir para reducir a brecha entre as metas e os logros. (Black & Wiliam; Chappuis)
Os resultados obtidos dunha autoavaliación son fiables e realistas?
  • Os resultados adoitan ser fiables e incluso o alumnado tende ser máis esixente consigo mesmo. (Black & Wiliam)
  • Os alumnos máis novos adoitan esaxerar os seus logros mentres a auto-avaliacion do alumnado adulto adoita ser máis realista. (Chappuis)
  • Os resultados adoitan ser máis fiables canto máis sinxela sexa a tarefa. (Chappuis)
  • O alumnado máis capacitado a miúdo valórase de forma máis realista.
Que fago cos resultados obtidos dunha autoavaliación? Os resultados obtidos deberían servir como punto de partida para axustar tanto a docencia coma a aprendizaxe. O profesorado debería analizar os resultados para determinar que cambiar na súa instrución e así garantir mellores resultados. O alumnado debería reflexionar sobre como modificar a súa aprendizaxe para lograr os obxectivos desexados. Buf...Como empezo? Respira. A autoavaliación non se fai dun día para outro. Erin Beard, experta en avaliación formativa e profesora de ELA de secundaria, ofrece este consello no seu artigo "The Importance of Self-Assessment" (abril 2021): "Determinar que estratexias, procesos e ferramentas funcionan mellor para os teus alumnos é un percorrido continuo que require tempo, paciencia, e sentido do humor. Darás algúns pasos para adiante, algúns de lado, e outros para atrás. Pode resultar desordenado e caótico, mais iso é normal. Auténtico: a aprendizaxe centrada nas persoas É caótica! Recomendo ler o artigo enteiro e seguir o seu blog centrado na avaliación formativa. https://www.nwea.org/blog/2021/the-importance-of-student-self-assessment/ The importance of student self-assessmentWant to know a secret? I didn't mean to become a secondary ELA teacher. One of the reasons why an ELA endorsement wasn't originally at the top of my...Teach. Learn. Grow.