Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Adolfo Barcia

Sementade pensamentos

23 de febreiroDía de Rosalía

Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino

Nasín cando as prantas nasen,no mes das froles nasín,nunha alborada mainiña,nunha alborada de abril.Por eso me chaman Rosa,mais a do triste sorrir,con espiñas para todos,sin ningunha para ti.

Desque te quixen, ingrato,todo acabóu para min,que eras ti para min todo,miña groria e meu vivir.¿De qué, pois, te queixas, Mauro?¿De qué, pois, te queixas, di,cando sabes que morrerapor te contemplar felís?

Duro cravo me encravachescon ese teu maldesir,con ese teu pedir toloque non sei qué quer de min,pois dinche canto dar pudenavariciosa de ti.O meu corasón che mandocunha chave para o abrir.Nin eu teño mais que darche,nin ti máis que me pedir.

Mais ve que o meu corazónÉ unha rosa de cen follas,I é cada folla unha penaque vive apegada noutra.Quitas unha, quitas dúas:penas me quedan de sobra;hoxe dez, mañán corenta,desfolla que te desfolla.¡O corazón me arrincarásdesque as arrincares todas!

Dende aquí vexo un camiñoque non sei adonde vai;polo mismo que n’o sei,quixera o poder andar.Istreitiño sarpenteaantre prados e nabals,i anda ó feito, aquí escondido,relumbrando máis alá.Mais sempre, sempre tentándomeco seu lindo crarear,que eu penso, non sei por qué,nas vilas que correrá,nos carballos que o sombrean,nas fontes que o regarán.

Camiño, camiño branco,non sei para dónde vas;mais cada vez que te vexo,quixera poderte andar.Xa collas para Santiago,xa collas para o Portal,xa en San Andrés te deteñas,xa chegues a San Cidrán,xa, en fin, te perdas… ¿quén sabeen dónde?, ¡qué máis me dá!Que ojallá en ti me perderapra nunc amáis me atopar…Mais ti vas indo, vas indo,sempre para donde vas,i eu quedo encravada en ondearraigo ten o meu mal.Nin fuxo, non, que anque fuxadun lugar a outro lugar,de min mesma, naide, naide,naide me libertará.

Lucía

Sara

Borja

Claudia

Uxía

Aida