Tiramos do fío con Fiandola
Segundo ciclo Primaria
Created on February 22, 2022
More creations to inspire you
ASTL
Presentation
VISUAL COMMUNICATION AND STORYTELLING
Presentation
ENGLISH IRREGULAR VERBS
Presentation
GROWTH MINDSET
Presentation
BLENDED LEARNING
Presentation
INTRO INNOVATE
Presentation
SUMMER ZINE 2018
Presentation
Transcript
Tiramos do Fío...
A música é unha parte importante das nosas tradicións.
A música tradicional transmitiuse durante séculos de xeración en xeración por vía oral como unha parte máis dos valores e da cultura dun pobo.
Coma todas as tradicións, vai evolucionando influenciada polos cambios na vida da xente e polas aportacións doutras músicas do mundo. Agora podemos coñecer e transmitir esta música a través doutros medios: discos, canles de internet, televisión, radio …
A canción fala de RUMBA. Que é a rumba? Busca a súa definición premendo aquí.
Investigade nestas fontes, a ver que averiguades sobre o grupo musical:
Escribe un texto informativo sobre o grupo Fiandola.
Na entrevista que vistes no vídeo faise referencia a un importante e curioso edificio de Betanzos, cal?
Xa vos destes conta de que estamos a falar do lavadoiro público de As Cascas, en Betanzos.
Sabedes onde se atopa Betanzos?
Sabedes algo deste edificio?
Agora tócavos investigar para saber algo máis deste edificio:
Onde se atopa.
Quen o mandou construir.
En que ano se construiu.
Para que se construiu.
Como é o edificio. …
Recordade que para investigar podedes empregar varios medios: Internet Libros, guías ou folletos especializados Preguntar a expertos |
Escribe un texto seguindo o guión anterior.
Debuxa o edificio.
Sitúa Betanzos neste no mapa e tamén a túa localidade.
Que edificio ou edificios singulares hai na túa localidade?
De que se trata? Como se chama?
Investiga seguindo o guión:
Onde se atopa.
Quen o mandou construir.
En que ano ou época se construiu.
Para que se construiu.
Como é o edificio.
…
CANTA, BAILA E GOZA
1. Podes continuar coñecendo as cancións do grupo Fiandola, na súa canle de youtube hai vídeos.
2. Podes coñecer mellor ao grupo Fuxan os ventos, que foi moi importante no nacemento da nova música galega.
3. Tamén podes escoitar a música do grupo Astarot. Neste vídeo interpreta un poema de Rosalía.
4. Escoitar máis música interpretada por Susana Seivane.
5. Visitar a páxina oficial das Tanxugueiras.
6. Coñecer algo máis do teu grupo ou interprete favorito.