Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Roel

o noso cole

A Fraga

Historia creada como apoio para todas as familias que querencoñecer un pouquiño o noso centro.

Presentación feita con GENIALLYImaxes. Pixabay, Giphy e as propias do centro.BiblioRoel 2022

Roel

O noso cole

A Fraga

Quero presentarvos unha historia moi especial para min:Era o 1 de setembro de 1988 cando un centro chamado A Fraga empezaba o seu camiño. Desde ese día sempre tivo unha gran familia formada por nenos, nenas, mestres, mestras, pais, nais, avós, avoas, conserxes, limpadoras, auxiliares de conversa....., a miña familia!

Co paso dos anos ía facendo cambios en número, en idades, en espazos e outros aspectos que o foron transformando ata a actualidade.

Hoxe é un centro de Educación Infantil e Primaria formado por 154 alumnos e alumnas, por 17 mestres, un auxiliar de conversa, unha persoa de limpeza en horario de mañá e dúas de tarde, e unha morea de familias.

DE TARDE:-Luns de 17:30 a 19h: titorías coas familias (cita previa)-16 a 18H: Actividades extraescolares (xestionadas pola ANPA).

Este centro ten o seguinte horario:DE MAÑÁ:

  • 8h.: almorzos no cole (xestionado pola ANPA Medoñas).
  • 9h: Entrada no colexio
  • 14h: Saída do colexio

O alumnado está divido en 9 aulas das cales 3 son do 2º ciclo de Educación Infantil e 6 son de Educación Primaria.

Todas as aulas de educación infantil contan cun baño propio e tamén teñen o seu botiquín de emerxencias.

En todas as aulas hai ordenador e pizarra dixital que se empregan no traballo diario.

As aulas de Educación Primaria están divididas en dous corredores. Todas elas contan con ordenador, pantalla dixital e botiquín de emerxencias. Os cursos de 5º e 6º están equipadas para traballar no proxecto EDIXGAL, por ese motivo o alumnado ten ordenador propio para traballar, os dous últimos niveis.

Retomamos a distribución de froita fresca e leite

Pincha nos textos e nas imaxes que teñen esta icona para ter máis información

Este curso participa en Biblioteca creativa

- DigiCraft

- Plambe

Traballamos con novas tecnoloxías desde os 3 anos e para iso tratamos de iniciarnos en aspectos básicos de informática na nosa aula . A maiores empregamos a aula virtual para ter un espazo para cada unha das titorías e tamén para a Biblioteca, o Departamento de Orientación, o Equipo de Normalización Lingüística e un espazo para as familias. Este aspecto tamén está integrado na nosa comunicación diaria, xa que facemos comunicados ás familias a través do móbil por unha aplicación chamada AbalarMóbil.

Tamén hai outros proxectos:-Centro plurilingüe desde os 3 anos e con auxiliar de conversa nativo.

Este logo e eu, a mascota da biblioteca, somos dous dos signos de identidade deste centro. Por suposto, dicir o orgulloso que estou desta biblioteca que foi reformada no curso 17-18.

Todos os anos nos move o descubrimento por novas aprendizaxes, e por iso traballamos en equipo para levalo á nosa vida no centro.

O que máis me gusta e ver a todo o alumnado no Entroido reflectindo todo o aprendido.

Tamén conta cun Departamento de Orientación formado por :

  • 1 orientadora
  • 1 mestra de Pedagoxía Terapeútica
  • 1 mestra de Audición e Linguaxe
Podedes atopar máis información sobre o claustro dentro da nosa páxina web.

O profesorado está en continua formación para adaptarse ás novas necesidades, protocolos, tecnoloxías, novas metodoloxías....O centro conta con:

  • 4 mestras de Educación Infantil,
  • 6 de Educación Primaria,
  • 1 mestre de Educación Musical
  • 1 mestre de Educación Física
  • 1 mestra de Lingua Estranxeira
  • 1 mestra de Relixión Católica

No noso tempo de lecer saímos, sempre que o tempo o permite, ao exterior. Para xogar e cumprir cos protocolos, contamos con 3 zonas diferenciadas de xogo.Cando o tempo impide este momento, facemos os recreos dentro, xa que contamos cun patio cuberto con 2 espazos diferenciados.

Invernadoiro

Aula de TICs

Aula de música

Aula de Psicomotricidade

Temos diferentes espazos

2. DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

3. Libro de familia seo neno/a non ten DNI.

1. O impreso ED550B escrito a man ou ordenador e firmado. Podedes solicitalo no centro.Tamén o podedes facer de xeito telemático.

Sabedes que tedes que facer se queredes formar parte desta familia?Pois os seguintes pasos:Do 1 ao 20 de marzo está aberto o período de admisión. Podes ver máis información na nosa páxina web.Debes entregar no centro:

Unha vez que xa estades admitidos/as nesta gran familia, logo do período de matrícula (do 20 ao 30 de xuño), seredes convocadas todas as familias a unha reunión.Soe facerse a finais de xuño ou principios de xullo, no que se vos explica o funcionamento máis detalladamente, as normas, o período de adaptación, a presentación do equipo docente, e tamén se respostan todas as dúbidas e inquedanzas que poidades ter.

Axuda en:-Proxectos de mellora do centro.-Actividades deportivas-Outras actividades como concursos, visitas especiais como o Apalpador/Reis Magos/Papá Noel, contacontos, en saídas, e noutros festexos do centro.-Organizar as actividades extraescolares da tarde no centro.-Xestionar os almorzos.

Antes de rematar, permitídeme que vos presente á ANPA Medoñas, que se atopa sempre implicada no día a día do centro.Podedes contactar coa directiva no seguinte nº de teléfono: 664301625 ou a través do seu correo electrónico: anpamedonas@gmail.com.Para ser socios/as hai que pagar unha cuota anual.

4.-Cando podo escoller as actividades extraescolares?Ao inicio de curso recibiredes información.5.-Cando podo apuntarme nos almorzos?No momento da matrícula podes poñerte en contacto coa ANPA.6.- Podo achegarme un día a ver o centro?Si, pero con cita previa.

A que vos gustou o meu cole favorito?Queda algunha dúbida?Eiquí un repaso de posibles preguntas?1.-Como podo ter máis información?Pois a través da nosa páxina web, ou ben contactando con nós por vía telefónica ou do correo electrónico..2.-Cal é o horario do ED?De luns a venres de 9:15 a 10 h.3.-Podo falar con alguén da ANPA?Si, a través do seu teléfono ou e-mail.

E colorín colorado, este conto non está rematado.Ti pódelo continuar con nós.

Teléfono: 881938456Correo electrónico: ceip.afraga@edu.xunta.gal

GRAzAS POLA TÚA ATENCIÓN!