Want to make creations as awesome as this one?

Presentamos a algunhas nais do CEIP Virxe do Rocío que teñen profesións científico-técnicas

More creations to inspire you

STEVE JOBS

Horizontal infographics

OSCAR WILDE

Horizontal infographics

TEN WAYS TO SAVE WATER

Horizontal infographics

NORMANDY 1944

Horizontal infographics

LIZZO

Horizontal infographics

BEYONCÉ

Horizontal infographics

Transcript

NAIS E CIENTÍFICAS

Co gallo do día da Muller e a Nena na Ciencia presentámosvos a algunhas nais da escola que traballan nunha profesión científico-técnica. Deixamos aparte ás que desenvolven o seu traballo na área sanitaria, que sabemos que son moitas e o seu labor é importantísimo, por centrarnos en eidos nos que o sector feminino é minoritario, cousa que non ocorre na sanidade.

Pilar Montaña Iglesias

Eva María Castro Álvarez

Andrea Ramilo Álvarez

Rosa Chapela Pérez

Silvia Bastos Molares

Susana Cienfuegos Suárez

Sonia Ramos Galdo

Amalia Núñez Niño

Irene Domínguez Fernández

Marta Sánchez Sanz

O CEIP Virxe do Rocío presenta:

Amalia Núñez Niño

ARQUITECTA

"Chámome Amalia e son a nai de Marina de 6ºEP, e traballo como arquitecta. Estudei na Escola Técnica Superior de Arquitectura d´A Coruña, a especialidade de urbanismo, cursando un ano en Francia grazas a unha bolsa.No meu traballo especialiceime en proxectar e dirixir obras de vivendas, rehabilitacións, deseño de locais comercias, parques infantís, parques públicos e xardíns privados.Desenvolvo os meus proxectos con axuda de programas informáticos aínda que unha parte esencial do meu traballo consiste en falar cos clientes e trasladar as súas necesidades e expectativas aos planos.Tanto o deseño coma a construción posterior son traballos colaborativos nos que interveñen outras profesionais: enxeñeiras, arquitectas técnicas, paisaxistas, empresas construtoras....Na miña profesión mestúrase a técnica e a creatividade e esixe unha formación constante para coñecer e aplicar as novidades técnicas e legais."

Esta praza e o parque foron deseñados por min

Pilar Montaña Iglesias

ARQUITECTA

"Son Pilar nai de Mar de 4º de primaria. Estudei na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e fixen un máster de rehabilitación na universidade de Santiago de Compostela. Teño feito montaxes de exposicións e deseño gráfico para o colexio de arquitectos, proxectos de reforma interior de vivendas, colaboracións con outras compañeiras nun obradoiro de maquetas, proxectos de vivendas, locais comerciais e proxectos de urbanismo. Na actualidade estou traballando nun proxecto de rehabilitación dunha vivenda tradicional no Courel e xunto co meu compañeiro acabamos de redactar unha alegación ao PXOM de Vigo coa colaboración das asociacións de veciños para a protección e mellora das Zonas Verdes do barrio no antigo PERI de Tomás A. Alonso."

fa

Eva María Castro Álvarez

ARQUITECTA E PROFESORA

"O meu nome é Eva Castro e son a nai de Yael de 2º de primaria. Son arquitecta e profesora de matemáticas nun instituto moi preto do Resío. O que me gusta das dúas profesións é o de resolver problemas. Dun lado, problemas matemáticos e, doutra banda, xogar co espazo ata atopar un bo lugar onde habitar, estudar, pasear... Déixovos unha foto dun edificio que fixen co meu antigo estudio FQP. Téñolle moito cariño, seguro que moitas e moitos de vós o coñecedes."

Preme aquí para velo

Andrea Ramilo Álvarez

BIÓLOGA E INVESTIGADORA

"Son Andrea, mamá de Diego Alvarez de 5° de infantil. Estudei bioloxía na Universidade de Vigo e actualmente son investigadora no Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, en Bouzas. O meu traballo consiste no estudo das enfermidades de peixes, moluscos e outros organismos mariños, co fin de mellorar a súa supervivencia e a calidade destes productos do mar."

FO

Rosa Chapela Pérez

AVOGADA E INVESTIGADORA

"Son Rosa a nai de Mateo e Martiño. Estudei Dereito en Santiago de Compostela. Como na casa temos unha relación forte co mar (o meu pai mariñeiro e miña nai mariscadora) non quixen dedicarme á avogacía así que optei pola investigación social no mundo do dereito. Despois de traballar uns anos no departamento xurídico da Consellería do Mar da Xunta, e ver como se regulaba todo o mundo da pesca, opositei ao Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo, Agora son a Coordinadora do Departamento de Socioeconomía e facemos investigación social: a regulación dos sistemas da pesca, como se fan as políticas pesqueiras e do uso do mar, a situación socioeconómica dos pescadores e mariscadoras, mariñeiros/as… así coma os mercados que regulan o comercio do peixe e o seu consumo. E tamén o uso do litoral polas empresas, no que se deu en chamar a “Economía Azul”.

Sonia Ramos Galdo

ENXEÑEIRA INDUSTRIAL

"O meu nome é Sonia Ramos, a nai de Antón. Son enxeñeira industrial e dedícome a asesorar a empresas e concellos sobre como xerar e consumir enerxía de forma sustentable, coidando do planeta e das persoas. Deseño instalacións que aproveitan recursos renovábeis como a enerxía solar e aprendo a estudantes universitarios a facelo. Alén diso, investigo para tratar de levar esta tecnoloxía a territorios onde non teñen electricidade, e por exemplo, seguen cociñando con leña, o que ten un alto custo en anos e calidade de vida."

Silvia Bastos Molares

PROGRAMADORA

"Son Silvia, nai de Xoel de 2º EP. Son enxeñeira de Telecomunicaciós na especialidade de telemática. Empecei no mundo da investigación no “Laboratorio de televisión Dixital Interativa” da Universidade de Vigo, pasando posteriormente á empresa privada. Nos máis de dez anos de experiencia laboral sempre traballei en proxectos de I+D e deseño de software en diferentes entornos.Actualmente formo parte do equipo de I+D de Marine Instruments, que é unha empresa líder no desenvolvemento e fabricación de equipos electrónicos adaptados ao medio mariño e enfocados ao fomento de océanos intelixentes e pesca sostible.”

Imaxe da temperatura da auga e as correntes no Corno de África. Isto axuda aos barcos atuneiros a coñecer as condicións do mar e saber onde poder obter unha mellor captura.

Irene Domínguez Fernández

INVESTIGADORA E DOCENTE

"Son Irene, a nai de Iris de 2º EP. Licencieime en Ciencias Químicas na Universidade de Vigo. Tres anos despois, o Ministerio concedeume unha bolsa FPI (formación persoal investigador), para preparar a miña tese de doutoramento. Durante este período centro meu traballo na aplicación dos Líquidos Iónicos na extracción de compostos aromáticos presentes nas mesturas con alcanos.En abril do 2015 a Xunta de Galicia concédeme una bolsa posdoutoral de 3 anos, que me permite realizar una estadía durante 2 anos no grupo LSRE, da facultade de Enxeñería da Unversidade do Porto.Durante todo este tempo combinei a investigación coa docencia. Teño presentadas un total de 30 contribucións a congresos e publiquei un capítulo dun libro e 27 artículos en revistas de ámbito internacional."

Marta Sánchez Sanz

ENXEÑEIRA

"O meu nome é Marta e son a nai de Xiana, de 5º de EP e Uxía de 6º de Infantil. Son enxeñeira técnica mecánica de estruturas. Graduada pola universidade de Salamanca.Dedícome á construción, concretamente ao deseño e cálculo de estructuras. Hai anos exercín como Xefa de obra e "Proyect Manager" en República Dominicana.As estruturas que deseño son tanto para edificación (formigón), como metálicas (naves industriais)"

Susana Cienfuegos Suárez

ENXEÑEIRA

"Son Susana, a nai de Olivia de 3⁰ EP e de Orián de 4º de Infantil e son enxeñeira. Nacín nunha pequena na montaña de Asturias.Dende hai 10 años traballo como enxeñeira en aeroportos. No de Tenerife, facía proxectos para arranxar desfeitas no edificio terminal de pasaxeiros, a pista de voos, o parque de bombeiros ou a depuradora de aguas residuais, por exemplo. Un aeroporto é como unha pequena cidade e hai moitas cousas que mellorar e arranxar continuamente.No aeroporto de Vigo fago diferentes tarefas. Unha das máis importantes é garantir que haxa lámpadas con luces de cores que alumeen a pista de voos pola noite, e que a enerxía eléctrica chegue a cada unha delas e axuden aos pilotos na engalaxe e aterraxe dos avións. Como no aeroporto de Vigo hai néboa moitos días, que impide aos pilotos ver as luces de guía, tento que moitas antenas, moi grandes, axuden ao avión a orientarse con seguridade, tanto de día como pola noite. Como anécdota, quero compartir con vós que o pasado Nadal, cando rompeu a pista de voos do noso aeroporto, encargueime de que se arranxara moi rápido e quedara perfecta. Todos os días se presenta un novo reto e é moi apaixoante.Gústame pensar que co meu traballo axudo a moitas persoas a que poidan viaxar con seguridade e comodidade."

Mira a pista de noite: