Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

Transcript

Creando o camiño dende o cole.

Camiño portugués pola costa.

Camiño de Santiago

Apóstolo Santiago

Símbolos do camiño

Saúdo

Os peregrinos

Credenciais

por Ana Isabel Pérez Tomé

Que é o camiño de Santiago? O Camiño de Santiago é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos supostos restos do Apóstolo en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II. Hai moitas rutas para chegar a Compostela. O CEIP da LAXE vai seguir a Ruta Portuguesa pola costa, desde A Guarda ata Santiago.

Santiago Apóstolo. Xacobe, máis coñecido como Santiago o Maior, foi un dos Doce Apóstolos ou principais seguidores de Cristo. Chámaselle o Maior para distinguilo de Santiago o Menor, tamén discípulo de Xesús. Era irmán de san Xoán o Evanxelista. O nome de Santiago en latín era Iacobus. Deste xurdirían os nomes de Iago, Xacobe e Xaime.

Símbolos do camiño Cuncha de vieira: é o símbolo máis coñecido e universal do camiño. O máis normal e levala colgada do pescozo, algúns lévana na mochila. Tamén forma parte da sinalización do camiño. A oficial é de cor amarela sobre fondo azul. A igrexa da Peregrina en Pontevedra ten forma de cuncha de vieira. Frecha amarela: indica a dirección que se debe seguir. É un símbolo indicativo. Pódese atopar nunha árbore, na beira da estrada, no chan, nunha pedra, nun muro, onde menos a agardes pode estar. Se a segues chegarás ao final. Mollón do camiño: é un fito de pedra que marca a distancia do lugar no que se atopa a Compostela, indica o punto quilométrico. Teñen o punto quilométrico, a cunha de vieira e ás veces a frecha amarela. En Galicia hai un cada 500m. Cabaza: antigamente os peregrinos levábana colgada do cinturón ou do bastón para levar líquidos. Bastón: antigamente eran de madeira de castiñeiro ou de abeleira, tiñan que superar os ombreiros do peregrino, moitos colgaban del a cuncha e a cabaza. Hoxe soen levarse bastón pregables de sendeirismo. Capa: empregábana para protexerse do frío durante o percorrido e como manta pola noite. Empregouse entre os séculos XI e XIX. Cruz de Santiago: cruz latina de cor vermella imitando unha espada.

UTREIA ET SUSEIA Antigamente os Peregrinos dicían "Ultreia, suseia, Santiago" (segue adiante máis alá está Santiago). Cando un peregrino dicía "Ultreia" (segue adiante) o outro Peregrino dicía "Et suseia" (e máis alá!). Hoxe en día úsase moi pouco, o saúdo habitual é " Bo camiño".

Os peregrinos. Calquera persoa pode facer o camiño de Santiago. Pódese facer a pé, a cabalo, en bicicleta e en cadeira de rodas. Calquera época do ano é boa para facelo camiño. A maioría dos peregrinos fan o camiño a pé durante o verán. Camiñando non hai présas. O Peregrino ten tempo para pensar, admirar a paisaxe e deixarse levar mentres se deixa ir cara a Compostela.

Credenciais. A credencial é un dos distintivos máis importantes do Camiño. Non se debería empezar a ruta sen ela, xa que é o documento que nos acredita como peregrinos. É persoal e intrasferible, permite acceder aos albergues e unha vez rematado o percorrido obter a Compostela. É necesario selala dúas veces en cada etapa. A súa orixe remóntase a Idade Media, nesta época a tódolos peregrinos se lles entregaba un salvoconducto que lles permitía viaxar libremente e con seguridade polo Camiño. Compostela. Para conseguir a Compostela hai que demostrar por medio da credencial que se percorreron 100 km a pé ou a cabalo ou ben 200 km en bicicleta. Non é necesario facer o Camiño de forma continuada no tempo pero si xeograficamente. Cada vez que se inicie o percorrido, debe facerse no lugar no que se rematou a etapa anterior.