Want to make creations as awesome as this one?

Descubre aquí como acceder a CentrosNet, as súas utilidades e as vantaxes de ter instalado CentrosNetApp nun dispositivo móbil.

More creations to inspire you

GRETA THUNBERG

Horizontal infographics

FIRE FIGHTER

Horizontal infographics

STEVE JOBS

Horizontal infographics

ONE MINUTE ON THE INTERNET

Horizontal infographics

SITTING BULL

Horizontal infographics

Transcript

Que é CentrosNET

Instrucións de acceso e utilidades.

Que información podo atopar en CentrosNET?

1

Como accedo a CentrosNET por primeira vez?

2

Unha vez que xa teño contrasinal persoal , como teño que entrar?

3

Existe unha aplicación para o móbil. É obrigatorio descargala e como se descarga?

4

Como se entra en CenstrosNET a través da aplicación?

5

Que podo consultar na App de CentrosNET?

6

Podo acceder ás mensaxes tamén desde un navegador?

7

A que esperas para descargar no móbil a App CentrosNET?

8

Preme nun número para acceder á información que che interese.

En CentrosNet, atopamos:

  • Os nosos datos persoais
  • O noso expediente (os datos dos cursos que fixemos, coas cualificacións que obtivemos e o número de expediente)
  • Os datos sobre o curso que estamos facendo (horario, profesorado, nome do curso, faltas de asistencia)
  • Un servizo de mensaxería (canle de comunicación das ausencias do profesorado e as datas dos exames)
  • Unha plataforma de enquisas

Entra en CentrosNET a través da páxina web da escola: Introduce só os datos nas casas "usuario" (data de nacemento) e "contrasinal" (DNI sen letra).Despois preme en "Entrar".Aparecerá unha nova pantalla onde debes introducir un contrasinal persoal novo e o teu enderezo de correo electrónico.

Agora podes entrar cubrindo os datos dos tres apartados. En lugar de empregar a data de nacemento como usuario podes usar o teu número de expediente. Para saber cal é o teu número de expediente só tes que acceder a CentrosNET. Atópase enriba de todo.

É moi recomedable descargar a aplicación para o móbil, porque a través da APP recibimos notificacións importantes, como por exemplo a ausencia ou a incorporación do profesorado. Para descargala podes empregar o código qr ou acceder a ela desde o teu provedor de aplicacións (Android/Appstore).

Para acceder a CentrosNET a través da aplicación só precisas:

  1. o teu número de expediente e
  2. o teu contrasinal persoal.

Terás acceso ás mensaxes que che envíe a administración do centro e o profesorado. Ademais, poderás poñerte en contacto coa túa profesora premendo na icona do lapis. Se premes en estudante, tamén terás acceso a toda a información que aparece na foto.

Por suposto que si. Porén, a aplicación é moi cómoda, xa que avisa cando chega unha mensaxe, mentres que empregando un navegador hai que acceder ex proceso para comprobar se se recibiu algunha.