Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

QUEDARÍAME A VIVIR PARA SEMPRE EN SANTIAGO En case todos os contos a viaxe é parte importante da historia. Neste capítulo queremos contarvos o amor dun dos poetas españois máis importantes por Galicia. Federico García Lorca viaxou a Santiago en tres ocasións. A primeira, en 1916 cando tiña 18 anos. En 1932 estivo en A Coruña dando unha conferencia e, meses máis tarde voltou coa compañía de teatro universitario La Barraca nunha xira na que percorreu Galicia. O libro “Seis poemas galegos” foi publicado en 1935 nel, Lorca plasmou a súa fascinación por Galicia tras esas viaxes. Desa edición só se imprimiron 200 exemplares. A maioría deles arderon durante o asalto á imprenta NÓS en 1938. A biblioteca Barrié de la Maza conservou algunha copia. Segundo Lorca un dos feitos que máis o marcaran na súa vida foi a actuación co grupo “La Barraca” na Praza da Quintana de Santiago. Unha praza na que o poeta dixo “Me quedaría a vivir para siempre” Chove en Santiago. Amancio Prada Chove en Santiago. Luar na Lubre

Este traballo de investigación foi realizado polos alumnos/as de quinto de primaria do CEIP Plurilingüe García Barbón. Para desenvolvelo investigamos unha das rutas do Camiño de Santiago e tratamos de relacionalo con todo aquilo que estamos aprendendo nas diferentes materias escolares. O 30 de xaneiro se celebra nos centros educativos o día da educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Pensamos que este día no que se conmemora a morte do líder pacifista Gandhi era perfecto para iniciar o capítulo primeiro do noso percorrido a través do Camiño de Santiago. O camiño de Santiago desempeña desde a Idade Media un papel moi importante no desenvolvemento das diferentes culturas, os movemetos culturales e artísticos (catedrais, as cantigas…) pero tamén foi e segue a ser unha demostración de solidariedade. Unha ruta con máis de doce séculos de historia. Esperamos que disfrutedes desta andaina.

Ría da Estrela https://youtu.be/lJuThqXVi7E Ponte Nafonso https://youtu.be/cCtv2TPtBiE Camiño ría Muros- Noia https://youtu.be/ehlFIbtlsQk Ponte de Nafonso sobre o río Tambre unindo os concellos de Outes e Noia.

O Camiño de Santiago por esta ruta, tamén se pode facer por mar. O requisisto é realizar unha navegación mínima de 90 millas náuticas, ás que hai que sumar dez kilómetros por terra de calquer outro percorrido oficial.

“Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño” Mathatma Gandi. "Os homes construímos moitos muros pero poucas pontes” Con esta frase de Newton queremos animarvos a visitar a través destas páxinas o camiño de Santiago. A conexión coa natureza, coñecer novos lugares, monumentos antes descoñecidos, activar o noso corpo... estas son algunhas das ventaxas de facer o camino. A través desta andaina poderemos atoparnos con diferentes culturas e diferentes linguas, monumentos antes descoñecidos e fomentar o compañerismo para trazar esas pontes que nos permitan descubrir que a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos e a non-violencia é o mellor camiño para a paz.

Camiñante non hai camiño, faise camiño ao andar Rematamos chegando a Santiago e, para aqueles que o desexen poden obter a Compostela (certifica que fixeches o camiño por motivos rellixiosos) ou o Certificado do camiño (certifica que fixeches o camiño por outros motivos). Compostela Certificado do peregrino Para obter o Certificado do peregrino ou a Compostela é preciso ter percorrido un mínimo de 100 km a pé ou a cabalo e 200 km. en bicicleta. e ter selada a credencial

O CAMIÑO DE SANTIAGO DA RÍA MUROS - NOIA Esta ruta xacobea é unha das máis recentes. Foi recoñecida oficialmente como ruta xacobea en decembro de 2020. Mentres que o Camiño Inglés ven polo norte, o Camino Portugués polo sur e o Camiño Francés polo leste, esta nova ruta xacobea ven do oeste da costa galega percorrendo distintos lugares situados ao longo da ría de Muros – Noia para despois chegar a Santiago Esta ruta consta dun total de 11 etapas que van desde a localidade de Muros ata Santiago de Compostela. Etapa 1: Muros - Esteiro (14 km) Etapa 2: Esteiro - Cruceiro de Roo (8,5 km) Etapa 3: Cruceiro de Roo - Serra de Outes (3,5 km) Etapa 4: Serra de Outes - Porto do Son (14,8 km) Etapa 5: Porto do Son - Portosín (8 km) Etapa 6: Portosín – Noia (7,7 km) Etapa 7: Noia – San Xusto (8.9 km) Etapa 8: San Xusto – Urdilde (9,3 km) Etapa 9: Urdilde – Alqueidón (5,5 km) Etapa 10: Alqueidón – Bertamiráns (2,7 km) Etapa 11: Bertamiráns – Santiago de Compostela (12,9 km)