Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

FIGURAS DE PAZ EN VIGO

Na nosa cidade temos unha chea de esculturas, pinturas e outros obxectos e espazos que nos recordan o valor da paz e da solidariedade .

a BUSCar !

iMOS ALÓ!

INSTRUCIÓNS

- No PLANO tes a información que necesitas para superar os retos.- Vai recollendo os números que te dean cando completes cada un dos 4 retos. - Introdúceos en orde no apartado final para rematar o xogo e conseguir a recompensa.

PLANO

Recompensa

01 Quiz

02 Busca!

03 Imaxe correcta

04 Segue a serie

ÍNDICE

PLANO DE VIGO

14

10

12

13

9

10

11

7

6

8

4

5

2

3

1

Miguel Ángel Belinchón, máis coñecido como "Belin"é o autor de "Guerra e Paz" (2018). Guerra refírese á "loita interior que ten unha persoa que non logra os seus soños pola súa falta de apoio externo. É unha mirada triste cara adiante, que pasa. A segunda mirada, en cambio, denota paz porque está. capaz de ver un futuro", apunta.

Este conxunto de esculturas, homenaxe á Emigración Galega, é autoría de Ramón Conde. O monumento, situado no acceso á Estación Marítima, representa a un home a piques de partir cara América e, uns metros atrás, a súa familia despedindo del. "Galicia non esquece aos seus emigrantes que regaron coas súas bágoas a historia deste porto", reza a placa.

"Sempre Benéfica" é un grupo escultórico realizado en bronce por José Molares que representa a un militar repatriado de Cuba auxiliado por unha viguesa lembrando o momento no que a cidade saía á rúa para coidar dos milleiros de soldados que chegaban vencidos. feridos e esnaquizados pola guerra de Cuba de 1898.

Na Alameda atopamos unha escultura de Camilo Nogueira feita en 1975 chamada “Paz” , unha esvelta figura feminina que xoga cunhas pombas sobre a súa cabeza,

O monumento coñecido como “Las Anclas” foi inaugurado en 1967 e conmemora a Batalla de Rande de 1702 que deixou a baía chea de tesouros agochados. O conxunto artístico sitúase no monte do Castro. O arquitecto Desiderio Pernas foi o encargado de levar a cabo o proxecto, elixindo a localización das áncoras e dos canóns que dispararon pólvora no seu día.

Foi promovido pola Cruz Vermella no cemiterio de Pereiró para homenaxear aos soldados da guerra de Cuba falecidos en Vigo. Inaugurado o 1 de novembro de 1906, foi encargado ao escultor asturiano José González Pola.

Na avenida Martínez Garrido loce o mural máis grande e vistoso da cidade: unha colorida composición, de 56 metros de longo e tres de altura, presidida por unha escultura de aceiro de catro metros de altura. O grupo escultórico -obra do artista Nelson Villalobos- rende homenaxe ao rexedor socialista Emilio Martínez Garrido e a outros fusilados en 1936.

"O amor e o Agarimo" é unha obra escultórica que data de 1995, situada no parque de Castrelos. O seu autor foi o escultor Silvino Silva, do que temos abundantes obras na cidade. Esta escultura mostra a unha parella sentada cun libro e unha esfera que representa o froito do seu amor. Está executada sobre un bloque de granito dunhas 6 toneladas.

Monumento aos heroes da Reconquista Trátase dunha obra do escultor Julio González Pola. Mostra a figura do mariñeiro Carolo derrubando a Porta de Gamboa cunha machada, unha muller que simboliza a vitoria e o soldado Pablo Morillo, que apoia a rendición dos inimigos. 

Esta obra do escultor Camilo Nogueira, situada no inicio da avenida de Castelao foi inaugurado o 30 de xullo de 1971.Está feito en granito e representa a un grupo formado por pai, nai e fillo que se abrazan nunha emotiva escena de reencontro. No pedestal pódese ler: "Amigo que dá a volta ao mundo na procura dunha estrela afastada, volve os ollos, volve á túa casa onde te agarda o calor dos teus seres queridos. Irmandade Galega de Venezuela".

Esta escultura que podemos atopar no Monte do Castro, feita en pedra, foi deseñada por Camilo Nogueira en 1966. Representa a fortaleza da cidade de Vigo: Tres deportistas nun barco levantan o escudo da cidade, simbolizando a coraxe e a unión.

“Acordo Xusto” é unha obra do escultor galego Ramón Conde instalada na praza pública da nova infraestrutura xudicial da cidade. Representa dúas mans entrelazadas que veñen reflectir a idea de xustiza universal e igualitaria.  Está feita en bronce, ten unha altura aproximada de 5 metros.

A cidade de Vigo é coñecida co nome de “Cidade olívica” debido a que no adro da igrexa de Santa María houbo dende moi antigo unha grande oliveira plantada polos monxes templarios, Esta árbore, símbolo da paz desapareceu ao construírse a actual igrexa. Ao derrubarse a oliveira, D. Manuel Ángel Pereyra recolleu unha das súas pólas e plantouna na horta da súa casa, diante da Porta do Sol. Alí arraigou e medrou até que foi trasladada ao Paseo de Alfonso XII polos seus descendentes. A oliveira figura no emblema heráldico da cidade.

O pintor galego Antón Pulido Novoa creou esta praza para que se convertese nun punto de encontro no barrio. Está pensado para fomentar a conversación entre veciños e o seu autor apostou por un curioso deseño no que os bancos debuxan a palabra que dá nome a este novo espazo no chan de formigón pintado. Cada unha das letras en “a-p-e-r-t-a” é un banco curvo con espazo suficiente para que o usen grupos de veciños.

COMEZAR

QUIZ

Completa o seguinte quiz e consiguea primeira cifra para alcanzar a túa recompensa!

QUIZ

PREGUNTA 1/5

Este mural titúlase:

Muller de moitos ollos

Cores e luz

Guerra e Paz

plano

SEGUINTE

Correcto!

QUIZ

Explicación:Este mural titulado GUERRA E PAZ foi pintado no ano 2018 por Belin

PREGUNTA 2/5

Estas dúas esculturas fan referencia ao mesmo momento triste da nosa historia. Cal?

Regreso de Cuba despois da derrota 1898

Derrotados da 1ª Guerra Mundial

Derrotados da Guerra Civil

QUIZ

plano

SEGUINTE

Correcto

QUIZ

Explicación:Ambas esculturas recordan o triste momento do regreso a España dos soldados despois da derrota e a perda de Cuba no ano 1898

PREGUNTA 3/5

Estas áncoras e canóns proceden de:

Os galeóns afundidos na batalla de Rande

Do submarino de Isaac Peral

O taller do escultor Francisco Veiga

QUIZ

plano

SEGUINTE

Correcto!

QUIZ

Explicación:Estas áncoras proceden de galeóns cargados de tesouros afundidos nas profundidades da nosa ría desde a famosa Batalla Naval en Rande no 1702

PREGUNTA 4/5

Esta escultura titulada :"O amor e o agarimo" está situada en :

Na Praza da Estrela

En Castrelos

No monte da Guía

QUIZ

plano

SEGUINTE

Correcto!

QUIZ

Explicación:Esta escultura de Silvino Silva está situada no Parque de Castrelos

PREGUNTA 5/5

Este parque na rúa Martínez Garrido tan cheo de luz e cores rememora :

O triunfo na liga de fútbol do ano 86

Os fusilamientos da Guerra Civil do 36

A chegada de xentes de outros lugares

QUIZ

plano

SEGUINTE

Correcto!

QUIZ

Explicación:Este Parque da Paz é unha homenaxe ao alcalde Martínez Garrido fusilado xunto a outras persoas en agosto de 1936. O autor Nelson Villalobos quere destacar a unión e o vínculo entre as persoas.

Mal! Non, non, non.Trabucácheste !!A resposta está preto.

ERRO!

VOLVEO INTENTAR

QUIZ

BUSCA COA LUZ!

Entre todo o que descubras,fai clic só no correcto

COMEZAR

FAI CLICK SE É CORRECTO 1/3

Podes arrastrar a luz para buscar entre a escuridade

O monumento á Reconquista ten unha muller montando a cabalo

No porto hai esculturas que despiden a emigrantes que van coller o barco

O mural Guerra e Paz mide 1 metro

plano

FAI CLICK SE É CORRECTO 2/3

Podes arrastrar a luz para buscar entre a escuridade

Na fortaleza do Castro non hai canóns

Hai paz cando pelexas

A estatua A Paz é unha muller con pombas na cabeza

CORRECTO!

plano

FAI CLICK SE É CORRECTO 3/3

Podes arrastrar a luz para buscar entre a escuridade

Afirmaciónincorrecta

A escultura do home con maleta está na rúa do Príncipe

A escultura de dúas mans estreitándose é o Acordo Xusto

As áncoras dos galeóns do Castro son de plástico

CORRECTO!

plano

ERRO!

Mal!Esa afirmación é incorrecta

VOLVE INTENTALO

IMAXE CORRECTA

LE, OBSERVA E ESCOLLE A IMAXE CORRECTA

COMEZAR

ESTA ESCULTURA TITÚLASE: O ACORDO XUSTO

plano

CAL DAS DÚAS ESTÁ NO PORTO DE VIGO?

Correcto!

plano

Correcto!

REPRESENTA O EMPURRE DA UNIÓN DAS XENTES DE VIGO ESTÁ NO CASTRO

plano

Correcto!

CAL DOS DOUS MURAIS ESTÁ No parque A PAZ

plano

Correcto!

REPRESENTA A TRISTURA DA EMIGRACIÓN

plano

Correcto!

Conmemora o triunfo da reconquista fronte os franceses

plano

ERRO!

VOLVE INTENTALO

COMEZAR

serie

Elixe a resposta correcta que sigue a serie.Estás a piques de conseguir a última cifra do código!

cal e o artista que virÍa a continuación? SEGUE A SERIE

ELIXE DE AQUÍ O SEGUINTE E FAI CLICK

?

Opción 01

Opción 02

Opción 03

Opción 04

Opción 05

Opción 06

RAMÓN CONDE

RAMÓN CONDE

CAMILO NOGUEIRA

GONZÁLEZ POLA

SILVINO SILVA

NELSON VILLALOBOS

FRANCISCOASOREY

ELISA GONZÁLEZ

ANTÓNPULIDO

SILVERIO RIVAS

RAMÓN CONDE

plano

FIXATE NAS DATAS. CAL É O que sEgue?

CORRECTO!

ESCOLLE DOS MONUMENTOS SEGUINTE E FAI CLICK

?

Opción 01

Opción 02

Opción 03

Opción 04

MONUMENTO SOLDADOS TRAS DERROTA DE CUBA 1907

MONUMENTO A RECONQUISTA1947

praza dAsapertas2015

O AMOR E AGARIMO1995

MURAL GUERRA Y PAZ 2018

MONUMENTO O EMPURE DE VIGO1969

PLACA FUSILAMIENTOS GUERRA CIVIL2010

ACORDO XUSTO2021

ERRO!

MAL!PÉNSAO BEN

ERRO!

VOLVE INTENTALO

7

XENIAL!

O PRIMEIRO NÚMERO É:

VOLVER AO ÍNDICE

0

BRAVO !!

O SEGUNDO NÚMERO É:

VOLVER AO ÍNDICE

9

BRAVO!

O TERCEIRO NÚMERO É :

VOLVER AO ÍNDICE

2

XENIAL !!

O CUARTO NÚMERO É:

VOLVER AO ÍNDICE

INTRODUCE O CÓDIGO SECRETO

PARABÉNS!

Lograches a túa recompensa .Vai pola biblioteca e pide o teu RAÑA