A súa función é a de unir palabras, frases, cláusulas…
Con respecto á súa forma, falamos de preposicións ou de locucións prepositivas. Así, distinguimos nas preposicións: a, agás, ante, após, ata, até, baixo, bardante, cabo, canda, cas, con, conforme, consonte, contra, de, deica, dende, desde, durante, en, entre, excepto, onda, para, perante, por, sacando, salvo, segundo, sen, senón, so, sobre, tras, xunta.
Tocante ás locucións prepositivas, citamos entre outras as seguintes: a rentes de; a(o) carón de; enriba de; por derriba de; no cimo de; por mor de; embaixo de; enriba de;co bo de que; co fin de; a través de; ademais de; diante de; en canto a;en favor de; en lugar de; a través de; tocante a; respecto de; respecto a; xunto a; xunto de; por cima de; preto de, cerca de; acerca de…
Con respecto á súa función sintáctica, toda preposición é o DIRECTOR que introduce a F.PREP e acompaña o TERMO. E toda F.PREP pode desenvolver as seguintes funcións sintácticas. SUPLEMENTO, CI, CCL, CCT, CCM, CC…

As preposicións e locucións prepositivas