Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

6º DE INFANTIL B

EXPERIMENTOSAULA CORALIA

Inchamos globos

EXPERIMENTO 1

Utensilios e ingredientes por equipo: 1 botella de plástico. 1 globo. 1 pipeta. 1 funil. bicarbonato de sodio. vinagre.

PASO 1

Botamos, coa axuda do funil bicarbonato no globo (máis ou menos 1/4 da súa capacidade desinchado).

PASO 2

Enchemos a pipeta de vinagre e botámolo na botella (máis ou menos 1/4 da súa capacidade).

PASO 3

Colocamos o globo na boca da botella e axudamos a que o bicarbonato vaia caendo dentro e imos vendo o resultado!

Ao xuntarse o bicarbonato de sodio co vinagre, prodúcese unha reacción química (ácido-base) que provoca a formación de burbullas de gas (dióxido de carbono) que fan que inche o globo.

EXPERIMENTO 2

Leite de cores: Utensilios e ingredientes: Tubos de ensaio. Pipetas. Colorantes naturais. Pauciños de algodón. Xabón da louza. Pratos. Vasos Leite

PASO 1

Botamos os vasos de leite nos pratos e os colorantes nos tubos de ensaio.

PASO 2

Transferimos coa pipeta o/s colorante/s ao/s prato/s co leite.

PASO 3

Mollamos o pauciño de algodón no xabón e tocamos na/s gota/s de colorante.

Aínda que o leite está composto na súa maior parte por auga, contén produtos graxos. Se engadimos colorantes flotan, porque son menos densos que o leite. O xabón rompe a tensión superficial do leite (fai referencia á interacción das moléculas que compoñen este líquido) e atrapa a graxa. As cores afástanse e fai que o leite se mova e se formen correntes nas que quedan atrapados os colorantes, producíndose un efecto moi vistoso!

Magnetismo

EXPERIMENTO 3

Utensilios: Imáns. Clips. Láminas de ferro. Taboleiro de cartón. Coches de cartón. Bonecos de níquel.

PASO 1

Elaboramos un taboleiro de cartón cun punto de partida e outro de chegada. Trazamos o camiño entre eses dous puntos. Desenvolveremos o xogo, percorrendo o camiño andando ou en coche.

PASO 2

Debuxaremos uns coches, pintarémolos, plastificarémolos e pegarémoslle no reverso unha lámina pequena de ferro sobrea que colocamos tamén un clip.

PASO 3

Percorreremos o camiño trazado, utilizando un imán que colocaremos debaixo do taboleiro de cartón que iremos movendo tentando non saír do camiño.

Este xogo podemos desenvolvelo porque os imáns son atraídos polos metais. Pero para que un obxecto sexa magnético debe conter certos tipos de metais como o ferro, o níquel ou o cobalto. Hai moitos metais como o ouro ou a prata que non son atraídos polos imáns.

FIN