O Apalpador
Segundo ciclo Primaria
Created on November 26, 2021
More creations to inspire you
SWIMMING POOL POSTCARD
Interactive cards
FAIRY TALE
Interactive cards
CHRISTMAS GREETING SNOWBALL
Interactive cards
WHAT'S IN THE BOX?
Interactive cards
VALENTINE'S DAY CARD
Interactive cards
MAGIC HAT
Interactive cards
GROWING FLOWER
Interactive cards
Transcript
O Apalpador
O Apalpador é un personaxe da tradición popular galega orixinario das montañas do Courel e dos Ancares. Está ligado ás festas do Nadal e gústalle compartir connosco estes bonitos días. É un pastor grandullón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.
Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolecta mel e fai aparecer, coas pólas dos bosques, os xoguetes que as madeiras esconden.
Conta a lenda que en Noiteboa e Noitevella o Apalpador abandona as montañas para baixar ata as aldeas e entrar con sixilo nas habitacións dos máis pequenos. O seu obxectivo é palpar as súas barrigas, ver si comeron suficientemente durante o ano e deixar unha presada de castañas. Si ademais foron bos, tamén deixará algún agasallo para desexar un ano novo cheo de felicidade e comida.
Ao longo do tempo os froitos outonais deixaron paso aos xoguetes, pero a esencia é a mesma e este Papá Noel á galega atópase en pleno auxe de popularidade. Nos últimos anos os concellos traballan para recuperar esta figura en Cabalgatas de Reis ou actividades do nadal. Tamén son numerosas as obras de teatro de monicreques, documentais ou charlas que difunden a figura do Apalpador. Nelas, ademais de repartir agasallos, transmite unha mensaxe de respecto pola natureza e o coidado do medio ambiente.
1. Que tipo de texto é? De que trata?
2. Que aspecto do Apalpador trata cada un dos parágrafos?
Escribe un resumo do texto.
1. Busca no texto 2 palabras de cada:
2. Cambia o xénero e o número destas palabras:
Pastor.
Galego.
Longas.
Pequenos.
Fai un cartel que anuncie a chegada do Apalpador á túa localidade.
Vaite logo meu neniño / miña neniña,
marcha agora para a camiña,
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
Mañá é día de cachela
que haberá gran nevarada
e vai vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
Ilustra o poema.
Busca no dicionario as palabras descoñecidas. Escribe o significado que se relaciona co poema.
Completa como queiras.
Ten en conta que o 2º verso rima co 4º.
Por aquela _________________
xa ven _______________________
o señor Apalpador
para ______________________________________.
Memoriza o poema.
Investiga e elabora unha ficha sobre algún outro personaxe típico do Nadal.
Escoita, mira...
...e baila.