Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Estela Moreno Bermúdez

E O MONSTRO QUELEVOU O SEU SORRISO

CEIP Plurilingüe de Rubiáns presenta

Pepuka

Había unha vez unha boneca chamada Pepuka á que lle gustaba moito viaxar. Vivía nun pequeno pobo ao pé das montañas acompañada das súas queridas mascotas. A súa cor preferida era o vermello. Encantáballe escribir contos de aventuras e xogar ao fútbol.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit

Un día de verán Pepuka viaxou ao pobo veciño e alí coñeceu a un Monstro do que se namorou.

Pouco despois fixéronse noivos e empezaron a saír.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit

Era o Monstro máis querido e apreciado do lugar. Axudaba a quen o precisaba e sempre tiña unha palabra amable para quen pasaba polo seu lado.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit

- Seremos felices e comeremos perdices para sempre!

Coas súas fermosas palabras, as súas promesas e a súa simpatía o Monstro fixo que Pepuka se namorara del.

-Pepuka se me acompañas regalareiche a lúa e as estrelas e xuntos viaxaremos ata o sol para ver como voan os paxaros ao atardecer -prometeulle o Monstro á boneca.

Naquel momento todo era marabilloso. Pepuka estaba tan namorada que vía ao Monstro guapo, bo e de gran corazón. A boneca facía todo o que lle pedía para que non deixara de querela. Ela só quería que el a quixera para ser feliz.

Pero a situación empezou a cambiar e Pepuka só encontraba desprezos, berros e malos modos. -Fea, parva, non serves para nada!

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit

Cada vez que lle gritaba, a insultaba e a trataba mal, o Monstro facíase máis grande e Pepuka, máis pequena e invisible.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit

Pero a boneca estaba tan cegamente namorada que non o tiña en conta e acababa pedíndolle perdón. -Seguro que fixen algo que molestou ao meu amor!

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit

Pepuka era fermosa, de gran corazón, valente e escribía contos marabillosos. Pero ela non se vía así, só se vía cos ollo do Monstro: "fea, parva ...non serves para nada".

O Monstro era malvado, mentireiro, egoísta, tiña negro o corazón e non sabía querer a ninguén, nin sequera a el mesmo. Para sentirse ben, necesitaba insultar, humillar e tratar mal á boneca.

Pero para o resto dos habitantes do pobo o Monstro seguía sendo o máis simpático, bo e divertido.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit

Un día o Monstro dixo: - Se cambias o pelo e te maquillas, querereite máis. E Pepuka pintou o pelo e puxo maquillaxe.

-Se te vistes de rosa e á última moda, querereite máis. E Pepuka fíxolle caso. -Se pos zapatos altos de tacón, querereite máis. E a boneca comprounos.

O malvado Monstro fixo que Pepuka deixara de quererse, separouna das súas mascotas, impediulle que seguira escribindo contos e fixo que só tivera ollos para el.

Pepuka xa lle dera ao monstro todo o que tiña e facía o que el lle pedía, pero o Monstro seguía sen estar contento e estaba cada vez máis enfadado.

O Monstro pedía e pedía cada vez máis e Pepuka facíalle caso para que non se enfadase. El sempre quería máis. Un día levou o único que lle quedaba a Pepuka para sorrir, o seu sorriso.

Escondeuno moi lonxe, na súa cova, detrás das montañas. El nunca tivera un sorriso e quería ter un por primeira vez.

Ese foi o día máis triste de Pepuka e o seu corazón rompeu en mil pedazos.

- Levou o meu sorriso! O Monstro levou o meu sorriso! Pero non a creron. - Iso é imposible! Como van levar o teu sorriso?

E Pepuka marchou moi triste.

Pero a boneca non estaba soa... nin nunca o estivera!; Sempre contara coa axuda e o apoio das súas queridas mascotas, nas que sempre podía confiar, e eles si a crían. - Non te preocupes, nós axudarémoste!

Yuspi, unha das mascotas, tiña un espello máxico no que mostrou á boneca a auténtica imaxe do Monstro.

E Pepuka dixo: - Basta! E coa axuda das súas mascotas e outros amigos que foi encontrando polo camiño do bosque, recuperou a súa imaxe. Xuntos pegaron os cachiños do seu corazón e foron buscar o seu sorriso.

Andaron e andaron ata que se atoparon con Mati, unha mascota amarela que tiña un bolso máxico.

- Pois mira, si – dixo Mati -. Teño un no meu bolso. Toma, préstocho.

Pepuka díxolle: - Ola, mascota! Ti non terás un sorriso? E que o Monstro levou o meu.

Pepuka foi moi valente e, aínda que lle tiña medo ao Monstro xuntou ás súas mascotas, subiu montañas e atravesou lagos e bosques. Andaron día e noite, pasaron frío e molláronse coa choiva, pero ao final chegaron á cova do Monstro.

Antes, atoparon unha gran muralla. Non a podían pasar e protexía a cova do Monstro!

- Non te preocupes, Pepuka! - dixo Mati-. Eu teño no meu bolso unha escaleira que chegará ata onde ti queres e coa que poderemos atravesar calquera muralla que nos atopemos.

A boneca colocou a escaleira e atravesaron a muralla. Por fin chegaran á cova do Monstro!

Pepuka entrou forte e decidida seguida das súas mascotas. Atopárono fronte a un espello, probándose o sorriso que lle quitara á boneca.

- Oe, Monstro! Ese sorriso é meu! Ti non tes un sorriso? - Non - respondeu o Monstro. - Pois mira, toma, aquí tes un, e ti devólvesme o meu. E o monstro díxolle: - Vale! De acordo! E cambiáronos. Pepuka recuperou o seu amado sorriso e o Monstro tivo un por primeira vez.

A boneca atopábase moi contenta. Atopara o que máis quería, e marchou coas súas mascotas. Perdoou ao Monstro, nunca máis o volveu ver nin tivo noticias del.

Pepuka descubriu coa experiencia vivida o valente e marabillosa que era e que a auténtica felicidade está no interior, que hai que quererse a unha mesma e non esperar o amor de ningún Monstro para ser feliz.

Din que ao Monstro vírono só na súa cova probándose o sorriso que lle regalou Pepuka. Pero aínda segue enfurruñado, porque non atopa o lugar onde colocalo para que lle quede ben.

Pepuka anda viaxando polo mundo, feliz e contenta coas súas mascotas e prestando o seu sorriso a todos os nenos e nenas que un día perderon o seu.

Colorín, colorado, se sorrís xa rematamos. E non esquezas regalar un sorriso a quen tes ao teu lado.

"Pepuka y el Monstruo que se llevó su sonnrisa". Autora e ilustradora: Estela Moreno Bermúdez Editorial: Pepuka Editorial

Tradución, ilustracións e interpretación realizada polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Rubiáns.

CRÉDITOS

https://pepuka.es/