Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

Transcript

Iº certame de fotografía

contra a Violencia de xénero

Ata o 25 de novembro

Unha foto por persoa

igualdade@iesdobarral.com

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO O vindeiro 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Trátase dunha data institucionalizada por Nacións Unidas no ano 2000, que se recolle tamén no noso calendario escolar, e que busca visibilizar e loitar contra a violencia exercida contra as mulleres de todo o mundo. As orixes deste día hai que buscalas na necesidade de honrar a memoria das irmás Mirabal, tres activistas políticas da República Dominicana que foron brutalmente asasinadas en 1960.

BASES DO CERTAME 1- Pode participar calquera alumna ou alumno do IES do Barral durante o curso 2021-22. 2- As imaxes presentadas deben ser ORIXINAIS e CONTRA a violencia de xénero. 3- Cada participante pode presentar unicamente unha imaxe. 4- A entrega debe realizarse antes do 26 de novembro de 2021. 5- Haberá dúas categorías: ESO e Bacharelato. 6- As mellores fotografías de cada categoría recibirán como un vale por material de 20 €. 7- Cada participante debe enviar a súa imaxe ao correo igualdade@iesdobarral.com indicando claramente o seu nome, apelidos e curso. 8- O xurado estará composto por tres profesoras e profesores do IES do Barral.

COMO PARTICIPAR? 1- Fai unha fotografía co teu móbil. A fotografía debe conter unha mensaxe clara CONTRA a violencia de xénero e a prol do empoderamento das mulleres. 2- Envía un correo a igualdade@iesdobarral.com indicando claramente o teu nome, apelidos e curso académico. 3- Non esquezas adxuntar a fotografía!