Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

MAMÁ VIVE EN MIN

comezar

Sobre mamá vive en min

niveis

antes de comezar

índice

COMO CHO CONTO!

Cando a lectura se comparte, é moito máis divertida!!! Serás quen de conseguir convencer un adulto para que lea contigo o libro e te acompañe nesta proposta?

elaquí, unha manchea de retos para divertirse e aprender asemade, tomando como base o texto de Mamá vive en min. Con elas podes demostrar que es moi bo en moitas cousas, investigarás para saber máis, xogarás utilizando os teus talentos e habilidades: o debuxo, a música, a arte…e, por suposto, achegaraste a un monllo de emocións que debemos coñecer e aproveitar para entendernos mellor a nós mesmos e entender aos demais. Saber xestionar as nosas emocións contribuirán a afrontar e a buscar solución aos atrancos que se nos van presentando no día a día, desde os máis pequenos ata os máis grandes. Palabra!!!

-Elabora o teu propio caderno de lecturas. Podes facelo de xeito tradicional, ou botando man dalgún titorial de youtube 1º. Deseña a túa portada e empeza con este mesmo libro. Inclúe arriba o título que queiras (as miñas lecturas; lecturas para morrer de risa, de medo, ler por ler…. O que se che ocorra e… a empezar!! 2º Cada vez que leas un libro, anota neste caderno a data en que o fixeches; en que ano se publicou; se o autor ou autora tamén ilustrou o conto ou se este labor o realizou outra persoa; que editorial o publicou; se che gustou ou non; algunha frase que che chamase a atención… tamén podes anotar o que non che gustou. Bótalle valor e crea as túas propias ilustracións. Debuxos, colaxe... o que che apeteza!!!

Arrasa e pasa de nivel!

OUCHE UNHA IDEA

NIVEL 1Emoticomprensión

NIVEL 3Emotiemocións

NIVEL 2Emoticreacións

NIVEIS

NIVEL 1Emoticomprensión

NIVEL 1

Debuxa a túa mascota ou a túa peluche favorita no teu caderno ou na túa tableta. -Investiga cantos anos de vida adoita ter o teu mamífero preferido e descubre algunha curiosidade sobre el que descoñecías ata o de agora. Se te animaches a iniciar o caderno de lectura, faino no teu caderno. -Morreuche algunha mascota? Se a resposta é si, que fixestes con ela?

NIVEL 1

No libro, Canciño é a mascota preferida de Martiño pero este neno tamén é un namorado doutro mamífero moiapreciado polos exipcios. Lembras cal é?-Nas redes hai miles de gif sobre gatos. Escolle un.Por que escolliches ese?Que sentes cando o ves?Por que cres que, en xeral, lles gustan tanto aos humanos?

NIVEL 1

-Atréveste a facer ti un meme ou un gif, coa axuda dun adulto, sobre a túa mascota? Lembra engadirlle algunha palabra, frase ou títuloEN GALEGO!!!-Existen moitas cancións que teñen como protagonistas os gatos. A ver se atopas algunha.En que idioma está?

gora, tócache a ti! Poslle a túa propia música ao retrouso (con ritmo de rap, muiñeira, rok…) e, se tes idade para usar móbil, grava un audio coa túa versión.

NIVEL 1

para escoitar

Uxía Lambona e a Banda Molona tamén a interpretaron máis recentemente e puxéronlle nome ao gato, O ghato Paco. Soa así!

E atopaches esta interpretada por A Roda?

NIVEL 1

QUE NOXOOOO!!!!

Mergúllate en internet e descubre o tempo que vive o insecto que máis noxo che dea. Despois de investigar, como o ves? Segue a darche o mesmo noxo?

NIVEL 1

-Indica dúas cousas máis que che produzan noxo. Tes algún truco para superalo? -Cal é hoxe a esperanza de vida do ser humano? Sempre foi así? -Xa sabes cal é o animal favorito do teu compañeiro de clase ou dos teus irmáns? Se o sabes, anótao no teu caderno. Se non, pregúntalles XA!! Se estades na clase, colocade nun mural cos animais seleccionados de máis lonxevo a menos lonxevo. Se estás na casa, colócaos nun folio, nunha cartolina ou no teu caderno de lecturas.

NIVEL 1

O libro titulase Mamá vive en min. Despois de lelo, sabes explicar por que se titula deste xeito? -Ocórreseche outro título? -Que se quere dicir coa afirmación “hai cousas que non se ven pero existen”?

NIVEL 1

Que personaxe che parece… máis divertido? e… máis cariñoso? -Cal é o personaxe que máis che gusta? Por que?

NIVEL 1

Coloca por orde os títulos dos capítulos e indica cal é o que non forma parte do libro? Canciño, a mascota de Martiño; Vida dun reloxo; A noticia Quitapenas; O trasno Nicolás; Rabos de pasas; A carreira; Un conto para xantar; Ven onda min;Todo pasa, todo queda. -Indica agora o título do capítulo que máis che gustou e explica por que.

NIVEL 1

Relaciona con frechas a parte da frase que aparece na columna da esquerda coa que aparece na esquerda para completala: Está un morrendo e de morrer ninguén escapa Ata morrer, morra farta Morra Marta, todo é vivir Morre o rei e morre o papa Está aprendendo

NIVEL 1

No libro recóllense uns cantos recitados como, por exemplo, cando os irmáns están a xogar coa pelota contra a porta do garaxe. En que capítulo se recolle esa anécdota?

NIVEL 1

-Aprende un dos recitados que se recollen no conto. Recítao diante dun espello e, se tes idade de posuír móbil, grava un audio con el. -Entra neste enlace e busca un recitado que che guste: https://orellapendella.gal/ Anótao no teu caderno. Se ademais, sabes algún e non o atopas na páxina, podes colaborar enviándollo!!!

NIVEL 1

Coloca por orde dos capítulos as seguintes ilustracións

NIVEL 1

ira a curtametraxe O dia em que o passarinho nấo cantou. Está subtitulada en portugués e serache moi doado entendela. Ten en conta que o nh se le como ñ e o lh como ll.-Morreuche algunha mascota? Se a resposta é si, que fixestes con ela?

10

NIVEL 1

Que cores emprega Estefanía Padullés nas ilustracións desta obra? -Busca información sobre o significado das cores verde, azul, negra, laranxa, amarela e negra. -Indica que ilustración che gustou máis e razoa por que. -Estefanía, ademais de ilustradora tamén é autora de contos infantís. A ver se atopas algún título asinado por ela! De que vai o conto?

NIVEL 2Emoticreacións

NIVEL 2

-Como te chamas? -Comecastañas. -E de apelido? -Caldo cocido

O protagonista do libro chámase Martiño. E ti, como te chamas? Coñeces a orixe do teu nome? -Investiga nesta páxina http://www.degalicia.org/antroponimia/doku.php -E sabes cantas veces aparece en Galicia o teu apelido? Búscao en https://ilg.usc.es/cag/

NIVEL 2

Como crías que era Martiño antes de ler o libro? E ti, como te ves a ti mesmo? Indica tres adxectivos que describan virtudes túas. -Como te chamas? -Comecastañas. -E de apelido? -Caldo cocido -Que che gusta facer? -Debuxa unha árbore e pon nas raíces as cousas positivas que tes; nas pólas, as cousas boas que fas e nas follas, algúns dos éxitos que conseguiches. -Pensa e escribe no caderno tres adxectivos ou calidades positivas do teu irmán ou irmá ou do teu compañeiro ou compañeira de clase. Eles deben facer o mesmo contigo.

NIVEL 2

Fíxate nesta ilustración dous minutos. Pasa a páxina e anota os obxectos que aparecían nela, sen volve mirar.

NIVEL 2

Cal é a idea principal que se transmite no conto do trasgo Nicolás? -Que nome lle puxeron ao monte do trasgo Nicolás? En Galicia todos os ríos, lagos, leiras, montes… teñen un nome. Moitos deles, a piques de desaparecer. Queres actuar e axudar a que non desaparezan para sempre? Proponlle á túa profe ou ao teu profe, ou a teus pais participar nesta app colaborativa https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/inicio

NIVEL 2

Inspirándote nestes carteis antiincendios, elabora ti un. Podes empregar a app www.piccollage.com

NIVEL 2

Un INTRUSO! Lembras cal destes ingredientes é “intruso” e non aparece na receita que se recolle no libro?pasta, salsa de tomate, chícharos, salmón, allos, cebola, zume de limón, zume de laranxa, aceite.

NIVEL 3Emotiemocións

Douche unha idea!

NIVEL 3

EMOTIEMOCIÓNSElabora un Diario das emocións. Fai unha portada. En cada páxina, pon a data, o mes e o ano. Ao final do día, anota as cousas positivas que che aconteceron e, en letra de tamaño máis pequeno, as negativas. Tamén podes colorealas.Outra proposta consiste en meter nun bote, todas as noites, unha notiña con todas as cousas positivas que che aconteceron. Por exemplo, “hoxe gustoume cando… Xoán me dixo que era moi bo en música”.

NIVEL 3

Na imaxe, vemos distintos tipos de letras de cómic. Escribe ti cada un dos sentimentos seguintes coas letras e cores que creas que lles acae mellor: alegría, dolor, envexa, frío.

NIVEL 3

As emocións entre elas a alegría, a tristura, a tranquilidade, o amor, o medo, o noxo… pódense representar através de de distintas manifestacións artísticas como a música ou a pintura. Fixate nos cadros de Munch, Monet,Maruxa Mallo, Bansky e Leandro Lamas, que veñen deseguido.

NIVEL 3

NIVEL 3

NIVEL 3

NIVEL 3

NIVEL 3

NIVEL 3

1. Que ves exactamente en cada un deles? Que pensas? Que pregunta te fas ao velos?2. Que cres que representa a terceira imaxe?

NIVEL 3

3. Que emoción asocias a cada un deles? Ponlle un título a cada cadro.4. Que cores empregan en cada un dos cadros?

NIVEL 3

Debuxa as tres emoticonas que cres que lle van ben á emoción que agochan estas liñas:De súpeto, chegou Martiño, deume unha aperta e díxome: “Quéroche moito, Canciño”.Berroulle por sacarme do andel sen o seu permiso; botoulle a lingua fóra…Os meus ollos, grandes e negros, secos de bágoas, tamén choraban.Non quero xogar contigo!

NIVEL 3

Crea a túa propia sopa de letras.Palabras: ledicia, tristura, rabia, envexa, amor, celos, medoXerador de sopas de letras:https://www.educima.com/wordsearch.phpPon a proba a túa sopa. A ver se as atopan!!!!

NIVEL 3

Que grupos musicais se recollen no libro?Cal é o teu grupo ou cantante preferido?E o de túa nai?Tocas algún instrumento?Por que che gusta escoitar música?

NIVEL 3

Escoita dous minutos de reloxo! o que soa neste enlace: -Mentres a escoitas, debuxa o que che provoca.-Que sentes ao escoitala, alegría ou tristura? Posúe un ritmo lento ou rápido?-Que instrumentos identificas?

NIVEL 3

Escoita agora dous minutiños destoutra: -Mentres a escoitas, debuxa o que che provoca-Que sentes ao escoitala?, posúe un ritmo lento ou rápido?-Que instrumentos identificas? Parécche axeitada para referirse ao inverno?O compositor destas dúas pezas é o italiano Antonio Vivaldi. Preme aquí e descubre a que se dedicaba, ondenaceu, de que cor tiña o pelo e cal era o seu alcume, a que idade morreu ou onde está enterrado:https://wsww.allegromagico.com/vivaldi-para-ninos/

NIVEL 3

A quen lle contaba os seus problemas Martiño?Ti es dos que gardan os problemas ata rebentar coma unha castaña ou cóntasllos a alguén en quen confías?Coñeces algunha expresión máis que recolla a palabra rebentar ou estoupar? Podes peguntarlles tamén a teus pais ou a teus avós.

NIVEL 3

Todos temos momentos nos que nos encontramos moi moi tristes ou moi moi enfadados. Incluso lles acontece aos nosos superheroes.-Lembras algún episodio no que o teu superheroe ou superheroína favoritos están moi tristes?Tes ou contáronche algún truco para calmar a tristura? E o enfado?

NIVEL 3

Bambi é un conto no que ao protagonista lle morre a nai.-Coñeces algún conto ou película máis onde aconteza o mesmo?-En México conmemoran dun xeito moi especial o Día dos Mortos.Se non viches a película Coco, recomendámosche que a vexas!!

NIVEL 3

Como te sentes cando ves estas ilustracións? Emprega un adxectivo para definir a túa emoción (tranquilo,contento, rabioso, aburrido, enfadado, nervioso, envexoso…)

10

NIVEL 3

Bótalle un ollo a estoutra canción en lingua de signos titulada “Chea de vida”, interpretada por Guadi Galego, e aprende o retrouso na lingua de signos. Ensínallo a outra persoa para que te acompañe. Cantos máis sexades, mellor.

11

NIVEL 3

Recoñeces a cantarea popular que se recolle nesta imaxe? Onde a viches? A quen vai dedicada?-Escríbea e busca algún grupo en youtube que a musicase.-Atrévete a escribir ti unha pequena cantarea, dedicada á túa nai e, se te animas, podes elaborar imaxes comaesta e outras moitas, por exemplo, desde a páxina http://wordart.com.

Editora

Hércules de Ediciones

Actividades

Charo Baleirón

Ilustracións

Estefanía Padullés

Montaxe

Ginés Vázquez

Texto

Sobre MAMÁ VIVE EN MiN

Charo Baleirón

@loremipsumdolor

grazaspor todo

Mamá vive en mín