Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Os dereitos das nenas e dos nenos

@burbullasdept

É un conxunto de normas que protexen aos nenos e as nenas ata certa idade.

Todos os dereitos da infancia non se poden quitar nin se pode renunciar a eles, polo que ningunha persoa pode vulneralos ou descoñecelos baixo ningunha circustancia.

Que é un dereito?

Cales son os dereitos dos nenos?

20 Dereitos recoñecidos.

Entre os máis importantes están….

Actividades

1

Dereito á vida, á supervivencia e ao desenvolvemento.

Visionado do vídeo que aparece no link e posterior debate coas nenas e nenos da aula sobre as diferencias que se ven na parte esquerda e dereita da proxección.


2

Dereito á identidade.

Elaboramos o noso Pasaporte.

Tedes no "ollo" un modelo para cubrir; nome e apelidos, lugar de nacemento e data do mesmo, enderezo….

Farémolos reflexionar sobre o por que do seu nome, cal é a súa nacionalidade e en función de que ven esta última.


Actividades

3

Dereito á non discriminación

Imos a xogar.

Cada parella de alumnos/as terá un cartel onde poñeremos diferentes situacións que pode vivir unha persoa.

Cada compañeiro deberá aportar a súa opinión respecto á pregunta que se reflicte en cada un deles.

Actividades

Actividades:

4

Dereito á saúde, coidado e á protección.

Visitamos ao noso pediatra, ao noso dentista ou a o noso traumatólogo.

Para isto, tedes unha ficha nos anexos para que cada nena e neno cumplimente e se faga responsable das súas citas.

Falaremos sobre o dereito á saúde de calquera persona e de como poderíamos salvar a vida de moitos e moitas se facemos as cousas ben despois o vídeo anexado.

Anexo

5

Dereito á diversión e á aprendizaxe

.

Primaria

Infantil

Actividades:

Nesta actividade o alumnado deberá facer unha listaxe de todo o que consideran que, eles como nenos, poderían aportar as súas cidades, vilas ou aldeas co fin de mellorar a convivencia. É importante que lles fagamos reflexionar sobre que é iso da convivencia.

6

Dereito á participación activa na comunidade.

Actividades:

Actividades:

7

Dereito á liberdade.

Poñemos cor a nosa liberdade.

Cada neno/a debuxará o que representa para el/ela a liberdade.

Explicarán ao resto de alumnos o que debuxaron e farase unha pequena exposición dos mesmos nas aulas ou nos corredores de modo que as diferentes clases poidan velos aínda que sexa en zonas menos accesibles.

Farase unha pequena reflexión previa para que entendan o que é este dereito e o que implica.

8

Dereito a opinar e aprender a respectar.

Xogamos a Aprender a escoitar e aprender a respectar.

Non hai un número mínimo para xogar, pero como se trata de opinar un mínimo 4 persoas fará o xogo máis divertido. Aquí o máis difícil e importante será escoller as preguntas que sentarán a polémica.

Por exemplo:Se poideras escoller a alguén quen serías?Se foras rico, Como gastarías os cartos?Se foras a mestra/e, Como te comportarías na clase?…


Buscaremos que expresen como ven a vida e que escoiten aos demais respectando as súas opinións.

Actividades:

9

Dereito á vida en familia.

Conto: MILU de Kalandraka

Relátanos as vivencias dunha nena en apuros. Cando o seu pai deixou de cantarlle e a súa nai deixou de ter expectivas, unha tele converteuse na súa única compañía.

Milu é a voz e a imaxe de moitos nenos e nenas que padecen situacións de desvantaxe social e non poden disfrutar do seu dereito a vivir en familia.

A súa historia recordaranos que existe un lugar para a esperanza.

Ficha árbol xenealóxico

Actividades:

10

Dereito á inclusión de nenas, nenos e adolescentes con discapacidade.

O conto narra a historia de Nico, que chega novo ao colexio de María. María ve moito máis alá da súa discapacidade e coa axuda dunhas cordas, idea a maneira de que Nico poida facer o mesmo que ela, a pesar das súas limitacións. Nico e María fanse amigos inseparables.

Fomenta o recoñecemento da discapacidade, a empatía, a amizade, o respecto...

Actividades:

11

Dereito á educación.

“Letras en los cordones”

É un conto doce que, a modo de diario, evoca a infancia, a escola e o contacto primeiro cos libros, á porta do saber, o pasaporte a outros mundos imaxinarios; "Flor xa sabe ler, di que as letras, que a min me parecen uns debuxos moi difíciles de entender e de xuntar, son contadoras de cousas e que cando aprendes a ler é como se te contaran contos".

Actividades:

Lectura e comprensión do conto

Jamina, a xirafa curiosa”.

Faremos reflexionar ao alumnado sobre a importancia do non meternos na vida dos demais e que todos e todas temos dereito a nosa intimidade.

12

Dereito á intimidade.

Actividades:

13

Dereito á participación.

Canción sobre o dereito á participación como membro dunha casa, dun colexio ou dun barrio.

Actividades:

14

Dereito á liberdade de expresión e de acceso á información.

Lectura e comprensión do conto

Pepito o Agapornis”.

Este conto trata dunha nena que ten un loro como mascota, sen embargo, un día o loro decide voar e recuperar a súa liberdade.

É perfecto para falar do que significa a liberdade e como utilizala sen interferir na dos demais.

Tedes tamén un enlace para elaborar un mural cooperativo no seguinte link

Actividades:

15

Dereito a unha vida libre de violencia e á integridade persoal.

Lectura e comprensión do conto

Adeus á lei da selva: o león”.

Faremos reflexionar ao alumnado sobre a importancia de respectar aos nosos iguais e non exercer ningún tipo de violencia sobre ninguén.

Podemos introducir o tema do acoso e os tipos de violencia.

Actividades:

16

Dereito ao descanso e ao esparcimiento.

Lectura e comprensión do conto

O neno xigante”.

Faremos reflexionar ao alumnado sobre a importancia de non xulgar pola apariencia ademais de falarlles da explotación infantil e o dereito dos nenos/as a descansar.


Actividades:

17

Dereito á liberdade de convincións éticas, pensamento, conciencia, relixión e cultura.

Faremos reflexionar ao alumnado sobre a importancia de respectar aos demais veñan de onde veñan e de teñan a cultura que teñan.

Lectura e comprensión do conto

“Que calor fai na Antártida”.

Protexer e promover os coidados ao medio ambiente respectando a natureza.

Deberes da infancia

Ter respecto polos maiores.

Respectar as opinións e costumes doutros.

Axudar nas tarefas da casa.

Ter respecto polos seus semellantes. Respectar aos demais; sen importar sexo, raza ou país de procedencia, condición económica ou discapacidade.

Coidar o seu corpo, pensamentos e sentimentos.

Ter unha conduta adecuada no fogar e na escola.

Deben dicir sempre a verdade actuando con xustiza.

Respecta e respectarante!

Defende e cumple