Want to make creations as awesome as this one?

Proxecto Documental Integrado

Transcript

Proxecto DocumentalIntegrado

Empezar

"O bosque de Faiuco"

Traballar cos obxectivos da Axenda 2030

Faiuco propón...

Introdución

Obxectivos

Actividades

De Houston a Begonte!

Tesouros outonais

Nos bosques galegos

Risas con sabor a outono!

No curso anterior

As primeiras actividades

Índice

A arte no bosque!

Misión: a lavanda

Correo de Faiuco!

A lenda do Apalpador

O xabaril Corazón

As formigas

Misión: o romeu

A hortiña de Faiuco

Misión: o castiñeiro

Misión: a menta

Hotel de insectos

O noso galiñeiro

Misión: o freixo

Misión: o bidueiro

Misión: o carballo

A auga

Somos exploradores

Naturalízate

Unha soa Terra

O que aprendimos!

Día Mundial da Terra

En 3 anos...

Radio Corpiño

Merendas saudables

A arte na escola

Merendas saudables

Lorem ipsum dolor sit amet consecteteur, auri morca nian, dolore et magna.

Introdución

O 25 de setembro de 2015, numerosos países de todo o mundo comprometéronse cos 17 obxectivos do desenvolvemento sostible de Nacións Unidas e o seu cumprimento para o ano 2030.

Neste vídeo podemos visionar os obxectivos propostos

Bibliotecas Escolares

Dende Bibliotecas Escolares Galicia, invítannos a participar nestes obxectivos e acompañar o noso alumnado no proceso de concienciación da necesidade de loitar polas compensacións das desigualdades e a sostibilidade do noso planteta.

Obxectivos

No noso cole, decidimos para este curso traballar principalmente dous obxectivos:

Saúde e benestar

Vida dos ecosistemas terrestres

Co obxectivo 15 preténdese protexer a vida terrestre.

Vídeo presentación

Co obxectivo 3, preténdese concienciar sobre a necesidade de manter hábitos saudables.

Vídeo presentación

Na horta!

Creamos o bosque!

O curso anterior fixéronse algunhas actividades.

Traballamos tamén "O coidado" co proxecto do Club de Letras.

O coidado

Neste curso, o noso alumnado de Educación Infantil xa comenzou coas actividades do proxecto!

En 4º de EI

Na aula de 3 anos....

Os máis peques, fixeron un bosque coas follas de outono e colocaron algúns animais.

En 5º de EI

Na aula de 4 anos, comezaron a investigar sobre o "oso pardo".

Elixiron a súa propia mascota "Botitas". Un oso pardo que vai a acompañartodo o curso en moitas, moitísimas aventuras!

Fotos

Ademais, as familias trouxeron libros para investigar.

Por último, saíron na busca de tesouros!

Vídeo

En 6º de EI

"Os habitantes do bosque de Faiuco".

Na clase de 5 anos, adentráronse no bosque para coñecer os veciños do "noso amigo" Faiuco.Que mellor ferramenta para facelo que os libros!

Fotos

.

Inmersos nas cores do outono!

Encántalles mirar pola fiestra e ver as cores das árbores tan diferentes.Tamén aproveitaron os froitos das árbores para xogar e aprender cos números. É imposible aburrirse no bosque!

En Educación Primaria...

Visionado do vídeo presentación e xogos de dados cos obxectivos da Axenda 2030.

Onte 15 de novembro, no mes da ciencia, alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiu virtualmente á conferencia "Que aprendemos da Pandemia?", organizada por Igaciencia e impartida en directo desde Houston, Estados Unidos, a 7.000 km de Begonte, por Sonia Villapol.

De Houston a Begonte!

Sonia Villapol é unha científica lucense que desenvolve o seu labor no Centro Médico de Texas (Houston, Estados Unidos) e que forma parte do Equipo de Investigación do Covid-19. A pesar de estar moi atarefada, brindouse a compartir o seu saber con nós!

Fotos

Risas con sabor a outono!

Vídeo

Fotos

Estes animais dos bosques de Galicia, foron os grandes descubrimentos do alumnado de cinco anos. Con eles traballaron a conciencia silábica, a lectoescritura, o conteo, e coñeceron máis animais!

A garduña, o furafollas e o patibranco!

Tesouros outonales

Os nenos e nenas de 1º e 2º curso, fixeron unha procura de tesouros outonais no bosque de Faiuco. Xogaron en dous equipos e pasárono xenial!

Fotos

Conclusións

O xabaril Corazón

Na clase de cinco anos, a súa mascota, o xabaril Corazón, deixoulles un sobre coa noticia da presenza de xabarís nas cidades. Como pode ser se viven no monte?

Chegaron a conclusión, co problema está no mal estado dos montes, polos incendios, pola construción, pola falta de comida debido a caza excesiva... Traballaron a importancia de coidar o noso ecosistema e así, con esta tarefa de investigación, adentráronse no obxectivo 15 do desenvolvemento sostible:

A arte no bosque de Faiuco!

En Infantil, na clase de cinco anos, fixeron arte coa pel das árbores. Inspiráronse en Cédric Pollet e coñeceron as súas obras, nas que pinta as cortizas das árbores.Convertéronse en pequenos artistas!

Cédric Pollet

Cedric Pollet | Photographe BotanisteDepuis une vingtaine d'années, je consacre ma vie aux arbres et leurs écorces. J'ai voyagé dans plus de 35 pays pour les étudier, mieux les faire...Cedric-pollet

Sen dúbida, uns e unhas pequenas artistas!

A lenda do Apalpador

Na clase de 5 anos, coñeceron a lenda do Apalpador, o popular personaxe navideño do interior de Lugo que, na Noiteboa, baixa dende a súa montaña para comprobar, palpando a barriga dos nenos e nenas. Esta historia deulles pé para pensar sobre que deben consumir para "estar ben alimentados".

Falaron de todo o ben que lles fan as froitas e as verduras. Escribiron os nomes dos alimentos saudables de xoguete que teñen na aula. Con esta actividade avanzaron no ODS, Saúde e Benestar e, ademais, coñeceron un personaxe moi curioso do Patrimonio Cultural de Galicia.

Fotos

O Apalpador o Pandigueiro - Galicia en vacacionesEl nombre de este personaje nos recuerda mucho al de O Apalpador, al que va dedicado este artículo. Sin embargo, en esta ocasión, la tradición nos...Galicia en vacaciones

Correoooooo!

Nestes días, escoitamos o tilín, tilín, característico de Faiuco. Pois, achegouse ás aulas para deixar unha carta con misións para que o seu bosque vaia medrando. Vaia sorpresa e balbordo! Por máis que buscaron en toda a escola, no lograron atopalo.O noso trasno, volvería a faia?

Misión: a lavanda

Os nenos e nenas de 4 anos comezaron a súa misión! Teñen que investigar sobre a herba aromática de lavanda. Crearon a palabra para buscala nos libros da biblioteca (no bus verde de ciencias) e mans á obra!

Estes pequenos e pequenas investigadores seguen a súa misión coa lavanda! Buscaron información na biblioteca sobre o que lles gustaría coñecer desta planta.

Fotos

Sequiron investigando sobre a "lavanda".Descubriron o seu recendo e trataron de adiviñarlo entre outros cheiros: café, collonia, ketchup. Tamén quixeron saber para que se usa, así que... puxéronse mans a obra!

Pasaron os días e...

Investigaron e descubreron que sirve para cociñar, curar gripes e resfriados e para durmir ben!

Na clase de 5 anos, xa comezaron coa misión que lles encomendou Faiuco: investigar sobre o romeu. Exploraron as ramiñas do romeu, a súa textura, como cheira... despois fixeron unha lista sobre as cousas que querían saber.

Misión: o romeu

Lorem ipsum dolor sit amet consecteteur, auri morca nian, dolore et magna.

Infusión de Romeu

Seguiron investigando, e descubriron nun libro que se pode facer infusións de romeu e que ten propiedades moi boas para o cansancio e a fatiga.

Invitación

Mans á obra!

Primeiro mediron nunha xarriña a cantidade de auga que indicaba o libro. Despois, "machucaron" o romeu nun morteiro improvisado, ferveron a auga e botárona nunha cunca xunto coas herbiñas. Coaron a infusión e, por último, escribiron unha invitación para que os mestres e mestras do cole probasen esta "rica infusión de romeu".

Elaboración

Entón, foron a Casiña de Faiuco a investigar. Aprenderon que significan os buses que ten Faiuco nas súas estanterías, que é un "índice" e tamén os usos que ten o romeu.

Bravo!

Fotos

O primeiro que fixeron os nenos e as nenas de 3 anos foi buscar información sobre a menta. Logo plantárona e agora están a observar como medra. A misión está en marcha Faiuco!

Fotos

Misión: a menta

Misión: o carballo

En 5º curso, tamén puxéronse mans á obra co reto que nos formulou Faiuco...Hoxe comenzaron na hora de ler cunha obra da Editorial Kalandraka que leva o título " Arbolidades"; trátase dun libro que contén poemas adicados a diferentes árbores. Incluíndo o da nosa investigación: o carballo

Lorem ipsum dolor sit amet consecteteur, auri morca nian, dolore et magna.

Fotos

E co profe Eli, continuaron cun traballo de investigación que comezaron indo á biblioteca a buscar libros de consulta, con información sobre o carballo.

As formigas

En 5 anos siguen investigando os animaliños do bosque, desta vez un que vive baixo a terra: a formiga.

Que coñeceron?

Coñeceron como se organiza un formiqueiro, son animais moi intelixentes! Aprenderon tamén o nome en galego de outros bechiños do bosque, ningún deles sabía que a libélula é o cabaliño do demo!

Traballando as matemáticas!

Hoxe, 16 de febreiro, puxeron en práctica o razoamento matemático coa axuda destes bechiños: clasificáronos seguindo diferentes criterios e ordeáronos en conxuntos do máis grande ao máis pequeno e viceversa. Despois, resolveron algúns retos matemáticos: poñer no seu terrario os bechiños para que houbese X número de patas ou antenas, contar cantas antenas había en total no terrario, inventar máis problemas cos bechos... déronlle moito ao coco!

O formigueiro

Seguiron avanzando e montaron o seu propio formigueiro. Utilizaron formiguiñas raiñas que trouxo Ainara e formiguiñas soldado que colleron no patio.

Descubriron que son animais alucinantes! En só dos días xa tiñan as súas galerías construídas! Na merenda, botáronlles as miguiñas que sobraron e, con axuda dunha lupa, veron como van levando a súa comidiña para debaixo a terra. As migas de galleta son as súas preferidas!

Pero un día...

Atoparon unha formiguiña morta. Non encontraron a causa xa que o formigueiro cumpre con todos os requisitos dos libros. Que desgusto!

Decidiron facerlle unha "minitumba" adornada con corazóns e un debuxo de despedida. Isto xerou unha conversa moi interesante sobre a morte e como despedirnos de algo ou alguén que queremos. Trátase dun tema que os adultos adoitamos ocultar, pero sobre o que os nenos e nenas precisan respostas.

En 6º tamén botaron a andar a misión que nos encomendou Faiuco!

Misión: o bidueiro

Nosa investigación

Clicade na imaxen para visualizar o noso blog!

E seguiron investigando e con toda esa información fixeron este podscat informativo!

Radio Corpiño a radio de Faiuco

Misión: o castiñeiro

Na clase de 1º e 2º xa cumpriron coa misión que lles encomendou Faiuco: investigar sobre o castiñeiro.

Fotos

Vídeo

Primeiro fixemos unha posta en común entre todos e todas, para saber que coñeciamos desa árbore. A continuación, elaboramos unha lista de preguntas con aquelas cousas que queríamos saber, repartimos as preguntas por grupos e fomos á biblioteca na procura de información. Asombrounos a cantidade de libros nos que se recolle esa información. Ata aprendimos o que era un índice! Tamén, saímos ao patio para identificar esa árbore e nos fixemos un par de fotos con ela. Por último, cos datos recollidos, elaboramos e gravamos un vídeo onde vos explicamos todo o que aprendemos Esperamos que vos guste!

Misión: o freixo

En 3º e 4º comezaron a misión que lles encomendou Faiuco! Puxéronse a investigar sobre o freixo. Buscaron información nos libros da "Casiña de Faiuco" e noutros aportados polas familias, fotos... e para rematar, fixeron murais onde recolleron todo o que aprenderon.

En 5 anos gustoulles moito a proposta de Faiuco!

Hotel de insectos

Seguimos...

E como queren que leve a cabo a súa proposta, decidiron acabar de convencelo. Entón, investigaron sobre por que os insectos son importantes e sobre como axudan ao medio ambiente. Coñeceron así o proceso de polinización que fan, ademais das formigas, outros moitos bichiños. E tamén descubriron os beneficios que teñen os insectos para as plantas! Vaia grupo máis traballador!

Arte con insectos?

O artista Steven Kutcher, ten insectos como axudantes da súa obra. Pinta as súas patiñas con pintura non tóxica e déixaos camiñar polo papel, creando obras moi orixinais.

Gustoulles tanto aos nenos e nenas de anos, que decidiron facer o mesmos cos seus bichiños de xoguete! Vaia obra máis chula!

Planning

Fotos

Para traballar no noso galiñeiro estamos moi organizados. As pitas necesitan do noso coidado!Os nenos de 3 anos, pasárono xenial dándolle de comer ás pitas por primeira vez!

O noso galiñeiro!

Fotos

Esta semana, tócalle ao alumnado do grupo de 1º e 2º coidar do galiñeiro, así que aproveitaron para traballar o ciclo de vida dunha galiña.Gustoulles moito!

Semana tras semana...

Ao longo dos días, van pasando os distintos cursos a coidar das nosas pitas, todo un traballo moi organizado!

Semana tras semana, a nosas pitas aportan os seus ovos que utilizamos para facer receitas saudables que compartimos con todo o cole!

A creatividade e o facer en libertade, animais autóctonos, natureza e cultura a tavés da expresión artística.

A arte na escola

Vídeo

Fungos e bacterias

No xornal!

Merendas saudables

Nova proposta do noso trasno!

Vídeos

PUBLICACIÓN

A hortiña de Faiuco

Xa comenzamos coa horta no "Bosque de Faiuco"!

Na sala de 4 anos...

Estiveron a investigar sobre o cultivo dos amorodos e puxéronse mans a obra xunto con todos e compañeiros e compañeiras de infantil! Estamos desexando ver como van medrando as nosas plantiñas!

Aquí están os vídeos!!

En 5º curso de Primaria

En Educación Infantil

En Relixión

https://youtube.com/shorts/eU2tZPuRlHM?feature=share

https://youtube.com/shorts/eU2tZPuRlHM?feature=share

O alumnado de 3º e 4ºacompañados de 1º e 2º, plantaron: pementos de padrón, coliflores e acelgas.

Mans á obra!

Fotos

En 6º xa botaron as patacas!

Primeiro, consultaron os sabios consellos de Jhon Seymour antes de poñerse a faena. Logo, removeron a terra, trazaron os regos e estercaron. E, por último, plantaron as patacas e recubriron o seu bancal con palla.

Información

En 5º tamén plantaron espinacas!

Investigaron e despois puxéronse mans á obra!

Despois das vacacións...

As tres aulas de infantil, fomos a revisar a horta. As plantas dos amorodos xa están botando flores!

Fotos

Comenzamos cos rexistros!

En 5 anos, comenzamos co rexistro da nosa plantación! Despois de visitar a horta, debuxamos o que vimos para documentar como van medrando os amorodos e os tomates.

En 3 anos...

Xa saben o que necesitan as prantas para medrar!

Continuamos coa hortiña...

Nos grupos mixtos de primaria, investigaron, plantaron, realizaron o seu calendario e así... a hortiña de Faiuco segue medrando!

Información

Fotos

En Infantil, xa teñen amodoros!

Coa profe Tena, no grupo mixto de 1º e 2º, traballaron o coidado do medio ambiente con un rap que lles fixo moita ilusión interpretar.

Naturalízate

Vídeo

A auga

Os nenos e nenas do grupo mixto de 1º e 2º fixeron un experimento para aprender o ciclo da auga e a importancia de coidala. Utilizaron unha bolsiña e debuxaron o sol, as nubes e o mar, puxéronlles auga e colocáronas na fiestra da clase. .

Ao longo do día, poideron observar o ciclo da auga completo! A auga ao quentarse, evapórase. Ese vapor acumúlase nas paredes da bolsa en forma de gotiñas, logo caen a parte inferior representando as precipitacións. E volve a empezar! Ademais, surxiu un debate moi importante: a auga e o seu coidado. A necesidade de coidarla e non malgastala.

Día Mundial da Terra

Dende o "Bosque de Faiuco" concienciamos coa práctica sobre a importancia de coidar a Terra.

Unha necesidade

Con motivo do Día Mundial da Terra, este 22 de abril, os nenos e nenas de primeiro e segundo curso de EP falaron sobre a importancia de coidala e reflexionaron sobre as principais problemáticas medioambientais propoñendo distintas solucións. Por último, fixeron unha manualidade moi sinxela para levar a casa e transmitir a mensaxe.

Manualidade

Somos exploradores

Dende a área de Educación Física, o alumnado realizou unha saída pola nosa contorna natural.

Vídeo

Os aspectos educativos desta actividade radican nas súas características: motivadora, novidosa, lúdica, interdisciplinar e facilitadora da integración entre compañeiros e compañeiras. O seu obxectivo principal, céntrase en descubrir e coñecer o bosque como elemento da natureza a través da actividade física ao aire libre. Está adaptada as diferentes idades dos nenos e nenas segundo as súas capacidades motrices. O alumnado percorreu diferentes tramos do camiño acompañados polos seus titores e titoras máis o profesorado especialista. Foron observando, descubrendo e experimentando a contorna e afianzando contidos traballados nas aulas en relación ao Proxecto Documental Integrado "O bosque de Faiuco".

Dende as nosas aulas, intentamos concienciar ao noso alumnado da necesidade de coidar a noso planeta e facer a vida o máis sostible posible.

Unha soa Terra5 de xuño "Día Mundial do Medio Ambiente"

Introducción

Actividades

http://acasinhadefaiuco.blogspot.com/2022/06/5-de-xuno-dia-mundial-do-medio-ambiente.html

http://acasinhadefaiuco.blogspot.com/2022/06/blog-post.html

Produto final: o mural

Despois dun proceso de investigación, selección e divulgación o "Bosque de Faiuco" expón toda a información recollida.

O que aprendimos!

O alumnado de infantil, cóntannos todo o que foron descubrendo.

5 anos

3 anos

4 anos

En primaria

O alumnado de Primaria tamén cóntannos todo o que aprenderon.

1º e 2ºcurso

3º curso

4º curso

5º curso

6ºcurso

Lorem ipsum dolor sit amet consecteteur, auri morca nian, dolore et magna.

Saída as Fragas de Eume

O alumnado de 3º,4º.5º e 6ºRisus conubia aliquam purus diam rhoncus nisi per curae duis sagittis id egestas, molestie faucibus tortor donec et sem est blandit condimentum ut.

Avancemos

Lorem ipsum dolor sit amet consecteteur, auri morca nian, dolore et magna.

Seguiremos avanzando para contribuír na mellora da sostibilidade do noso planeta.