Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

ADIANTE

Biblioteca "Os Soños na Gaiola"

EN NOVEMBRO, LECTURAS POLA IGUALDADE DE XÉNERO

Biblioteca "Os Soños na Gaiola"CEIP Juan Fernández Latorre

"A educación é a vacina contra a violencia". (Mafalda)

ADIANTE

Biblioteca "Os Soños na Gaiola"

L

M

X

J

V

S

D

1

4

5

6

7

10

9

8

11

12

13

14

17

16

15

18

19

20

21

24

23

22

25

26

27

28

30

29

EN NOVEMBRO LECTURAS POLA IGUALDADE

3

2

Autora: MARION MEBESEditorial: XUNTA DE GALICIARecomendado: a partires de 4 anosSinopse: Os bicos poden ser moi diferentes duns lugares a outros.Poden ser moi agradables ou poden ser todo o contrario.Porque os bicos están ben cando queren ser dados e recibidos polas dúas persoas.

Volver

Autora: ADELA TURÍNEditorial: KALANDRAKARecomendado: a partires de 4 anosSinopse: Artur dicía que quería moito a Clementina. Queríaa tanto, tanto, que facía todo por ela e iso fixo que Clementina se sentise bastante mal.Sentíase prisioneira e decidiu ser libre.

Volver

Autor: PERE TOBARUELAEditorial: XERAISRecomendado: a partires de 6 anosSinopse: Mariña é unha nena que quere xogar ao fútbol pero hai algúns compañeiros que pensan que non pode facelo.Ela e as súas amigas demostraranlles o errados que están.

Volver

Autora: EVA MEJUTOEditorial: OQORecomendado: a partires de 3 anosSinopse:Maruxa facía todo o traballo: cosía, cociñaba, varría e labraba, mentres que Pepiño, o seu home, folgaba, durmía e cantaba. Un día, Maruxa decide darlle unha lección para que entenda que o traballo está moi mal repartido.

Volver

Autor: XOSÉ A. PEROZOEditorial: AUGA EDITORARecomendado: a partires de 6 anosSinopse: Cando nace Vanesa, súa nai chama ás fadas para pedirlles que sexa unha princesa. Pero unha fada vella dille que Vanesa será o que queira ser, que ela debe decidir.

Volver

Autora: CRISTINA FERREIRÓS SÁNCHEZEditorial: BAÍA Recomendado: a partires de 3 anosSinopse: A Alfombriña non lle gusta nada que lle digan o que ten que facer. Quere decidir por ela mesma. Deixaranlle?

Volver

Autora: ANA TORRES JACKEditorial: GALAXIARecomendado: nais, pais, adultos/asSinopse: A pesares de que se avanzou moito na igualdade entre homes e mulleres, aínda queda moito camiño por diante. Non hai máis que ver como tratan moitas veces os medios de comunicación, o cine, a publicidade, os videoxogos, etc, a figura da muller.Este libro pode axudarnos a previr esa desigualdade e a violencia machista dende a familia, porque dende o fogar podemos facer moito.

Volver

Autor: PABLO NOGUEIRAEditorial: BAÍARecomendado: a partires de 3 anosSinopse: Nube Branca quere ser astronauta, devece por ver as estrelas de preto e coñecer a Lúa e os planetas.Como non consegue fabricar un foguete espacial, pídelle axuda a uns amigos.Conseguirao?

Volver

Autora: ADELA TURÍNEditorial: KALANDRAKARecomendado: a partires de 3 anosSinopse: Na manda na que vive Margarita, todas as elefantas son de cor rosa, (... todas menos ela). Non entende que as elefantas teñan prohibido facer cousas como fan os elefantes.Un día, Margarita, decide demostrar que a igualdade é posible.

Volver

Autoras: PALOMA RODRÍGUEZ E CRISTINA JUSTOEditorial: EMBORARecomendado: a partires de 6 anosSinopse: No país dos mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra de casa.Esas normas son inxustas e deben cambiarse!

Volver

Autor: ANTHONY BROWNEEditorial: KALANDRAKARecomendado: a partires de 3 anosSinopse: «Bule co almorzo, muller», «Bule co almorzo, mamá», dicíanlle o seu home e os seus fillos. Todos os días facían o mesmo e a pobre señora Porcón tiña que traballar sen descanso. Un día, fartouse e marchou.Entón...

Volver

Autora: ADELA TURÍNEditorial: KALANDRAKARecomendado: a partires de 3 anosSinopse: Bonobos e bonobas vivían de maneira moi diferente. Eles podían estudar, viaxar, aprender e modernizarse pero elas non podían facer nada diso: só traballar e atender ás súas crías.Os bonobos non aceptaban que as bonobas avanzasen e burlábanse delas.Pero un día, as bonobas fartáronse e decidiron cambiar aquela situación.

Volver

Autora: ANA PILLADOEditorial: A NOSA TERRARecomendado: a partires de 3 anosSinopse:A Roi, como a Sabela, tamén lle gusta xogar coas bonecas e coidalas. Como o seu papá non sabe, Roi decide que el quere ser mamá.

Volver

Autora: SUSANA ISSERNEditorial: NUBEOCHORecomendado: a partires de 3 anosSinopse:Daniela soña con ser pirata no Caimán Negro, pero Orellacortada e os demais piratas, non queren rapazas no seu barco. Terá que pasar probas moi difíciles para conseguilo. Pero... e se os piratas non lle deixan?

Volver

Autor: TOMIE DEPAOLAEditorial: KALANDRAKARecomendado: a partires de 3 anosSinopse:A Oliver Button chamábanlle nena porque non lle gustaba facer cousas que se supón que teñen que gustarlle aos nenos. O seu pai preferiría que fixera deportes, pero a el gustáballe máis bailar.Como non tiña "gustos de nenos" insultábano dicíndolle "Oliver Button é unha nena". Pero, realmente hai cousas de nenos e cousas de nenas?

Volver

Autora: ADELA TURÍNEditorial: KALANDRAKARecomendado: a partires de 3 anosSinopse:Na familia do señor Rato, unha catástrofe pon todo patas arriba. Menos mal que a Señora Rato atopa a solución!Ás veces, algo que parece malo fai que as cousas melloren, como ocorre nesta historia.

Volver

Autor: IAGO LÓPEZEditorial: XERAISRecomendado: a partires de 5 anosSinopse:Na Catedral de Santiago levaron un desgusto enorme: o botafumeiro caeu ao chan. A osa Marosa e a toupiña Mariña son as únicas que saben arranxalo. As dúas amigas prepáranse para facer o camiño a Compostela e así axudar a que a catedral estea lista para recibir as agardadas visitas

Volver

Autora: MARTA LADOEditorial: BAÍARecomendado: a partires de 3 anosSinopse:Unha pequena pita pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué... pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: cambiar as normas do galiñeiro!

Volver

Autora: ANAIR RODRÍGUEZEditorial: XERAISRecomendado: a partires de 9 anosSinopse:Doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.

Volver

Autora: IMELDA BARRIOEditorial: BAÍARecomendado: a partires de 3 anosSinopse:Nera naceu nun momento especial. Xusto cando o Consello de fadas se reunía para outorgar un desexo á persoa que chegase ao mundo nesa noite. Pero, cal sería o mellor desexo para conceder?

Volver

Autora: MARÍA DE MATAEditorial: BAÍARecomendado: a partires de 7 anosSinopse:Unha terrible treboada ameaza unha aldea galega. A intervención da nai de Aldara axudará a salvar a situación e provocará importantes cambios nas relacións entre os seus habitantes.

Volver

Autora: SABELA FERNÁNDEZ TRELLESEditorial: XERAISRecomendado: a partires de 7 anosSinopse:Que che gustaría ser de maior? A Antía moito a amola que os adultos lle fagan decote esa pregunta e, aínda máis, que sempre a respondan eles mesmos sen contar coa súa opinión: «Serás unha gran doutora, como a túa nai; ou unha gran panadeira, seguindo a tradición familiar!». Pero Antía ten moi claro a que lle gustaría dedicarse, e os oficios que imaxina non poden estar máis lonxe do que se agarda dela.

Volver

Autoras: CARMEN JUSTO E PALOMA RODRÍGUEZEditorial: EMBORARecomendado: a partires de 3 anosSinopse:Iriña era unha bailarina; pero non unha bailarina común: vivía na máis fermosa caixa de música. Pero estaba preocupada: non podía saír da súa caixa... Conseguirá cambiar os roles?

Volver

Autora: ANTÍA YÁÑEZEditorial: BAÍARecomendado: a partires de 3 anosSinopse:No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do seu tempo de recreo. Porén, grazas á súa tenacidade, Lúa vai poñer en marcha unha pequena onda que rapidamete se converte nun tsunami de solidariedade.

Volver

Autora: FINA CASALDERREYEditorial: BAÍARecomendado: a partires de 7 anosSinopse:Xela é a mellor mestra do mundo! Mais semella unha morta vivente de ollos violeta que pousan acotío no chan. Estarase a volver vampira? Breixo tentará descubrilo.

Volver

Autores: BELÉN GAUDES E PABLO MACÍASEditorial: CUATRO TUERCASRecomendado: a partires de 6 anosSinopse:Esta vez Bela descobre que a verdadeira beleza está no interior e decide non quedar con Besta, .Unha nova forma de reinventar os contos clásicos.

Volver

Autoras: PALOMA RODRÍGUEZ E CARMEN JUSTOEditorial: EMBORARecomendado: a partires de 3 anosSinopse:Flora ten un segredo fantástico, e é que aprendeu unhas palabras máxicas que a axudan a non sentir enfados nin ganas de pegar. O segredo de Flora consiste en atopar un modo de combater a violencia, explicando así a nenos e nenas que é intolerable en todas as súas manifestacións.

Volver

Autor: LLAN BRENMANEditorial: ALGARRecomendado: a partires de 3 anosSinopse:O pai de Laura abriu o Libro secreto das princesas e contoulle á súa filla algo que ninguén sabía. Laura ten unha dúbida: soltan peidos as princesas? Menos mal que no libro secreto o pai ten todas as respostas!

Volver

Autor: ANA MEILÁN GARCÍAEditorial: ENTRE NUBES Y CUENTOSRecomendado: a partires de 9 anosSinopse:Unha historia que mestura os contos de "A sereíña" e "O anano Saltareiro".Unha serea disposta a dalo todo por amor. Ata a memoria.E que pode pasar cando un pequeno peixe verde nos deixa sen recordos?

Volver

Autoras: PALOMA RODRÍGUEZ E CARMEN JUSTOEditorial: EMBORARecomendado: a partires de 5 anosSinopse:Clara chámase así en honor a Clara Campoamor, unha muller valente que loitou para que as mulleres puidesen votar. Un día coa súa nai e a súa avoa aprende o que son unhas eleccións e cómo as persoas poden decidir quen vai gobernar metendo un papeliño nunha urna. Un xeito sinxelo de ensinar a nenos e nenas en qué consiste a democracia representativa e a paridade.

Volver