Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

CEIP de

CELEIRO

curso 2021-2022

samain!

>

máis de 10 anos

>

de 7 a 9 anos

>

de 0 a 6 anos

ÍNDICE

JJulia Donalson. Pastas de Peixe

Unha ratiña convida á doutora á súa casa , pois nela estaán a acontecer cousas estrañas . Ruídos , aparicións , visitas alieníxenas.... En cada páxina un gato axexa as dúas ratiñas relambendo os beizos .... Que pode pasar neste pazo enmeigado ?.

A CASA ENMEIGADA

A bruxa vai toda contenta na súa vasoira co seu gato , ata que lle cae o lazo da súa trenza entre as silvas . Aí comeza unha aventura que acabará liando a unha paxara , unha ra , un can e un dragón nunha aventura trepidante e f ascinante por terra , por mar e sobre todo , por aire . Este libro é unha mestura de aventuras , risas e nervios nesta historia inesquecible de amizade , monstros e sobre todo , moita maxia !.

Jan Pienkowski. Pastas de Peixe

QUEDA SITIO NA VASOIRA?

Nadia Bulle. Kalandra

Os vampiros, as pantasmas, os monstros, os esqueletos e os animais a primeira vista desagradables, perigosos ou asociados á mala sorte como arañas, carrachos,serpes, tiburóns, crocodilos, gatos negros ou morcegos aparecen nesta historia proxentando unha ollada tenra, afectuosa e burleira que nos atrapa e fainos sorrir.

UN DOUS TRES VAMPIRO TI ES

Bárbara Cantini. Hércules Edicións

Quen e o misterioso neno pantasma que desde hai días intenta entrar en Vila Decadente? Mortiña está desexando sabelo, pero o espectro non lembra nada... nin tan sequera o seu nome! Ademais vaise esvaecendo e, se continúa así, rematará por desaparecer completamente. E xusto agora na vila están a punto de celebrar a festa de Aninovo Defuntiño. Xunto a Tristeiro, o seu inseparable can, Mortiña busca calquera pista que poida axudar a descubrir de onde ven o novo e pálido amigo: unha divertida pescuda que lle porá o corazón a cen por hora.

MORTIÑA. O amigo pantasma

Ledicia Costas. Ed. Xerais

A noite do Samaín é a máis importante do ano. A Bruxa Xefa celebra na súa casa unha festa de disfraces e convida só a algúns afortunados. Todos os habitantes do Outro Barrio agardan nerviosos polo seu convite mentres deseñan disfraces terroríficos para a ocasión. Pero, que será o que lles dá medo aos Minimortos? Un vampiro? Un lobishome? Un problema de matemáticas? E o máis importante: recibirán a agardada invitación da Bruxa Xefa ou quedarán sen festa?

OS MINIMORTOS . O día dos vivos

Jeff Kinney. Ed. Molino

Nestas historias terroríficamente divertidas atoparás zombis, pantasmas ¡e moito máis! Quizá che rías despues de lelas, pero... ¡ten coidado! Poderías acabar durmindo coas luces acesas.

HISTORIAS SUPERGUÁIS DE MIEDO

Miguelanxo Prado. Retranca Editora

Os seres e os feitos marabillosos que escapan ás leis da Natureza e a Ciencia están presentes na maioría das crenzas e as relixións . E aparecen sempre agrupados en dúas castes antagónicas : bos e ruíns , anxos e demos , fadas e bruxas..... E o ser humano queda aí , no medio , loitando coa súa propia natureza ambivalente . Cando menos , así o contamos nós mesmos , os humanos . Pero , no fondo , nunca escoitamos a versión das outras partes ... E se o papel da munanidade nesta historia non fora o que ele mesma se atribúe ? E se non foi tan inocente e pasivo como se pretende ?

O PACTO DO LETARGO

bibliosoños

esperamos que tremades moito lendo as nosas recomendacións