Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Ana Elisa González

Baseado no libro Dúas ducias de cocos. 2007. Ed. Xerais.

UNHA DUCIA DE COCOS

Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bolen nun mundo fantástico ou encantado, e tamén real, coma o noso.

BIOSBARDOS

Biosbardos, cachafellos, cozochos, cozochas, cozorellos, gambusinos, panchos, pigarzos e outros moitos nomes que se refiren a un ser do que non se sabe a figura, tal vez paxaro, pero que dan moita sorte a quen os caza en noite escura e afastada de lugar habitado.

BUSGOSO

MusgosoVive nos bosques entre Asturias e Galicia. Ten pezuños e cornos de chibo.Aparenta amable pois socorre aos viaxeiros desorientados pero pode matar a cazadores e a mulleres, sobre todo.

CACHANO

Cachán, Demachiño, Demontre, Diabro, Demo,Perete, Rabudo.Demo moi luxurioso , burlón e nado bon.Adoita a levar o seu rabo sempre fóra, por iso, moitas das súas picardías eran descubertas:"O demo fainas e o demo descóbreas"

CHUCHASANGUES

Ten figura de home. Aparece pola noite para chuparlles o sangue aos vivos.

COCÓN

Úsanno os adultos para asustar aos nenos/as que non dormen."E durme, neniño, que vén o cocón; vai levar o neno que non dorme, non".

DIAÑO BULREIRO

Grandísimo transformista. Non é malo nin agresivo pero amola. Aparecese de noite aos camiñantes, facéndolles dar voltas sen que podan atopar a saída, para meterlles medo. É benintencionado e da bos consellos, pero si se menciona o nome dun santo desaparece con estrondo.

HOME DO SACO

Home alto, feo, fosco, desastrado, cun saco ao lombo. Rouba nenos/as para facerlles quen sabe que maldades.

LOBISHOME

Hai homes e mulleres que se transforman en lobos polas noites, xeralmente porque os pais lles botaron unha maldición. E logo actúan coma eles, mesmo matan xente. En Galicia téñense noticias de moitos lobishomes.Manuel Blanco Romasanta foi coñecido como o primeiro lobishome galego

MEIGA CHUCHONA

Sábese se unha meiga chuchona entrou nunha casa onde haxa nenos porque estes van mirrando e enfraquecendo sen que se saiba o motivo. É que esta meiga chuchona lles zuga o sangue cada noite, a pouquiños.

PAPÓN

Paparrasolla, zampón, pispota, zamparrampa, rapeo e outros moitos nomes para referirse a un xigante de boca enorme, ollos de lume e bandullo prominente. O papón, xa o di o nome, papa nenos e nenas.

SACAUNTOS

Matan os nenos e logo trafican co seu unto. De antigo facían este traballo os boticarios.

TRASNO

O trasno é o meirande tunante que existe no mundo imaxinario galego, equivalente ao chamado “duende” en castelán. Ten moitos nomes: perete, perello, trasgo, tardo, pesadelo..., Sabe moitos disfraces, remexe nas potas, lava o cu no leite.. Case non hai casa en Galicia que non teña un, cando menos un, trasno.

URCO

Toma moitas figuras, preferentemente a de can negro que sae do mar arrastrando cadeas. Anuncia a morte alí onde se ve.

mochilaslixeiras.blogspot.com

SAMAÍN 2021