Want to make creations as awesome as this one?

Traballo realizado polas familias do CEIP de Escarabote

Transcript

Un lugar para descubrir

PHOTOALBUM

Boiro

BOIRO

Traballo final

Agradecementos

Co ollar dos nenos e nenas!

BOIRO

Tradición oral

6º EP. Cures

5º EP. Cespón

4º EP. Macenda

3º EP. Abanqueiro

2º EP. Castro

1º EP. Bealo

6º EI. O mar

5ª EI. Boiro

4º EI. Lampón

ÍNDICE

Lampón4º de Educación Infantil

Boiro5º de Educación Infantil

O mar6º de Educación Infantil

Play

Play

Aroa

Jose

Play

Josué, Xandre e Álvaro

Xiana

Bealo1º de Educación Primaria

2º de Ed. Primaria Castro

Play

Capela de Exipto e Capela do Chazo

Abanqueiro3º de Educación Primaria

Columpio vista praia da Ladeira

Columpio vista muelle de Ancados

Pazo

Palco de Exipto

Escolla da ameixa

Cruceiro da Charca e Igrexa de San Cristobo

Rotonda de Graso

Sendeiro de Triñáns ao varadeiro de Mañóns

Praia de Mañóns

San Martiño

Praia de Mañóns

Pirámide de Exipto

Macenda4º de Educación Primaria

Igrexa de San Xoán de Macenda

Cruceiro de Belles de Abaixo

Campo de golf

Aparcadoiro da igrexa

Landras

Cruceiro en San Xoán de Macenda

Hórreo en Insuachán

Insuachán, Eira reformada

Insuachán, Cruceiro

Insuachán

Moimenta, parque infantil

Lavadoiro

Aldea de Macenda

Visita aos avós de Macenda

Lavadoiro de Macenda

Castros de Neixón

Castros

Casa de pedra

Capela A Nosa Señora do Loreto

Cespón5º de Educación Primaria

Centro arqueolóxico

Igrexa

Hotel rural

Debuxo pedra

Cruceiro

Ponte

Petróglifo

Praia de Lóbrigo

Cures6º de Educación Primaria

Aldea de Cures

Cruceiro de Ameán

Caveiras do cruceiro

Recollida por Manuel Quintáns Suárez

OS NOMES DOS DEDOS Meimiño, o meñique, polegar, o pulgar, medio, o corazón, anular, o anular, e indicador, o índice. (Boiro)

CURIOSIDADES E ENTRETEMENTOS

(Escarabote, Peralto)

Recollida por Manuel Quintáns Suárez

Un vello chea fello de vifinifello mandou sementar unhas poucas rabisas finisas de vifinificar darriba cortizas. Pasou por alí un mozo chafón de refinifón e díxolle ó vello: - Vello chea fello, non me das unhas poucas rabisas finisas de refinificar darriba cortizas? - Mozón chafón de refinificar, si che vou aí douche co bastón.

TRABALÍNGUAS

Recollida por Manuel Quintáns Suárez

Recollida por Manuel Quintáns Suárez

Alá arriba, no monte,hai un gato dando berros,que lle cortaron o rabopara pescar os xurelos.(Boiro, Cabo de Cruz)

Benito matou un pito na fonte de arriba; O pito a piar, Benito a matar. Cala Benito, que mas has de pagar. (Boiro)

XOGOS

Recollidas por Manuel Quintáns Suárez

Que cousa é cousa que cae do campanario abaixo e non rompe. Solución: un papel (Escarabote, Peralto) Que cousa é cousa que vai para o monte e nunca asoma? Solución: a brétema (Escarabote, Peralto)

ADIVIÑAS

“Díxolle o pote ó caldeiro: chégate alá, non me enlixes” O defecto da fachenda pon en evidencia aquelo do que carecemos.

Recollida por Manuel Quintáns Suárez

CHISTE DO ATLETA Un golpe de vento arrebatoulle o sombreiro a un campión olímpico de maratón. Non corres tras el? -preguntou o amigo que o acompañaba. Si, pero voulle dar cinco minutos de vantaxe.

CONTOS

Recollida por Manuel Quintáns Suárez

Entón empezou a contar que a Santa Compaña levaba aos rapaces pequenos coma nós. Eu estaba vendo que xa se estaba facendo de noite e volvín para a casa polo camiño de costume.Cando ía correndo, ao lonxe, vin unhas luces e sombras de persoa, tamén oín tocar campaíñas. Cando cheguei á casa dun amigo, preguntoume por que corría tanto, e eu, asustado, contesteille que acababa de ver a Santa Compaña. Esperamos un pouco e vimos a unhas persoas que levaban velas e campaíñas para avisar á xente de que morrera alguén. (Boiro)

O RAPAZ QUE VIU A SANTA COMPAÑA (Os rapaces tamén poden ver a Santa Compaña?). Eu tiña oito ou nove anos. Por aquel tempo viña o cañeiro para facer o anís. Tamén era o tempo das castañas. Estabamos algúns rapaces arredor do lume, comendo castañas asadas, e o cañeiro contando contos.

Lendas

Recollida por Manuel Quintáns Suárez

Enrolados cunha néboa mesta ían andando a unha altura pequena do chan.O meu tío escapou coa bicicleta correndo e deixou ao meu pai en terra. Meu pai achegouse e veu unha pantasma máis que se unía ao grupo.Chegaron á casa e ao día seguinte ouviron que a noite anterior morrera un home en Escarabote.(Cabo de Cruz)

A SANTA COMPAÑA(Anuncios de cando alguén vai morrer). Contoume meu pai que, cando el tiña dezaoito anos, foi ás mozas cun meu tío, o irmán del que tiña dezanove. Foron por Escarabote, pois os dous tiñan a moza alí. Montaron nunha bicicleta vella os dous e, pola estrada, foron indo para alá. Chegaron á porta. Xa era diferente. Estaban esperando ás mozas cando ouviron tocar unha campá e viron un fato de pantasmas vestidos normalmente.

Lendas

Pero pasou que a imaxe aparecía todos os días no mesmo lugar onde a encontraron a primeira vez, mirando sempre a Cespón, un lugar do municipio onde tamén había igrexa.O sancristán contoulle ao cura o feito e este, estrañado, preguntoulle á Virxe:- Miña nai, Raíña dos Ceos, di Ti para onde queres camiñar?Conta a lenda que a Virxe contestoulle poñéndose unha vez máis cara Cespón.

AS APARICIÓNS DA VIRXE DOS ANXOS(Por que a Virxe dos Anxos está na parroquia de Cespón e non está na de Boiro?)Na parroquia de Boiro, concretamente no camposanto da igrexa, apareceu un día unha imaxe dunha Virxe sobre unha nube, rodeada de anxeliños, polo que, segundo a lenda, recibiu o nome de Virxe dos Anxos. Creron todos no milagre, pola grande beleza da imaxe, e introducírona na igrexa.

Lendas

Recollida por Manuel Quintáns Suárez

AS MIRAGRES DA VIRXE DOS ANXOS(De quen son as muletas que había na igrexa de Cespón e que agora garda o crego na reitoral?)Contan os vellos que, no lugar de Vilariño, a tres quilómetros de Boiro, pola estrada de Santiago, vivía unha muller doente que, cando non estaba na cama por enfermidade, andaba moi mal, apenas aguantándose cunhas muletas.Esta muller, grande devota da Virxe dos Anxos, tiña por costume ir durmir tódalas noites aos pés da imaxe da Santa.

O Cura mandou que a colleran catro homes e que a levaran ata a igrexa de Cespón. Pero, en chegando a un campo de ovellas, no lugar de Cespón, fíxose tan pesada a imaxe, que foi imposible movela do sitio.Fixéronlle alí mesmo unha igrexa que, ao camiñar do tempo, foi convertida na igrexa parroquial de Cespón, onde aínda hoxe reina rodeada de devotos.(Boiro- Cespón)

Recollida por Manuel Quintáns Suárez

Ergueuse a muller, con grande sorpresa propia, e desde aquel mesmo día andou sen dificultade, sen volver a sufrir máis.E, para demostrar aos ollos dos que non crean, consérvase aínda as muletas na igrexa de Cespón, aínda que actualmente están gardadas polo cura na reitoral.(Boiro- Cespón)

Contan que, unha noite, apagóuselle a vela que sempre había prendida xunto á Virxe e esta faloulle á muller desta forma:- Érguete, Constanza, e vai prenderme a vela.A muller, repoñéndose do susto que lle produciu un fenómeno tan estraño, replicoulle:- Como vou erguerme, miña nai, se non podo?E contestoulle a Virxe:- Érguete, que xa poderás.

Recollida por Manuel Quintáns Suárez

Recollida por Manuel Quintáns Suárez

A GALIÑA CON OVOS DE OURO Na Pedra Ferreira de Corrubedo din que hai unha galiña encantada que pon ovos de ouro. Aparecía tódolos anos o día de San Xoán, pola mañá, antes de saír o sol. (Boiro)

A CIDADE ASOLAGADA NA LAGOA DE ARTES(Que é o que hai no fondo da lagoa de artes?)Hai unha lagoa en Artes, na que din que hai unha cidade afundida e que os seus habitantes viven no fondo desa vila. Dise tamén que, ade cando en cando, polas noites, óense tocar as campás. O pobo di que a campá da igrexa de Olveira encontrárona no fondo desa vila.(Boiro)

Recollida por Manuel Quintáns Suárez

A MEIGA (Existen as meigas? Que é o que fan?) Meu avó, por parte de miña nai, foi un navegante cun amor en cada porto. Indo unha vez nunha travesía atopouse cunha muller que adiviñaba o futuro. E a muller díxolle: - Xusto o día que ti cases has de atopar tres enterros polo camiño. A túa morte ha de ser de desgracia e non pasarás dos corenta anos. Meu avó non creu nada.

O CASTELO DE XUÑONo castelo de Xuño hai unha señorita moura, moi belida, que ten unha tendiña cunhas tesoiras de ouro. Contan que a xente que pasa por alí, cando non lle queren comprar nada, a señorita lles corta a lingua coas súas tesoiras.(Boiro)

Recollida por Manuel Quintáns Suárez

Pasaron os anos, e meu avó, que era da Pobra do Caramiñal, casou en Cabo de Cruz e cando ía para a voda, atopou un enterro na Ribeiriña, acordoulle a cousa da meiga que adiviñaba o futuro. Máis tarde atopou outro en Escarabote e outro en Rebordelo.Acordouse daquela muller e colleu medo. Meu avó morreu afogado indo a nadar de Cabo de Cruz ata a Pobra, aínda que gañara un trofeo, un mes e algo antes de cumprir os corenta anos.(Cabo de Cruz)

Meniña se ves a Boiromercarás unha empanadachupa os dedos que levaberberechos de Barraña.

Ás mozas do “Sanamaro”a todas lles cae o peloporque van lavar a caraá fontiña do Sequelo.Viva Boiro, Viva Boiroviva Boiro, viva ben“anque” digo viva Boiroa “Madanela” tamén.

Copla

Díxoche un home de mando, que de patrón ten a fama, “collede remos e picas, embarcade na chalana.” Mátalo, mátalo, mátalo. Yo no lo puedo matar, que dientes, que ojos tiene el animal. Botáronlle un “orcaperros”, trouxérona de remolque e vararon a balea, Cos zapatazos que daba, anegaba a Madanela.Mátalo, mátalo, mátalo. Yo no lo puedo matar, que dientes, que ojos tiene el animal. E dixo un home de Lomba, casado en Escarabote; “non lle toquedes ao peixe, que é meu o cachalote!” Mátalo, mátalo mátalo. Yo no lo puedo matar, que dientes, que ojos tiene el animal.

Era un catro de marzo, algo houbo de haber, en Boiro e Escarabote desgracias houbo de haber. Mátalo, mátalo, mátalo. Yo no lo puedo matar, que dientes, que ojos tiene el animal. Dicían os mariñeiros, “aí ven un barco de guerra.”E cando varou na praia viron que era unha balea. Mátalo, mátalo, mátalo. Yo no lo puedo matar, que dientes, que ojos tiene el animal.

MURGa DE ESCARABOTE

Trouxo un cesto de herba e tamén trouxo un cabestro e tanto quixo carga, hasta lle rompeu o cesto. Mátalo, mátalo mátalo. Yo no lo puedo matar, que dientes, que ojos tiene el animal. Comeron peixe sen conta, ela e o seu señor, alá pola media noite chamaron por un doutor. Mátalo, mátalo, mátalo. Yo no lo puedo matar, que dientes, que ojos tiene el animal. Saíu o tren de Lesón e foi pola carretera, alí embestiu nun burro que saíu de Aldea Vella, e díxolle o burro ao tren, aí quedas descarrilado, que eu sigo pa Palmeira e a miña ama cardo. Mátalo, mátalo, mátalo (...)

E dixo moito outro home; “tamén entendo de mar,por remolcar a balea, algo me ten que tocar.”Mátalo, mátalo, mátalo. Yo no lo puedo matar,que dientes, que ojos tiene el animal.Viñéronche de Cespón, de Boiro e Taragoña, para matar a balea todos traían legoñas.” Mátalo, mátalo, mátalo. Yo no lo puedo matar, que dientes, que ojos tiene el animal. Chegouche unha muller gorda, que vive alá en Sampaio, eu quero cincuenta quilos se mo dades polo rabo. Mátalo, mátalo, mátalo. Yo no lo puedo matar, que dientes, que ojos tiene el animal.

O claustro, alumnos, familias e usuarios do centro agradecemos a colaboración de cantas persoas fixeron posible este proxecto.

CEIP de Escarabote

GRAzAS!