Formación de usuarios
Inma Lorenzo
Created on September 30, 2021
More creations to inspire you
VISUAL COMMUNICATION AND STORYTELLING
Presentation
ENGLISH IRREGULAR VERBS
Presentation
GROWTH MINDSET
Presentation
BLENDED LEARNING
Presentation
INTRO INNOVATE
Presentation
SUMMER ZINE 2018
Presentation
INTERNATIONAL EVENTS
Presentation
Transcript
FORMACIÓN DE USUARIOS BIBLIOTECA
CEIP MANUEL SUEIRO
- Lectura e préstamo de libros a domicilio.
- Utilización de material de consulta.
- Impresión de traballos.
- Utilización de ordenador para facer traballos.
- Conexión a Internet.
- Zona multimedia para utilizar material informático: xogos educativos, enciclopedias multimedia, etc...
- Proxector. - Zona audiovisual, para visionar DVD e vídeos.
Que servizos ten a biblioteca?
Como xa sabedes, unha biblioteca é un lugar onde temos a nosa disposición moitos fondos de lectura de diferentes materias. Hai contos, novelas, cómics, libros de historia, de ciencias, dicionarios, atlas…
Os libros están clasificados por materias seguindo a CDU (Clasificación Decimal Universal). Cada número e cor corresponde a unha temática.En cada andel hai un cartel que indica o número da CDU dos libros que contén.
- Cada libro leva unha etiqueta no lombo que contén unha información :
- O número indica a CDU.
- As tres primeiras letras do apelido do autor escritas en maiúsculas.
- As tres primeiras letras do título escritas en minúsculas.
- 82N- narrativa.
- 82P- poesía.
- 82T- teatro.
- 82C- cómic.
- Ademáis se levan unha G (82N-G), quere dicir que están escritos en galego.
- Unha C (82N-C) quere dicir que están escritos en castelán.
- Unha I (82 N-I) quere dicir que están escritos en inglés.
Os libros de ficción pertencen ao grupo 82.
Os libros de ficción levan unha etiqueta rectangular de distintas cores que indica o nivel aproximado dos lectores
As obras están ordeadas alfabeticamente, polo apelido do autor, dentro de cada andel.
Tes a posibilidade de coller 1 libro en préstamo durante unha semana. Se non rematas a lectura durante este tempo, podes ampliar o prazo avisando aos mestres. Unha vez rematado, depositarás o libro na caixa de devolución.
- A biblioteca é para disfrutar lendo, escoitando, xogando… pero sempre respectando aos demais. Por iso, temos que estar en silencio ou falar moi amodiño para non molestar a outros usuarios.
- Debes coidar os libros e os materiais da biblioteca. Evita dobralos, manchalos ou enrugalos. Ti es responsable do libro que levas e, no caso de estragalo ou perdelo, deberás repoñelo.
- Se atopas un libro “enfermo” levao ao hospital dos libros.
- Non comas nen bebas. Só está permitido devorar libros cos ollos.
- Se ordeado: deixa todo onde o atopaches.
- Así é máis doado para todos.
NORMAS DA BIBLIOTECA
Formación de usuarios: actividades
actividades
actividades
actividades