Full screen

Share

Show pages

tema I
Empezar
O SABER FILOSÓFICO
Want to make interactive content? It’s easy in Genially!

Over 30 million people build interactive content in Genially.

Check out what others have designed:

Transcript

tema I

Empezar

O SABER FILOSÓFICO

3. Disciplinas da filosofía

4. As catro preguntas da filosofía

2. Saber mítico VS saber racional

1. O inicio da filosofía

ÍNDICE

Os primeiros filósofos foron tamén os primeiros científicos.

O inicio da filosofía

Arredor do ano 600 a.C. aparecen os primeiros filósofos en Xonia, unha colonia grega (na actual Turquía). Esta nova forma de pensar pretende dar unha explicación racional a certas cuestións que anteriormente só se respondían a través dos mitos.

o inicio da filosofía

-O saber racional é crítico con todos os saberes anteriores.-Non se da por verdadeira ningunha afirmación sen probas; todo coñecemento debe ser xustificado dunha forma ou doutra.-É un saber universal: trata de comprender como funciona a realidade no seu conxunto.

saber racional

-Os mitos son relatos, xeralmente referidos a deuses.-A través destas narracións explícanse certas cuestións: a orixe do mundo, as normas morais ou a natureza humana.-Os mitos transmítense de xeración en xeración, sen posibilidade de crítica.

saber mítico vs. saber racional

saber mítico

-Crítico con todos os saberes anteriores.-Saber universal: trata de explicar todos os aspectos da realidade-Racional: todas as afirmacións deben ser demostradas.-Método: argumentación e diálogo.

filosofía

-Crítico con todos os saberes anteriores.-Saber específico: trata de explicar aspectos particulares da realidade.-Racional: todas as afirmacións deben ser demostradas.-Método: observación, experimentación e matemática.

saber racional:Diferenzas entre ciencia e filosofía

ciencia

Ao longo da súa historia, a filosofía tivo dous obxectivos principais:1º Coñecer a realidade (obxectivo teórico):Os primeiros filósofos trataron de explicar a realidade a través da razón, explicando a estructura do universo.Para elo. servíronse da experiencia, da razón e da linguaxe.2º Vivir unha vida mellor (obxectivo práctico):Máis adiante, os filósofos comezaron a preocuparse por asuntos prácticos: a xustiza e a inxustiza, a relación entre o ser humano e o Estado ou a busca da felicidade foron algúns dos temas dos que se ocuparon.

saber filosófico

obxectivos da filosofía

-Ética-Filosofía política-Estética

A filosofía divídese en varias disciplinas ou campos de estudo. Os máis importantes son:USO TEÓRICO USO PRÁCTICO-Lóxica-Teoría do coñecemento (gnoseoloxía)-Metafísica-Antropoloxía

saber filosófico

disciplinas filosóficas

Immanuel Kant1724 - 1804

Aas catro preguntas da filosofía según Kant:1.- Que podo coñecer?2.- Que debo facer?3.- Que podo esperar?4.- Que é o ser humano?

Un tipo malo, pero malo de verdad, está jugando a la ruleta rusa con un revólver de seis tiros. Pone una bala, hace girar la recámara y te dispara, pero no sale ninguna bala. Te da a elegir si debe volver a girar la recámara antes de disparar por segunda vez. ¿Debe girar de nuevo? Piénsalo bien...

PROBLEMAS DE LÓXICA

Tienes un cajón con 10 calcetines negros y 10 blancos. Cierras los ojos y sacas tres calcetines. ¿Tienes un par de calcetines iguales? A. Sí. B. No. C. No se puede determinar.

PROBLEMAS DE LÓXICA

teoría do coñecemento

teoría do coñecemento

TEXTO 1: ARISTÓTELESDaquela, se as virtudes son voluntarias (porque todos nós somos resposables dos nosos hábitos, polo menos en parte) tamén os vicios serán voluntarios; pois prodúcense dunha maneira semellante, a partir dos hábitos que imos adquirindo...

1) Le os seguintes fragmentos e di a que disciplina filosófica pertencen. Indica que partes do texto che serviron de pista.

ACTIVIDADES

TEXTO 2: TOMÉ DE AQUINO A existencia de Deus pode ser probada de cinco maneiras distintas. A primeira e máis clara é a que se deduce do movemento. Tal e como perciben os sentidos, neste mundo hai movemento. E todo o que se move é movido por outro. Pero este procedemento non se pode repetir indefinidamente (...) por tanto, é necesario chegar a aquel primeiro "motor" ao que ninguén move. A este motor, referímonos co nome de "Deus".

ACTIVIDADES

TEXTO 3: KARL MARXToda a historia da sociedade humana, ata hoxe, é unha historia de loitas de clases. Libres e escravos, mestres e oficiais; nunha palabra, opresores e oprimidos, fronte a fronte sempre, empeñados nunha loita ininterrompida, velada unhas veces, e outras franca e aberta, nunha loita que conduce en cada etapa á transformación revolucionaria de todo o réxime social ou ao exterminio de ambas as clases belixerantes.

ACTIVIDADES

TEXTO 4: RENÉ DESCARTESTodo o que ata o presente tiven como o máis verdadeiro e seguro aprendino dos sentidos ou polos sentidos: agora ben, ás veces experimentei que eses sentidos eran enganosos, e é prudente non fiarse nunca por completo de quen nos engane unha vez.

ACTIVIDADES

TEXTO 5: FRIEDRICH NIETZSCHERepugna á hipocresía dos mansos animais domésticos (quero dicir, dos homes modernos, quero dicir, de nós) o admitir que a crueldade constitúe a gran alegría festiva da humanidade máis antiga; o imaxinarse que a súa imperiosa necesidade de crueldade preséntase como algo moi inxenuo, moi inocente, e que aquela humanidade primitiva establece por principio que precisamente a "maldade desinteresada" é unha propiedade normal do ser humano.

ACTIVIDADES

a) Que relación existe entre os nosos pensamentos e o noso cerebro?b) Cres que sería posible demostrar a existencia de Deus?c) Hai algún criterio obxectivo para valorar unha obra de arte?d) Por que debo dicir a verdade?e) Sería posible un país sen policía nin exército?f) Por que hai "ser", e non máis ben a nada?

2) A que disciplina da filosofía pertencen estas preguntas?

ACTIVIDADES

Next page

genially options