Divino Maestro Santiago Protocolo Covid 2021-22
oscarpollan
Created on September 9, 2021
More creations to inspire you
BASIL RESTAURANT PRESENTATION
Presentation
AC/DC
Presentation
THE MESOZOIC ERA
Presentation
ALL THE THINGS
Presentation
ASTL
Presentation
ENGLISH IRREGULAR VERBS
Presentation
VISUAL COMMUNICATION AND STORYTELLING
Presentation
Transcript
covid@divinomaestrofesantiago.com
(Santiago de Compostela)
Protocolocovid 2021-22
CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO
EDUCACIÓN EN SAÚDE
CARTELERÍA
ANEXOS
DESPRAZAMENTOS POLO CENTRO
ENFERMIDADE
ÚTILES OU ELEMENTOS DE USO COMÚN E INDIVIDUAL
RECREO
ASEOS ALUMnado
USOS DOuTROS ESPAZOS
USO DE AULAS.GRUPOS DE CONVIVENCIA PERMANENTE
HIXIENE RESPIRATORIA
HIXIENE DE MANS
DISTANCIA SOCIAL. USO DE MÁSCARAS
PROTOCOLO DE ENTRADAS E SAÍDAS
INFORMACIÓN SOBRE MEDIDAS BÁSICAS XERAIS
ÍNDICE
INFORMACIÓN SOBRE MEDIDAS BÁSICAS XERAIS
1º.- Hixiene frecuente das mans, xa que é a principal medida de prevención e control da infección.
2º.- Hixiene respiratoria: • Cubrir o nariz e a boca cun pano ao tusir e espirrar, e desbotalo nunha papeleira con bolsa interior. Se non se dispón de pano, utiliza o cóbado para non contaminar as mans. • Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
3º.- Manter un distanciamiento físico mínimo de 1,5 metros e aínda que se poida garantir ese distanciamento emprega as medidas de protección adecuadas. Esta medida é importante mantela con toda persoa que non conviva con nós.Tamén no caso de que esteamos vacinados como o alumnado da ESO.
4º.- Uso de máscara obrigatorio para todo o alumnado do colexio, empezando polo alumnado de infantil, seguindo polo da Educación Primaria e o da ESO.Só se posirá retirar no intre do recreo para comer e beber e mantendo a distancia cos demais.Estará exento do uso das mascarillas o alumnado que aporte un certificado médico xustificando o non poder utilizala e a razón correspondente.
Polo noso ben!
5º.VentilaciónA ventilación das aulas e instalacións é IMPRESCINDIBLE e se fará de maneira exhaustiva varias veces na xornada. Tendo en conta que vén o frío, é importante vir á escola moi ben abrigado con varias capas de roupa para poder poñer e quitar.
Qué fago nestes casos?
-Chamo ao teléfono 981522289 e contacto coa directora xeneral (Elena Millán) ou co director pedagóxico (Sindo Alonso) para comunicarlle a incidencia ao centro educativo ou mandar un mail a:covid@divinomaestrofesantiago.com-Chamo ao meu centro de Saúde de referencia para comunicarllo ao meu médico de familia ou pediatra .
6º.- Cando teño que quedarme na casa?- Se estou illado.-Se estou en corentena.-Se teño síntomas coherentes coa COVID 19.
- Premer na imaxe para vela ampliada.
- Fonte: Universidade de Oxford e Instituto de Tecnoloxía de Masachusetts
7º.- TÁBOA DE RISCO DE CONTACTO COVID -19
Máis consellos
8º.- En xeral ...
PROTOCOLO DE ENTRADAS E SAÍDAS
Habilitaranse dúas entradas e saídas no centro.
Esta entrada será a utilizada para 1º e 3º de ESO, 1º,2º e 3º cursos de educación primaria. Cada curso encamiñarase ata a súa fila de entrada respectando os sinais. Importante respectar escrupulosamente o horario de entrada.
ENTRADA EMILIO PARDO BAZÁN
Esta entrada será a utilizada para 2º e 4º de ESO , educación infantil e 4º, 5º e 6º de E. primaria tendo en conta o seu horario de entrada.
Porta PRINCIPAL
Entrada fronte á pista polideportiva
1º, 2º, 3º e 4º de ESO, 4º, 5º e 6º de E. Primaria colocarase na súa ringleira respectando as distancias e entrará na hora asignada a cada curso canda a un profesor/a.
ONDE FACEMOS A FILA PARA ENTRAR NO COLE?
Entrada de Emilio Pardo Bazán
O alumnado de 1º, 2º e 3º de E.PRIMARIA entrará directamente á súa aula . e colocaranse na súa ringleira diante da porta da súa aula, respectando as distancias e entrará na hora asignada a cada curso canda a un profesor/a.
ONDE FACEMOS A FILA PARA ENTRAR NO COLE?
8:55
O alumnado de E. INFANTIL entrará pola verxa principal do colexio e colocarase na súa ringleira, en compañía dun adulto respectando as distancias e entrará na hora asignada a cada curso canda a un profesor/a.
ONDE FACEMOS A FILA PARA ENTRAR NO COLE?
PLANO 2
PLANO 1
Horarios de entradas e saídas as tardes dos martes1º ESO: 16:10/18:002º ESO: 16:10/18:003º ESO: 16:00/17:504º ESO: 16:00/17:50
Imprescindible a puntualidade
9:00
Horarios de entradas e saídas:1º ESO: 8:20/14:052º ESO: 8:20/14:053º ESO: 8:10/13:554º ESO: 8:10/13:55
ENTRADAS E SAÍDAS NO CENTRO NA ESO
PLANO
Imprescindible a puntualidade
13:55
Horarios de entradas e saídas:1º Primaria 9:00/14:002º Primaria 8:55/13:553º Primaria 8:50/13:504º Primaria 9:00/14:005º Primaria 8:55/13:556º Primaria 8:50/13:50
ENTRADAS E SAÍDAS NO CENTRO E. PRIMARIA
PLANO
Documento con TODOS os horarios de entrada -saída do noso centro
Imprescindible a puntualidade
Horarios de entradas e saídas:3 Anos: 9:15/13:304 Anos: 9:10 /13:405 Anos: 9:05/ 13:50
14:00
ENTRADAS E SAÍDAS NO CENTRO E. INFANTIL
DISTANCIA SOCIAL. USO DE MÁSCARAS.
Dentro dos GRUPOS DE CONVIVENCIA o alumnado poderá xogar e socializar entre sí sen ter que garantir a distancia de seguridade nas zonas delimitadas.
sé un hERoe o unha heroína. cumpRe as normas e aXudarás a salvar vidas.
Non relacionarse co alumnado doutros grupos do centro, mantendo un DISTANCIAMENTO FÍSICO de 1'5 m.
DISTANCIA SOCIAL
No caso de que AS mÁscaras teñan que descartarse , terá que facerse nas papeleiras con pedal habilitadas para elo nas aulas
CANDO AS mÁscaras NON SE USEN DEBERÁN GARDARSE en ESTOXOS, bolsas de tela o papel transpirable identificadas co sEu nome e dobrados coa parte interior cara adentro.
O alumnado usará mÁscaras hiXIénicas NO acceso E saÍda dO centro, nos despRazamentos poLO mEsmo, en espazos ó aire libre E en cALQUERA espaZo cerrado de uso común.
Uso de mÁScara obRIGatorio para todo O alumnado dO COLEXIO.
USO DE MÁSCARAS
VER ERROS
COmo uSar a mÁscara de forma segura?
HIXIENE DE MANS
Recorda que o lavado frecuente de mans é imprescindible para evitar os contaxios.
LÁVATE AS MANS!
COmo debo lavarme as maNs?
Despois de xogar no chan, area, céspede ou noutras superficies que poidan estar sucias.
Antes e despois de xogar con xoguetes ou tocar obxectos compartidos con otros nenos/as.
Antes e despois de tocarse a cara.
Despois de sonarse o nariz, tusir ou esbirrar sobre as mans.
Antes e despois de comer
Cando se visite o aseo antes e despois de usalo. É imprescindible pechar a tapa antes de tirar da cadea.
Antes de saÍr ao patio para o recreo e ao regresar do mesmo
En cada entrada ou saída de clase
Ao entrar e saír do centro educativo
CAndo debo desinfectar as mans?
HIXIENE RESPIRATORIA
Deberanse cubrir a boca e o nariz o tusir ou esbirrar, usando panos desbotables que se eliminarán nun cubo de tapa-pedal. Se non se dispón de pano, poderase empregar a parte interna do cóbado para non contaminar as mans e evitar posibles contaxios.
COIDADO CANDO TUSAS OU ESBIRRES!
USO DE AULAS. GRUPOS DE CONVIVENCIA PERMANENTE
- O alumnado gardará o seu material no seu pupitre de xeito diferenciado para evitar o contacto co resto dos/as compañeiros/as. - É importante que o alumnado só traia o material necesario para ese día seguindo o horario.- Resulta recomendable que cada alumno/a teña o seu material gardado en contedores propios como estoxos ou semellantes , e na medida do posible todo rotulado co seu nome. - A roupa colocarase do xeito mais individualizado posible. - A ventilación será constante ao longo da xornada escolar sendo esta de polo menos 15 minutos á entrada, durante o recreo e a saída.
NA NOSA AULA
- Cando se use material susceptible de ser compartido lembraráselle ao alumnado a necesidade e importancia da hixiene de mans antes e despois de usar o material.- En cada aula haberá un contedor con apertura de pé para os resíduos orgánicos especificamente no que deberán descartar panos de papel, máscaras... -Evitarase o desprazamento do alumnado da aula aínda que si se permitirá levantarse para realizar pequenos estiramentos ou exercicios posturais que non impliquen moverse do posto escolar.- A hixiene é fundamental nesta situación, non só corporal senón tamén no vestiario, evitando repetir o uniforme en días consecutivos.- Haberá que seguir as indicacións específicas de cada titor na súa aula noutros asuntos referidos á hixiene.
NA NOSA AULA
GRUPOS DE CONVIVENCIA PERMANENTE
6º
6º
O alumnado do grupo (correspondentes a cada curso escolar) relacionarase entre sí de modo estable, poidendo socializar e xogar entre eles, procurando garantir a distancia de seguridade.
2º
2º
GRUPOS DE CONVIVENCIA PERMANENTE
Cada grupo de convivencia non se relacionará cos outros grupos do centro, e cando isto suceda terán que cumprirse as medidas de seguridade.
2º
1º
2º
1º
4º
3º
Nos cursos de Educación infantil formaranse grupos cooperativos de 4 ou 5 alumnos/as que traballarán independentemente dos outros e procurarase non cambiar.Estes constituiranse como subdivisións dos grupos estables de convivencia para mellorar a trazabilidade dos contactos. O grupos traballarán cun distanciamento físico de 1,5 metros respecto dos restantes grupos.Prevese que antes de ir lavarse ás mans ou nas situacións nas que os alumnos precisen empregar o aseo vaian en tandadas. Por exemplo: despois de tomar a merenda, o equipo 1 realizará a espera da súa quenda en liña na entrada ao aseo, cando todos os dese equipo rematen irá o seguinte, e así sucesivamente.
EDUCACIÓN INFANTIL
GRUPOS DE CONVIVENCIA PERMANENTE
En canto ao uso do material da aula, procurarase establecer un sistema de cores que quede establecido para cada un dos equipos, procurando que eses materiais se rotan sexa dun xeito sistematizado. Por outra banda, tal e como aconsella a consellería, procurarase que os xogos teñan o menor múmero de pezas posible.Cando sexa material funxible establecerase tamén de xeito que dea tempo á profesora a realizar a desinfección pertinente tralo seu uso. E
EDUCACIÓN INFANTIL
GRUPOS DE CONVIVENCIA PERMANENTE
Realizaranse as merendas por equipos, estimarase un tempo de 30 minutos para realización da mesma, tendo en conta o previo lavado de mans e o posterior que será a maiores.No recreo empregaranse diferentes xogos, procurando que estes sexan do menor número de pezas posible, os cales serán específicos para cada un dos equipos, procurando rotar estes xogos o mínimo posible. Poderá utilizarse o aereiro no patio así como as casiñas e columpios só por equipos colaborativos. E
EDUCACIÓN INFANTIL
GRUPOS DE CONVIVENCIA PERMANENTE
Son os que se desprazan polas diferentes aulas.
Permanececen na súa aula.
USO DE AULAS
Os grupos de convivencia utilizarán a súa aula de referencia para realizar a súa actividade lectiva, sendo os docentes os que se despracen polo centro. Nos tiempos de recreo NON se relacionarán con outros grupos.
- De maneira individual.
- En EP, estarán separados coa maior distancia de seguridade que permita o recinto, Na ESO a distancia será de 1,5 metros entre alumno/a. Utilizarán mamparas por non cumprir esa distancia.
- Será asignado un pupitre e cadeira para cada un dos alumnos/as que estarán indentificados o cal utilizarán durante toda a xornada escolar sen que se produzan cambios de sitio.
- Limitaranse ao máximo os desprazamientos na aula, Só se realizarán os que sexan estrictamente necesarios.
- Ó finalizar a xornada escolar, os pupitres quedarán recollidos para facilitar a limpeza dos mesmos.
Distribución do alumnado
USO DE AULAS
USO DOUTROS ESPAZOS
Os fluxos de circulación no edificio realizaranse polas zonas habilitadas para elo. En todos os andares atoparemos sinalizacións nas escaleiras, os corredores e paredes que especifiquen por que lugar hai que circular e recorden que é necesario gardar a distancia de seguridade.
DESPRAZAMENTOS POLO CENTRO
Tanto para acudir como voltar do RECREO, cada un dos grupos de convivencia desprazarase en fila, gardando a distancia de seguridade, acompañados polo profesorado que lles corresponda.
O alumnado nunca se desprazará só polo centro, agás para ir ao baño. Para o resto de desprazamentos sempre deberá ir acompañado dun mestre/a.
Marcas de colocación material
Porta de saída
Porta de entrada
PAVILLÓN POLIDEPORTIVO I
No pavillón polideportivo entrarase sempre pola verxa principal e sairase pola porta lateral que dá ao patio exterior pequeno.A ventilación será exhaustiva no desenvolvemento das sesións.Haberá sitios numerados para que cada alumno/a deixe o seu material separadamente do dos demais
PAVILLÓN POLIDEPORTIVO II
MOI IMPORTANTE:- Respectar sempre as zonas acotadas para o traballo.- A máscara é obrigatoria en todo momento.-Realizar unha boa hixiene de mans antes, durante e despois das actividades.-Respectar, escrupulosamente, o aforo dos vestiarios e aseos.
Nas zonas de recreo, o alumnado poderá moverse de maneira libre pola zona asignada a dito grupo, non podendo abandoala e tendo sempre en conta as medidas de seguridade para evitar contaxios.
Terá lugar no comedor. A separación será mínima de 1,5 metros no caso de alumnado de diferentes cursos. A persoa titora ou mestre será o encargado de buscar ao alumnado e acompañalo ata a súa fila para xuntarse cos compañeiros ou metelos na aula. A entrada para acudir a matinal, realizarase pola rúa Blanco Nájera (a porta principal do colexio).
AULA MATINAL 07:30 AM
Estableceranse varias quendas dependendo do número anotado de alumnado.1ª quenda: 13:30 educación infantildesinfección: 14:00/14:152ª quenda: 14:15 educación primariadesinfección: 14:45/15:003ª quenda: 15:00 Eso e primariadesinfección a partir das 15:30As mesas estarán numeradas e sempre serán as mesmas para cada alumno/a.O alumnado estará separado por 1,5 metros de distancia sentados en oblicuo e sempre que non estean encarados. O alumnado de infantil, que conforme grupos colaborativos ou grupos estables de convivencia estarán sentados xuntos.
COMEDOR I
A limpeza será esencial e prestarase especial atención á desinfeccción anterior e posterior das instalacións e os materiais. A empresa de cátering empregará as medidas adecuadas á actividade que desenvolve. Empregaranse as aulas de PT e AL, o pavillón, e os patios exteriores para que o alumnado das diferentes quendas estean separados coa distancia de seguridade adecuada
En E. Primaria o alumnado pode comer agrupado sen respectar a distancia anterior separando os grupos por 1,5 m. un do outro pero non na ESO.Deberán traer un portamáscaras de colgar ou unha riñoneira para gardar a máscara á hora de comer.A recollida será entre as 15:00 e as 16:00 horas
COMEDOR II
Esta aula será utilizada por 4º da ESO no seu desdoble
AULA DE MÚSICA
No caso de utilizar a frauta ou outro instrumento de vento, e mesmo nos exercicios de canto, a distancia mínima interpersoal elevarase a 3 metros (sendo isto igualmente válido para todas as materias e todas as etapas no referido ao canto).
Utilizarase como aula de música en determinadas clases. Evitarase compartir instrumentos comúns e, cando se faga, desinfectaranse sempre despois do seu uso.
Esta aula será utilizada por 4º da ESO no seu desdobre
O alumnado hixienizará as mans á entrada e saída da aula. O uso das ferramentas e dos equipos de traballo planificarase de xeito que a realización da práctica supoña a mínima manipulación posible. Deberán ser hixienizadas despois de cada actividade.
AULA DE TECNOLOXÍA
Usarase tamén como aula ordinaria en diferentes materias optativas de ESO.
Utilizarase de acordo ao calendario establecido, se ben a duración das sesións acurtarase 5 minutos ao comezo e ao remate, para permitir a ventilación. Despois de cada clase, cada usuario, guiado polo profesor, procederá á desinfección do posto escolar cun desinfectante de superficie, limpándose monitor, teclado mesa e cadeira. Empregaranse panos desbotables que se depositarán no contedor pechado dispoñible.
AULA DE INFORMÁTICA
O alumnado debe hixienizar as mans antes e despois da estancia na sala. O equipo de biblioteca sinalizará nas mesas e outros postos de traballo aqueles que poden ser utilizados de xeito que se manteña a distancia de seguridade e se optimicen os postos dispoñibles. Ao rematar, os/as usuarios/as da biblioteca hixienizarán os postos que teñan ocupado.
A biblioteca poderá ser usada até o 50 % do seu aforo. Excepcionalmente, se fose posible polo tamaño da mesma, o equipo directivo pode ampliar ou reducir o aforo sempre que se cumpran as condicións de seguridade axeitadas e a distancia do alumnado.A persoa responsable da biblioteca, xunto coa dirección, establecerá un protocolo de acceso á biblioteca, se fose posible mediante petición previa.
BIBLIOTECA
O préstamo de libros ou outro material, realizarase de xeito habitual aínda que o devolto deberá permanecer en caixas identificativas e illadas como mínimo catro días antes de volver aos andeis. Evitarase o uso de xogos de mesa e materiais semellantes cando implique un uso compartido mentres dure a situación excepcional. Aplícanse na biblioteca as restantes normas de uso e funcionamento das aulas ordinarias.
BIBLIOTECA
ASEOS alumnos/as
Utilizo os servizos de casa antes de acudir ao centro.
SE QUERO IR Ao BAÑO...
Vou só/soa xa que soamente pode ir un alumno/a ao servicio de maneira simultánea. Se está ocupado o baño debo esperar nos sinais correspondentes.
SE QUERO IR AO BAÑO...
Os baños que están sinalados cun sinal de prohibido vermello non están habilitados e non se poden utilizar.
Utilizo o baño que está habilitado
SE QUERO IR AO BAÑO...
Utilizo o baño que teño asignado, se está ocupado debo de esperar no sinal de STOP
SE QUERO IR AO BAÑO...
Desinfecto as mans antes de ir ao baño e lávome as mans correctamente ao rematar.Non olvides usar panos desbotables.
SE QUERO IR AO BAÑO...
Uso a cisterna ó rematar, sempre coa tapa do inodoro pechada.
SE QUERO IR AO BAÑO...
RECREOS
COMO SERÁ O RECREO?
No periodo establecido para o recreo, cada un dos grupos de convivencia desprazarase co profesorado á zona que teña asignada cada día para o periodo de descanso. Nesa zona poderá moverse de maneira libre, tendo sempre en conta as medidas de seguridade para evitar contaxios.
Zona 4
Zona 5
Zona 6
COMO SERÁ O RECREO?
- É OBRIGATORIO o uso de máscara nos tempos de espera, filas e desprazamientos ás zonas de recreos.
- É OBRIGATORIO tamén durante os recreos aínda que cada grupo de convivencia teña asignada unha zona e non se relacionen co resto do alumnado do centro.
Antes do recreo farán a media mañá nas aulas e despois sairán ao patio exterior.Dividirase o patio en 3 zonas para que teñan o recreo á mesma hora.O outro grupo terá o recreo na franxa horaria anterior.En caso de choiva cada grupo permanecerá na súa aula. Horarios: E. Infantil 3 anos: 11:30 /12:00 E. Infantil 4 anos: 11:30 /12:00 E. Infantil 5 anos: 11:30 / 1200
RECREO DE EDUCACIÓN INFANTIL
Info
O recreo será no patio exterior que da á saída de Conxo. Estará dividido en dúas partes e cada grupo permanecerá na súa zona sen abandoalaA media mañá terá lugar nesa zona e coa distancia de seguridade axeitada.En caso de choiva cada curso permanecerá na súa aula.O mestre/a establecerá as medidas hixiénicas adecuadas en cada momento do recreo.
1º E 2º CURSO 11:30-12:00
RECREO DE E.PRIMARIA
O recreo destes grupos terá lugar na pista polideportiva exterior que estará dividida en 4 zonas de igual tamaño. Se o pavillón polideportivo está libre un deses grupos poderá realizalo nesta instalación sendo esta medida de carácter rotatorio.En caso de choiva empregarase o patio interior, o pavillón, os soportais da entrada principal e os soportais a carón da pista exterior.A media mañá terá lugar nesa zona e coa distancia de seguridade axeitada.O mestre establecerá as medidas hixiénicas adecuadas en cada momento do recreo.
3º, 4º,5º e 6º 11:30-12:00
RECREO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Estableceranse turnos rotatorios semanais dentro de varios escenarios:1. Pavillón polideportivo.2. Pista exterior.3. Patio exterior que dá á saída de Conxo.4. Patio interior e biblioteca (respectando o seu aforo).En caso de choiva os sitios cambian e quedaría do seguinte modo.1. Pavillón polideportivo.2. Soportais a carón da pista exterior.3. Soportais da saída principal.4. Patio interior e biblioteca (respectando o seu aforo).O almorzo terá lugar na zona asignada a cada grupo respectando as distancias.
o recreo na eso 11:05-11:25
ÚTILES OU ELEMENTOS DE USO COMÚN E INDIVIDUAL
María
María
No presente curso todo o material que teña que utilizar o alumnado será de uso individual e se identificará co seu nome. Será gardado polo alumnado nun lugar no que só sexa manipulado polos mesmos.
As pertenzas de uso persoal do alumnado de primaria non deben compartirse, polo que cada alumno/a traerá ao centro o seu propio material e o deixará na súa mochila ou estoxo.
O material persoal de cada un/unha non se poderá deixar no centro cando finalice a xornada escolar.
O material propio da aula, poderá ser compartido pero realizada a previa e posterior desinfección de mans.
Os materiais comúns da aula, tales como proxectores, pizarras, PDI, ordenadores, teclados, portas, fiestras, luces… só serán manipulados polo profesorado.
Con respecto aos libros da biblioteca de aula, se asignará un libro a cada alumno/a e cando termine dita lectura se desinfectará e se manterá aillado tres días antes de asignarllo a outro compañeiro/a.
Primaria
5º
Primaria
6º
Os PORTÁTILES asignados a 5º e 6º de primaria e 1º ESO serán de uso exclusivo para este alumnado, utilizaranse de maneira individual. Será o profesorado o encargado da entrega de ditos recursos e o alumnado da desinfección correcta dos mesmos.
ENFERMIDADE
Se nos sentimos mal antes de ir á escola debemos informar aos nosos familiares.
PINCHAR NA IMAXE PARA VELA AMPLIADA
Se nos sentimos mal no cole debemos informar aos nosos mestres/as.
1. A limpeza aseos nas estancias de EI, EP e ESO e polideportivo terá lugar 2 veces ao día.2. Limparanse as zonas de uso común e superficies de contacto frecuentes como pomos das portas, mesas, mobles, pasamáns, teléfonos, perchas, e outros elementos de similares características así como de billas elementos das cisternas e outros dos aseos.3. Durante a xornada lectiva o persoal do servizo de limpeza realizará unha limpeza de superficies de uso frecuente.
Limpeza no centro
Principais aspectos
Garantiráselle ao persoal de limpeza o uso de luvas de protección e máscaras ademais dos diferentes materiais precisos para a realización das tarefas de limpeza como poden ser recipientes ríxidos e diferentes utensilios empregados para a limpeza como poden ser vasoiras, fregonas, cubos, recolledores, etc.Utilizaranse desinfectantes como dilucións de lixivia (1:50) recen preparada ou calquera dos desinfectantes con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade. No uso destes produtos sempre se respectarán as indicacións da etiquetaxe.
Material e proteccións para a realización das tarefas de limpeza
Ver
Ver
Enquisa de autoavaliación clínica Covid 19 para o alumnado
Ver
Enquisa de autoavaliación clínica Covid 19 para mestres e PAS
Declaración responsabilidade das familias
FORMACIÓN E EDUCACIÓN EN SAÚDE
5. Realizar actividades de relaxación, a través do ioga, mindfullness e diferentes técnicas que se poidan incorporar á vida cotiá do noso alumnado, xa que estas actividades poderán realizarse de pé, sentados en distintos momentos ao longo do día.6. Alimentación7. A importancia da vacinación, concienciación sobre ela.
1. Coñecemento e desmitificación da enfermidade (ata o que nos sexa posible, dado que aínda é bastante descoñecida).2. Realizar actividades do fomento da hixiene a través de diferentes dinámicas e xogos como por exemplo as que aparecen no seguinte enlace: 3. Realizar actividades de hixiene respiratoria: 4. Realizar actividades de hixiene vogal:
Vertente sanitaria
1. Deberemos traballar as emocións, sobre todo ao inicio do curso xa que hai moito alumnado que ven de estar nun entorno seguro e moi reducido, este pode realizarse a través de contacontos, visionado de películas, realización de debuxos e manualidades. 2. Estableceremos foros e debates nos que o alumnado aproveitará para esclarecer nalgúns casos dúbidas.3. Traballaranse diferentes conceptos como as “noticias falsas” e a súa perigosidade. Analizarase como, por que e para que se emiten e as súas consecuencias.
Vertente emocional
Pass covid
Ver
Informacións do goberno
Webs de interese
Correo electrónico Covid
Web do colexio
Ver
Ver
Ver
Ver
Ver
Pictogramas Covid
Ver
Resumo protocolo Covid
13
Recursos sobre COVID-19 para padres de familia y niños
12
Conversaciones científicas de la OMS
11
Correo electrónico Covid
Info sobre vacunas
Ver
Ver
Ver
Ver
Ver
Sanos en casa: consejos
10
Ver
Preguntas y respuestas sobre coronavirus (COVID-19)
17
Correo electrónico Covid
Tarjetas para redes sociales: Adolescentes y COVID-19
Ver
Ver
Ver
Postales de redes sociales: Sé amable (COVID-19)
15
16
Ver
COVID-19 y la protección de la salud mental de los trabajadores de la salud
14
Pulsar na imaxe para entrar na web
WEB DA XUNTA CON INFO DE CORONAVIRUS
Pulsar na imaxe para entrar nas informacións
INFORMACIÓNS VARIAS ACTUALIZADAS EN SETEMBRO 2021
Pulsar na imaxe para entrar na web
WEB DO MINISTERIO DE SANIDADE CON INFO DE CORONAVIRUS
Isto é cousa de TODOS E TODAS
MOITO ÁNIMO, VENCEREMOS!