Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

CURSO 20/21

PDI: CARRAL SOSTIBLE, 9 MESES, 9 CAUSAS.

CEIP VICENTE OTERO VALCÁRCEL

Índice

1. Xustificación.

2. Presentación.

3. Retos mensuais.

4. Música nos timbres.

5. Produtos finais das aulas.

6. Obradoiros.

7. Imaxes da exposición final.

1. Xustificación

O tema central deste proxecto foi aprobado en claustro en xuño de 2020, acordamos tratar o tema do medio ambiente tendo en conta as condicións sanitarias dese momento. Foron meses de medos e de grandes incertidumes pero ao final conseguímolo. Para levalo a cabo contamos coa colaboración dos equipos do centro, de todo o profesorado, do Concello, das familias, e sobre todo, do alumnado que se esforzou como nunca para que todo saíra ben.

So nos queda dicir PARABÉNS e GRAZAS!

2. presentación.

Comezamos coa presentación do proxecto no mes de outubro, cada mes un reto diferente relacionado cos ODS, as celebracións do calendario escolar e, como non, o coidado do medio ambiente.

+ Info

OUT UBRO

2020

NOVEMBRO

2020

DECEMBRO

2020

A principios de cada mes dende a biblio e de forma virtual propuxemos ás aulas un reto e un produto final relacionado coa literatura en xeral, a creatividade, a escrita de diferentes textos, a búsqueda de información, os ODS... Picando nos enlaces da liña do tempo superior podedes ver os recursos que se enviaron e o resultado finaL.

3. RETOS MENSUAIS

9 MESES, 9 CAUSAS

XAN EIRO

2021

FEBREIRO

2021

MARZO

2021

FICHAS DESCRIPTIVAS DE ANIMAIS E PLANTAS DA CONTORNA.

MAIO

2021

XUÑO

2021

+ VÍDEO RESUMO

DECÁLOGO

MURO VIRTUAL

ENTREVISTAS FAMILIAS

BIBLIOGRAFÍA

VÍDEO DAS TAREFAS DOS CONTOS

POSTAIS

ADORNOS

GUÍA NADAL

MAPA INTERACTIVO: XEOGRAFÍAS LECTORAS

RECOMENDACIÓNS

LIBRO BIOGRAFÍAS MULLERES

INFANTIL

MÚSICA

BIBLIOGRAFÍA

ABRIL

2021

POEMAS

CARTEIS

CARTEIS E RECEITAS

EXPOSICIÓN FINAL NO LOCAL INTERXERACIONAL

GUÍA VERÁN

RETO DE OUTUBRO: RECREOS RESIDUOS 0

DÍA DA PAZ: "POEMAS E NON PROBLEMAS" Actividade baseada no libro "Bicos e non balas" de Antonio García Teijeiro. Picar AQUÍ para ver a proposta.


CONSUMO RESPONSABLE


SOMOS AMIGOS DOS ANIMAIS E DAS PLANTAS


DESCARBONIZACIÓN


ECOLOXISTAS

CONTAMINACIÓN ACÚSTICA


ECOCOMEDORES


EXPOSICIÓN FINAL NO LOCAL INTERXERACIONAL.

Todo o cole en grupos burbulla e por quendas puidemos visitar a exposición final do proxecto, ademais estivo aberta ás familias polas tardes.

5. PRODUTOS FINAIS DAS AULAS

O alumnado de 1º A e B gravaron, para concienciar a toda a comunidade educativa esta cantiga que fala das tres R (reducir, reutilizar e reciclar) como colofón ao proxecto. Sonou por megafonía durante varios días. Son uns artistas!


A partir do libro "E que podo facer eu?" da Editorial OQO o alumnado de 2º A e B coa colaboración das familias elaborou usando a biblio este Stop Motion encadrado dentro do PLAN PROXECTA.

O tema elexido pola aula de 3º B foi o cambio climático e a influencia que ten nel consumir produtos fora de tempada. Así, os nenos e nenas en parellas recolleron información sobre cales eran os produtos agrícolas que se consumían en cada estación preguntando ás familias, elexiron un deles, elaboraron un guión e buscaron información recolléndoa en presentacións Impress (para velas picade AQUÍ). Ademais, a partir de material de refugallo elaboraron en grupo estes produtos (ver AQUÍ) e engadíronlles códigos QR para que foran interactivos. Paralelamente fixéronlle unha entrevista ao cociñeiro do centro que podedes escoitar AQUÍ, fixeron un experimento usando o sensor do MBot da temperatura para demostrar o efecto invernadoiro e puxeron en común a información recollida NESTE VÍDEO que mostra as causas e consecuencias do cambio climático.

Na aula de 3º A buscaron información nos libros da biblio e a través da rede sobre diferentes animais importantes para o equilibrio do medio. En parellas elaboraron carteis informativos a partir de TEXTOS INSTRUTIVOS e papiroflexia e crearon con material de refugallo estes animais para a exposición. A través de códigos QR podíase acceder á información que recolleron (para escoitala picade AQUÍ).


O alumnado de 3º C fixo coa Reserva da Biosfera e Terras do Mandeo un taller de xabóns artesanais e esto foi o que nos ensinaron: como fixeron os seus xabóns e outras características das herbas aromáticas. Tamén elaboraron con papiroflexia a flor da lavanda que podedes ver AQUÍ.

As tres clases de 4º elaboraron un libro informativo con fichas descriptivas dos animais da contorna. Para velos máis polo miúdo podedes visitar o seu BLOG.

Velaquí o libro elaborado entre toda a clase que xa forma parte da Editorial Pingüi da biblioteca para circular en préstamos para todo o cole. Para facelo contaron coa axuda da mestra do programa ARCO.


Podedes visualizar o vídeo resumo do seu proxecto para saber moito máis de como elaboraron os produtos finais.

Velaquí as presentacións.

Hoteis de bichos e xoguetes de materiais de refugallo:





Moita tecnoloxía aplicada a un ben común no traballo de 6º A. Foron writers a través de Pixton, makers cos robots e gamers creando os seus propios xogos. Para saber máis picade AQUÍ. Tamén podedes ver as súas propias explicacións de como programar en Scratch os MBot ou unha placa Microbit para medir o son nos enlaces aos vídeos que se podían ler a través de códigos QR.



Dende a aula de 6º B puxéronse en marcha iniciativas para a separación de residuos. Escribiron instancias ao Concello para que nos colocaran colectores no colexio para reciclar ben como o de cartón e papel e montaron PATRULLAS ECO para encargarse destas tarefas. Ademais coidaron do horto escolar. O seu traballo final consistitu nunha presentación sobre a elaboración do compost.

O grupo de 6ºC elaborou infografías en Canva, historias en stop motion e bonecos con materiais de refugallo. Aquí podedes ver as súas historias e a presentación do proxecto final.



Na entrada colocamos os libros da biblio e o vídeo resumo dos retos mensuais.


Dende a clase de inglés o alumnado de 5º e 6º elaborou un abecedario ecolóxico, así ampliaron o seu vocabulario.


PAKOLAS

pablo díaz

maría FUMAcA

UXÍA LAMBONA

o viravai

mamacabra

4. PARALELAMENTE PUXEMOS MÚSICA EN GALEGO PARA CONCIENCIAR NOS TIMBRES DE ENTRADA E SAÍDA: unha maneira diferente de dar a coñecer os fondos.

CASIÑAS DE PAXAROS

OUTROS

XABÓNS

COCIÑA DA BIOSFERA

6. OBRADOIROS COA RESERVA DA BIOSFERA.

Patrocinado polo Concello de Carral e en colaboración co equipo de extraescolares e da biblio o alumnado do centro tivo charlas e obradoiros coa xente das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (Reserva da Biosfera.) Pódense ver máis imaxes picando nas fotos e AQUÍ accédese á programación completa.

PAPEL RECICLADO:

ESPECIES INVASORAS


HORTO:

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN DA NATUREZA CON SUSO CUBEIRO:


7. picade no enlace para ver as fotos da expo final. GRAZAS MIL!

Do 15 ao 22 de Xuño, a exposición estivo polas mañás aberta ás aulas e pola tarde ás familias no Local Interxeracional (Concello de Carral)