Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

RECLAMACIÓN ABAU 2021

prazo

Para os presentados en Xuño

18-22 Xuño ata as 14:00 horas

Para os presentados en Xullo

22-26 Xullo ata as 14:00 horas

P: Primeira revisión

Cualificación Provisional

S: Segunda revisión

( S + P ) = 2

T: Terceira revisión

( S + P + T ) = 3

procedemento

PODO VER O EXAME ?

Como fago a reclamación ?

+ Info

No prazo de tres días contados a partir da data de publicación das cualificacións, poderase solicitar revisión da cualificación nun ou varios exames.Neste caso os exercicios serán revisados e analízase se houbo algún erro material na corrección do exame (sumas mal calculadas ou preguntas sin corrixir). No caso de existir algún erro deste tipo modificarase a cualificación, tanto á alza como á baixa. A nova cualificación pasa a ser provisoria e asígnaselle unha “P”. En caso de non haber erros materiais a cualificación provisoria é a orixinal e asígnaselle tamén unha “P”.Posteriormente o exame pasa á segunda corrección.

Trala corrección anterior, no suposto de que existise unha diferenciamaior a dous puntos entre ambas cualificacións (P e S), un terceiro profesor/a especialista distinto dos anteriores fará unha terceira correción, indicada por “T”. Neste caso a cualificación definitiva será a media aritmética entre as tres cualificacións: P, S e T (P+S+T)/3.Todo este procedemento deberá efectuarse no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir do día en que remata o prazo para solicitar a revisión.

A continuación realízase unha segunda corrección por un corrector/a especialista distindo ó que realizou a primeira corrección. A esta segunda corrección asígnaselle a letra “S”.Se esta segunda corrección ten unha diferencia menor de dous puntos, a cualificación definitiva será a media aritmética entre S e P (S+P)/2.

O estudante ten dereito, previa solicitude, a ver os exames corrixidos na data e lugar que se lle indique, unha vez finalizado na súa totalidade o proceso de revisiónPara a consultas dos exames, dos que se presentaron en xullo, poderá facerse a solicitude entre o 24 e o 27 de xullo (ata as 14:00h.) presentando o formulario correspondente nun dos LERDs.A CIUG anunciará na súa páxina WEB, antes do día28 de Xullo, o lugar e horario indicado para poder executar este dereito.

A solicitude de revisión faise para cada exame a través da aplicación Nerta.Deberás gardar copia da túa solicitude en calidade de resgardo e xustificación de presentación desta.