Want to make creations as awesome as this one?

No description

More creations to inspire you

Transcript

É un cráter de 48,8 km de diámetroformado polo impacto dun meteorito na superficie venusiana.Presenta un pico central, unha parede de cráter, unha capa de execión e depósitos de saída de cráter.Forma parte dun grupo de tres cráteres.Orixe:O Cráter Danilova debe o seu nome a Maria Danilova (1793-1810), unha bailarina de ballet rusa de San Petesburgo. Empezou a bailar aos oito anos adestrada por Charles-Louis Didelot na Escola de Teatro de San Petesburgo. Danilova destacaba pola súa técnica impecable e elegancia, brillando desde nena nos escenarios profesionais. María morreu aos 17 anos de tuberculosis.

É un cráter que se atopa ao noroeste da cara visible da Lúa. Ten un tamaño cun diámetro de 56 km e unha profundidade de 2830 m. É un cráter de impacto porque foi formado polo choque dun meteorito na superficie lunar.ORIXE:Debe o seu nome a Annie Jump Cannon(1863-1941), astrónoma e física estadounidense que traballou nunha catalogación dos espectros das estrelas que foi fundamental para a clasificación estelar. Ela rexistrou e clasificou manualmente 300.000 corpos estelares.Traballou no Observatorio de Harvard e completou o Catálogo Henry Draper rexistrando e recopilando datos de estrelas xunto ao grupo das Computadoras de Harvard.

Trátase dun cráter lunar de 6,7 km de diámetro e 1,3 km de profundidade situado nun plano chamado Sinus Medii na parte inferior dereita da Lúa. Descubriuno Catherine Wolfe Bruce, unha recoñecida filántropa.ORIXE:Catherine Wolfe Bruce(Nova York, 1816-1900) foi una famosa patrocinadora de institucións astronómicas estadounidense, que realizou ao longo da súa vida gran cantidade de donacións a proxectos espaciais En 1898 creou e financiou a Medalla Bruce xunto á Astronomical Society of the Pacific. Ela quixo que este galardón tivese un carácter internacional, sen distinción do país e do sexo.Tamén donou a Biblioteca Libre George Bruce e financiou a observatorios de EEUU e Europa.

Leavitt é un cráter lunar da cara oculta da Lúa, de 66 kilometros de diámetro.Ten un aspecto moderadamente erosionado, con só alguns cráteres menores marcando o seu interior e o seu brocal.Ademais está ao lado doutro cráter que tamén leva ese nome: Leavitt Z, cerca da chairaamurallada do enorme cráter Apolo.ORIXE:Henrietta Swan Leavitt(Massachusetts, 1868-1921), foi unha astrónoma estadounidense, considerada a nai da cosmoloxía moderna. Graduouse en 1888 no Radcliffe College, unha universidad para mulleres asociada a Harvard, onde se incorporou ás famosas Computadoras de Harvard. Descubriu a relación entre a luminosidade e ol período das estrelas variables Cefeidas, sentando as bases para medir a distancia entre a Terra e as galaxias lonxanas.

É un pequeno cráter lunar de impacto, formado polo choque dun meteorito. Cunha medida de 9 km de lonxitude e con forma alongada, sitúase no borde occidental dirección suroeste da cara visible da lúaORIXE:O seu nome púxose en honor á astrónoma e matemática francesa Nicole-Reine Lepaute (Francia, 1723-1788), quen fixo gandes avances en astronomía como predicir a volta do cometa Halley, calcular a engranaxe de distribución dun eclipse solar e crear un catálogos para clasificar estrelas. Tamén pertenceu á Academia Científica de Béziers. Foi considerrada unha das mellores computadoras astronómicas da historia.

Ten un diámetro de 34km. O cráter presenta paredes adosadas e un pico central. A morfoloxía escabrosa e de bloques do material expulsado no impacto e a forma en terrazas (ou chanzos) das paredes interiores suxiren que este cráter é relativamente recenteOrixe:Puxéronlle ese nome en honra a Anna Golubkina(Zaraysk 1864-1927), foi unha escultora impresionista rusa, a primeira en recibir o premio do Salón de París. Sen educación formal nin recursos, logrou ser admitida en varias academias rusas de arte. En 1895 marchou a Paris onde chegaría a ser asistente de Rodin. En 1901 volveu a Moscú para participar na Revolución rusa, onde acabou sendo profesora de grandes escultores.

É un cráter de impacto de 23,4 km de diámetro.ORIXE: O seu nome, que provén dunha astrónoma china, Wang Zhenyi (1768 - 1797) foi unha astrónoma e matemática china que estudiou os eclipses lunares investigando con modelos que construía no xardín da súa casa. A pesar de ter unha curta vida, a súa produción foi intensa. Redactou doce libros sobre astronomía e matemáticas e tamén usou o seu telescopio para medir as estrelas e explicar a rotación do sistema solar. Ademais, recopilou datos sobre o tempo atmosférico para previr e combater as sequías e inundacións que asolaban a súa rexión.

C. Herschel é un pequeno cráterde impacto lunar se atopa na parte occidental do Mare Imbrium. É unha formación circular, en forma de cunca que nunca sufríu unha erosión significativa. C. Herschel atópase nunha cresta do mar lunar denominada Dorsum Hein.ORIXE: O seu nome provén de G.Herschel (1750 – 1848) que foi unha astrónoma alemá que descubriu oito cometas, tres novas nebulosas e catalogou 560 estrelas. En 1828 concedéronlle a medalla de ouro da Royal Astronomical Society, academia que en 1835 confiriulle tamén o recoñecemento de membro honorario como astrónoma, a primeira muller en conseguir este título. Tres anos máis tarde, en 1838, convirtiuse en membro da Royal Irish Academy.

A constelaciónde Coma Berenice está situada ao norte de Virgo e ao leste de Leo. Ocupa uns 386,5 grados cadrados e está formada por un tenue conxunto de estrelas. Esta constelación é rica en galaxias .ORIXE: Bereniceera a esposa do rei de Exipto Ptolomeo III, que tivo que ir a Siria para loitar contra o rei Seleuco II. Ela,desconsolada pola espera, decidiu visitar o templo de Afrodita prometendo ante a deusa que se o seu marido regresaba vivo e vencedor, ela sacrificaría a súa fermosa cabeleira admirada por todos. Ptolomeo regresou e ela cumpriu a súa promesa, pero esa mesma noite alguén robou a cabeleira. Ante isto, o astrónomo Conón de Samos mostrou aos reis unha agrupación de estrelas, asegurándolles que acababa de aparecer no firmamento, transportada ata alí por Afrodita, e que se trataba da cabeleira de Berenice.

É un grupo de estrelasmoi novas que se sitúan a unha distancia aproximada de 450 anos luz da Terra na costelación de Tauro.Formáronse hai uns 100 millóns de anos aproximadamente e están contidas nun espazo de trinta anos luz.ORIXE: Na mitoloxía grega levan o nome das sete fillas de Atlas e de Pleione, ninfas compañeiras de Artemisa, que compartían a súa afición pola caza e como ela intentaban manter a súa virxinidade. Os seus nomes eran: Maia, Celeno, Alcíone, Electra, Estérope, Táixete e Mérope. Seis delas foron amadas polos deuses, pero Mérope amou a Sísifo, un mortal, de aí que esta estrela sexa a de menor brillo. Foron perseguidas por Orión e para que nos sufrisen, Zeus terminou converténdoas en estrelas.

Cúmulo Pismis 24-1 é un sistema estelar masivo que se atopa na constelación do Escorpión. Estímase quea súa distancia ao noso Sistema Solar é duns 2,5 kiloparsecs (algo más de 8000 anos luz).ORIXE: O seu nome vén da astrónoma turca de orixe armenio Marie Paris Pişmiş de Recillas (1911-1999) foi a primeira muller en obter un doctorado pola Facultade de Ciencias da Universidade de Estambul. Trasladouse á Universidade de Harvard e máis tarde a México D.F., onde se converteu na primeira astrónoma profesional de México. Descubriu 20 cúmulos abertos e 3 globulares , e traballou nas primeiras explicacións sobre a estrutura espiral das galaxias.

É un cráter de impacto relativamente pequeno pertencente á cara oculta da Lúa. Localízase no perímetro occidental do Mare Moscoviense.ORIXE: Recibiu ese nome en honor de Valentina Vladímirovna Tereshkova (Máslennikovo, 1937) converteuse na primeira muller en ir ao espazo, tendo sido seleccionada entre máis de catrocentos aspirantes e cinco finalistas, para pilotar o Vostok6, cosmonave rusa lanzada o 16 de xuño do 1963, que completou 48 órbitas alrededor da Terra nos seus tres días no espacio extraterrestre.

Denominado C / 1847 T1 , é un cometanon periódico que foi descuberto en 1847.ORIXE: O nome provén do apelido de Maria Mitchell (1818 - 1889)que foi unha astrónoma norteamericana que descubriu un cometa, o Mitchell, e un cráter da Lúa leva o seu nome. Está considerada a primeira astrónoma académica de EEUU, sendo un referente para a ciencia dese país. Foi a primeira muller en entrar a formar parte tanto da Academia Americana de Artes e Ciencias como da Asociación Americana para o Avance das Mulleres. Entrou a traballar como profesora de Astronomía na nova Facultade Vassar para mulleres en 1865, e posteriormente obtivo o posto de directora do Observatorio de dito Centro.

Tetis é o quinto satélite máis grande de Saturno, mide 1.060 Km. de diámetro e foi descuberto en 1684 polo astrónomo Giovanni Cassini. É un satelite xeado que presenta sempre o mesmo hemisferio ao seu planeta, como a Lúa á Terra.ORIXE:Tetis é filla máis nova do titán Urano (o Ceo) eXea (a Terra) e personifica a fecundidade feminina do mar. Casou con Océano, seu irmán, de quen tivo máis de 3000 fillos, as oceánides e os potamoi, todos os ríos do mundo. Tamén criou á deusa Hera cando tivo lugar a Titanomaquia, e esta quedoulle sempre agradecida. A morada de Tetis soe situarse no extremo occidental, máis aló do Xardín das Hespérides, por onde se pon o Sol.

É o noveno e o máis pequeno e irregular satélitede movemento directo do planeta Xúpiter, que orbita alrededor deste nunha órbita de case 239 días. Foi descuberto por Charles Thomas Kowa en 1974.ORIXE:Leda, a filla do rei Testio de Etolia, converteuse na esposa do rei Tindáreo sendo polo tanto raíña de Esparta. Foi unhas das rapazas seducidas por Zeus. Cando Leda camiñaba xunto ao río Eurotas, se lle presentou Zeus, transformado en cisne, que finxindo ser perseguido por unha aguia, posouse nela. Esa mesma noite, Leda xaceu con Tindáreo e como resultado tivo dous ovos, deles saliron catro fillos: Helena e Pólux ( fillos de Zeus) e Clitemnestra e Cástor (supostos fillos de Tindáreo).

A estrelaHD 149143, chamada Rosalía de Castro, está, situada na constelación de Ofiuco. Trátase dunha estrela amarela anana, similar ao noso Sol, que se atopa a 240 anos luz da Terra. É un pouco máis grande e masiva que o noso astro. O planeta que xira en torno a ela chámase Río Sar.ORIXE: Rosalía de Castro (Santiago de Compostela 1837 – 1885) foi unha escritora galega que potenciou e revalorizou a literatura neste idioma. Considerada como unha autora fundamental do século XIX e gran figura do Rexurdemento galego, morreu nova en Padrón. Escribiu varias obras de gran calidade tanto poéticas como narrativas en galego e en castelán. A máis coñecida de todas foi 'Follas Novas'.

A Vía Láctea (Camiño de Leite) é a galaxiana que se encontra o noso sistema solar, que está nun dos brazos da espiral, a uns 25.800 anos luz do centro e uns 22.000 do extremo. En total mide uns 100.000 anos luz de diámetro e ten unha masa de máis de dous billóns de veces a do Sol. Móvese a uns 270 km. por segundo.ORIXE: Conta o mito que o deus Hermes colocou a Hércules, fillo de Zeus, no peito de Hera, mentres esta durmía, para que o neno tomase o seu leite e así puidese entón alcanzar a inmortalidade. Cando Hera nota a succión do neno, esperta e arranca decontado ao neno do seu peito; pero Hércules xa mamara, e o leite da deusa que se derramou foi transformado en estrelas, formando así a Vía Láctea.

É un cráter de impacto complexo de 105 km de diámetro localizado en Venus. Está ubicado a 65,8° de latitude Norte e 7,1° de latitude Este, en los Montes Maxwell. O cráter caracterízase polo seu dobre anel concéntrico, lixeiramente descentrado.ORIXE: Cleopatra foi a última gobernante da dinastía ptolemaica do Antigo Exipto. Tamén foi unha muller moi culta, estadista, comandante naval, lingüista e escritora de tratados médicos. Intentou manter o seu imperio obtendo o favor de Julio César e de Marco Antonio, pero non logrou convencer ao emperador romano Augusto, quen conquistou este territorio á morte dela.

É un cráter de impacto. Foi descuberto no ano 1991. Ten un díametro de 25,2 km e está situado a unha latitude de 23,4 º norte e a unha lonxitude de 97,7 º este.ORIXE: O seu nome provén dunha conquilióloga e xeóloga inglesa, Mary Horner(Londres, 1808-1873) que, sendo nova, xa era unha destacada coleccionista de conchas e fósiles. Formou un equipo científico co seu home, Charles Lyell, ao que acompañou en todas as súas expediciones por Europa e EEUU. Ela foi a encargada de organizar todo o traballo, redactándoo con eficiencia e meticulosidade.

O cráter ten aproximadamente 48 kilómetros de diámetro. Atópase na chamada Eistla Regio, situada nas coordenadas 14,5 norte e 350,9 este. ORIXE:A orixe do seu nome encóntrase na astrónoma polacaMaria Cunitz (Silesia, 1610-1664), quen recibiu unha esmerada educación en todos os ámbitos (aos 10 anos falaba 10 idiomas), pero destacou en Matemáticas e Astronomía. En 1650 publicou a súa afamada obra Urania propitia, onde recollía as ensinazas de Kepler e correxía algúns erros do astrónomo, con táboas matemáticas simplificadas e novas efemérides.

É un cráter de impacto . Ten un diámetro de 34,6 km e está situado a -10,4 ° Norte e 302,2 ° Leste. Recibe o nome de Florence Bascom.ORIXE:Florence Bascom (Massachusetts, 1862-1945) conseguiu na Universidade de Wisconsin dúas titulacións, en Letras e Ciencias, e recibiu ademais o doutorado en Xeoloxía en 1893. Foi a primeira xeóloga de EE.UU, unha experta en cristalografía, mineraloxía e petrografía. Tamén foi a primeira muller en ser contratada pola United States Geological Survey e a primeira en publicar un artículo de investigación xeolóxica.Na súa tesis doutoral, demostrou petrográficamente que rochas consideradas sedimentarias eran en realidade fluxos de lava metamorfizados.

É un cráter localizado en Venus de 24 km., dun ancho de parede de 3.8 km. e cunha latitude de -23.3º e lonxitude 258.9º. Leva o nome de Beatriz Galindo.ORIXE: Tamén chamada A Latina, (Salamanca, c. 1465, 1534) foi una muller moi culta, unha das máis refinadas da súa época, que chegou a ser preceptora dos fillos de Isabel a Católica, ademais de escritora e humanista. Gracias á súa posición privilexiada, interveu na política madrileña e tivo gran ascendente sobre a raíña durante os anos que residiu na vila, acumulando gran poder e riqueza.

O Cráter Isabel a Católica é un cráter de impacto en Venus. Trátase do segundo cráter de impacto máis grande do planeta. A distribución do material exectado de Isabel, que é un cráter considerado de multianel, preséntase nunha disposicón asimétrica. Ten un diámetro de 175 kilómetros, e unha profundidade de 1,2 kilómetros. O seu nome fai referencia a Isabel I de Castilla.ORIXE : Isabel I de Castela (Ávila, 1451–1504), tamén coñecida por Isabel a Católica, foi raíña de Castela e Aragón dende 1474 ata 1504, trala súa unión con Fernando de Aragón. Xuntos enfrontáronse a unha dura guerra civil contra un partido nobiliario adverso, apoiado polo rei de Portugal. A súa candidata era Xoana a Beltranexa, sobrina de Isabel. Nesta guerra gañou a Católica e así puido asegurar o seu reino. Máis tarde, conquistaría os reinos nazarís e, sobre todo, confiaría en Cristóbal Colón e o seu proxecto de crear unha ruta cara As Indias tomando o Océano Atlántico, o que daría maior fluidez comercial a España.

Amaya é un cráter do planeta Venus de 34,5 km de diámetro. A orixe do nome vén do apelido de Carmen Amaya, unha bailarina española.ORIXE: Carmen Amaya (Barcelona, 1913-1963) foi unha bailarina, cantante e actriz española. Dende moi pequena interesouse polo baile flamenco, bailando en bares ou tabernas acompañada do seu pai, que tocaba a guitarra. Dende 1935 realizou diversas xiras que a levaron a actuar nos principais escenarios americanos e europeos, sendo a súa una aportación esencial na difusión do flamenco máis alá das fronteiras españolas. O seu estilo revolucionou o flamenco, ao prestarlle un aire e un xesto inimitables e descoñecidos ata entón.

É un cráter de impacto que se atopa no ecuador da Luna, Trátase dun cráter circular cun bordo algo desgastado. Non presenta pico central na plataforma.Orixe: Leva ou nome dá astrónoma estadounidenseLouis FreelandJenkins (1888-1970). Traballou na universidade de Yale. Foi coñecida polas súas investigacións sobre a paralaxe trigonométrica de estrelas próximas. Tamén estudou estrelas variables.

Maury é un pequeno cráter de impacto lunar. atópase en pártea nordés da Luna, xusto ao leste do Lacus Somniorum. Trátase dun cráter recente en forma de cunco, cun bordo circular e unha diminuta plataforma central. ORIXE : Antonia Caetana de Paiva Pereira Maury, máis coñecida como Antonia Maury, (EEUU, 1866 - 1952) foi unha astrónoma estadounidense que deseñou un novo sistema de clasificación estelar que sería a base da astrofísica moderna.