Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

A BIBLIOTECA DO IES Mª SARMIENTO2020- 2021

ÍNDICE

ACTIVIDADES FEITAS O CURSO ESCOLAR 2020- 2021

I CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E TERROR

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

DÍA DA POESÍA

DÍA DO LIBRO

DÍA DA MULLER

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

DÍA DA PAZ

GUÍA DE LINGUAXE INCLUSIVA

CLUBS DE LECTURA

INICIO DE CURSO

HORA DE LER

ALUMNADO COLABORADOR

CHARLAS E VIDEOFALADOIROS

CONTACTA CON NÓS

ENQUISAS E RESULTADOS

PODCAST LGTB

benvida

Este ano a situación sanitaria obrigounos a realizar un protocolo de acceso á biblioteca, limitar a capacidade máxima e apertura só nos recreos para empréstitos.

PROTOCOLO DE ACCESO Á BIBLIOTECA

benvida

Puxemos un abecedario para poder buscar mellor os libros de narrativa

adecuación do espazo

E unha caixa na que facer as devolucións dos libros e que estes puideran gardar a corentena.

E TAMÉN CREAMOS CENTROS DE INTERESE

A hora de ler

Facemos a hora de ler tódalas semanas de novembro ata xuño e empregamos as bibliotecas de aula ou traemos os nosos libros favoritos.

E ca calor, aproveitamos para ler no patio!

Este ano foron moitos @s alumn@s que colaboraron ca biblioteca!

Mil grazas a todxs!

E outrxs tantxs que nos botaron unha man e que non aparecen aquí nas fotos...

I CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E DE TERROR

CON MOTIVO DO SAMAÍN

Co motivo do Samaín, ademais dunha exposición temática de libros de medo e de terror seleccionada polo alumnado voluntario, fixemos este concurso.Foi unha iniciativa de moi boa acollida como demostran as enquisas realizadas a fin de curso.

Outro xurado, constituído por docentes e alumnxs colaboradores, escolleu os mellores ao seu criterio.Houbo dos premios, polo tanto: de profes e alumnxs e o premio do público.

Recibimos un total de 100 relatos, sobre todo concentrados en 1º e 2º da ESO.A continuación publicáronse no Instagram e no blog da biblioteca, xunto co Formulario de Google para a votación popular.

O alumnado colaborador fixo as entregas de premios polas clases.Pódense ver a publicación do Instagram e as fotografías do momento de entrega de premios

Día contra a violencia de xénero

25 de novembro 2020

Na loita contra a violencia de xénero propuxemos desde a biblioteca o envío de fotos no Instagram con fotos e mensaxes de rexeitamento á violencia.Aquí algúns dos enviados.

Día da muller: 8 M

Fixemos un concurso de cartaces o 8 M e ese día entregamos os premios no recreo, ademais de ler un manifesto.Os cartaces pendurámolos polos corredores.Ademais, os 1º da ESO limos toda a mañá "Todos teríamos que ser feministas" de Chimamanda Ngozie Adichie no salón de actos.

Día da muller: 8 M

Día da muller: 8 M

Vídeo do 8M

Realizado polxs alumnxs de Valores Éticos en 1ºESO C, ca profesora Alicia Yáñez.

Gravamos cun Chroma e aprendimos a montar as imaxes e o vídeo.Para o fondo, aproveitamos os cartaces seleccionados no concurso do día da Muller no que participaron os alumnos e alumnas da ESO.

DÍA DA POESÍA

Aquí algúns dos poemas que compuxemos ca Dadallada de Aldaolado

O club Las Grandiosas Tigresas Barbudas (LGTB) coñece a...

... o club de 1º de Bacharelato e comparten os seus poemas preferidos

4

E aquí as lecturas dos clubs de lectura no parque... foi un día fermosísimo cheo de poesía

Para festexar o DÍA DO LIBRO fixemos o xogo do amig@ invisible.

Participamos os clubs de lectura LGTB e o de 1º da ESO.

Os profes tamén nos animamos a agasallar as nosas lecturas favoritas.

DÍA DO LIBRO

DÍA DAS LETRAS GALEGAS ADICADAS A XELA ARIAS

O profesor Primitivo Marcos fixo este xenial retrato de Xela Arias.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

RECITAMOS A XELA ARIAS NO RECREO E COLGAMOS CARTACES NOS CORREDORES

LOGO CONTRA A VIOLENCIA

MARINA GÓMEZ2ºC

BEA RÚA4º ESO D

TESHOME HERMIDA4º ESO A

Clubs de lectura

Aquí un resumo do que fixemos nos clubs de lectura. Clica nas imaxes para ter máis información.... Animámosvos que vos apuntedes para o ano!

1º ESO

Reforzo e PMAR

1º Bac

LGTBi+Las Grandiosas Tigresas Barbudas

FP BásicaAdministrativo

FP Básica Mantemento de Vehículos

Club de lectura de profes

Clica aquí para escoitar o podcast

Club de lectura LGTBi+ con alumnes de 3º e 4º da ESO e con quen se queira sumar (pois pensamos continuar con este proxecto o ano vindeiro). Foi coordinado por min,Alicia Yáñez, responsable da biblioteca e profesora de Xeografía e Historia. Reunímonos todos os xoves no recreo, tamén fixemos videoconferencias na fin de semana e comimos xuntes moitos luns, na biblioteca e no parque, aproveitando que hai clase pola tarde. O proxecto consistiu en facer unpodcastou programa de radiono que falamos de lecturas, películas, series, música, arte, personaxes históricos, novas en relación ao tema; divulgación e loita contra estereotipos; actividades varias e accións a realizar, etc.O primeiro foi realizado con motivo do 8M e pode escoitarse eniVooxeSpotify. Nel presentámonos e animamos a participar ou poñerse en contacto con nós a todo aquel que quixera, para preguntar, colaborar ou denunciar situacións de violencia, bullying ou LGTBifobia. Ademais fixemos unha pequena aproximación histórica ao movemento feminista, suxerimos series, música e libros de interese, e falamos de mulleres representativas e importantes a nivel histórico. O certo é que tivo moi boa acollida e estivemos moi contentxs co resultado.Temos xa o material para o segundo e o terceiro podcast, mais non sabemos cando teremos tempo de editalos. Un deles será unhaentrevista a Marian Rivera, venezolana- española de 23 anos, que nos falou do tema LGTBiQ+ en Venezuela, do amor e relacións tóxicas, de abusos sexuais e de poder que se dan no país onde naceu, dos estereotipos asociados ao tema e moitas máis cousas interesantísimas que estamos desexando sacar á luz. O outro podcast son entrevistas á xente sobre asetiquetas que conforman as siglas LGTBiQ+ e outrascomo cisxénero, xénero fluído ou non binario. Tamén lle preguntamos a profes e alumnxs sobre a súa opinión sobre o matrimonio homosexual e a aceptación ou non da comunidade a día de hoxe (se sigue existindo acoso e prexuizos na comunidade escolar e fóra dela).O club de lectura vai seguir o ano que vén equeremos pedir a axuda Radio Escolar o vindeiro ano, posto que gravamos os programas co noso móbil e tablet de maneira bastante precaria, e gustaríanos ter formación neste campo de profesionais. De non poder conseguir dita subvención, pediremos que o Instituto nos acondicione un espazo e poder mercar micros de calidade.Asimesmo festexamos o Día da Poesía co club de lectura de 1º de Bach.

O club de lectura de 1º da ESO leron varios libros e os comentaron na clase e nas horas de ler. Son en realidade tres clubs coordinados por Susana Quintela (1º ESO B e C) e por Lorena López Díaz (1º ESO A). En 1º A leron El coleccionista de besos de Pedro Ramos; en 1º ESO B, La luna.com de Caré Santos e en 1º ESO C, 72 horas de Juan Carmona.Festexaron o Día do Libro facendo o amigo invisible (pódense ver algunhas fotos nesta ligazón), asistimos á charla online de Caré Santos en 1º ESO B e o día 21 de xuñoestá prevista unha saída a Ferrol e ao parque acuático de Cerceda, compartida cos outros clubs de lectura. Esta última saída ten moita acollida entre o alumnado, pero polas enquisas tamén nos decatamos de que a visita de escritores ou videofaladoiros son tamén moi aprezadas.

O Club de lectura de 1º BAC, coordinado porLuz Sierra e Fran Basanta é sempre un dos máis activos e levan xa anos ca mesma equipa. LeronO mal quererde Natalia Carou, tamén poesía variada e o libro de Primitivo Marcos, profesor do Instituto e autor deViveiro 1810. Augas mortais.EnNadal, fixeron o amigo invisible. ODía da Poesía, lecturas poéticas no parque xunto co club LGTBi+, aproveitamos para presentarnos e coñecernos un pouco máis. Eran ou ben escolmas ou poemas de creación propia. Foi un día moi bonito o último día de Semana Santa. Tiveron un encontro conPrimitivo Marcos, profesor do IES para falar da súa banda deseñada recén saída do prelo. E tamén acudiron á charla conNatalia Carouo venres 4 de xuño.O día 21 de xuño teñen prevista unha saída a Ferrol e Cerceda, xunto aos outros clubs de lectura.

O club de profesores reuníamos cada martes no recreo na sala de audiovisuais da bibliotecae comentabámos que nos ía gustando de cada un dos libros propostos, falando ademais de outras lecturas e recomendándonos libros diversos. Foron moitos e variados os libros que estamos a ler.Aquío cartaz cas lecturas iniciais que despois fumos ampliando a medida que iamos avanzando nas lecturas e saían novidades lectoras, como o último libro de Arantza Portabales,A vida secreta de Úrsula Bas. Nesta ligazón poden verse algunhas das fotografías das actividades que fixemos no club que poden resumirse nas seguintes:Excursións pola contorna. Fixemos tres saídas: da praia de Esteiro ao Picón (15 de abril); polas Ribeiras do Sor (20 de maio) e pola ría de Ortigueira (9 de xuño). Día do Libro(23 de abril): agasallámonos con libros co xogo do amigo invisible. Fumos ao parque para darnos os agasallos.Comimos conNatalia Carou, da que limosO mal querero venres día 4 de xuño. Asistiremos a mediados de xuño a unha charla conPrimitivo Marcospara comentar o seu cómicViveiro 1810. Augas mortais

O club de Reforzo de 1º da ESO foi coordinado porIván Liñares. As lecturas foron unha adaptación deDráculade Bram Stoker;Historia de una gaviota y el pájaro que le enseñó a volar; eMentirade Caré Santos. Debido ao éxito desta última, decidiron continuar a triloxía cas obrasVerdadeMiedo. Moitxs ademais decidiron ler a maiores a obraBen, que é unha historia paralela dun dos seus protagonistas.Andrea Garcíacoordinou os grupos de Reforzo de 2º da ESO e o PMAR. Leron a triloxía citada de Caré Santos, debido ao éxito enorme que tivo a primeira parte da obra.Ambos grupos tiveron a oportunidade de falar ca autora, nunvideofaladoiro compartidoco IES Perdouro de Burela. Foi interesantísima e aos clubs gustoulles moitísimo.

No club de lectura coordinado polo profesorJesús Cideresleron o libroInvisiblede Eloy Moreno, para tratar de incidir nos problemas debullying, acoso escolar e convivencia que se estaban a dar no centro. Lérono ao longo do segundo trimestre nas horas de ler e na casa e fixeron unha serie de actividades sobre o libro, reflexionando sobre a problemática planteada.Nesta ligazón pode verse algunha foto das lecturas na aula do libro.

O club de lectura coordinado porYolanda Fernándeztivo moito éxito. Fixeron unha escolla de libros varios que puxeron na biblioteca de aula e comezaron desde inicios de curso a reflexionar sobre os estereotipos de xénero, os problemas do amor romántico, a manipulación emocional e o control da parella nas relacións adolescentes e a violencia de xénero. Sempre desde unha perspectiva de xénero, feminista e na busca de educar para conseguir detectar relacións afectivas tóxicas. Foi unha proposta boísima e moi axeitada pois moitas das alumnas (son mulleres na súa maioría) daban mostras de baixa autoestima e caían en tópicos bastantes prexudiciais sobre o amor e a parella (pensar os celos como mostra de amor, por exemplo) que podían conducir a relacións problemáticas ou pouco conscientes. Algunhas das lecturas traballadas alí foronEso no es amorde Marina Mallorquí eSi es amor no duelede Pamela Palenciano e Iván Larreinaga.O resultado deste proxecto levado a cabo por Yolanda e apoiado no club de lectura, foi que un grupo de alumnxs gañou o primeiro premio nacional deYouth Vodafone, outorgado tanto polo público como polo xurado. O seu proxecto Peripatéticos Viveirenses consiste en que van elaborar unhaappna que informar e atopar apoio en Viveiro e arredores ante posibles caso de LGTBIfobia, discriminación por calquer motivo ou acoso escolar. Aquí poden verse algunhas imaxes e vídeos do proxecto, tamén no Instagram da profesora@administrativo_sarmiento

Charlas e videofaladoiros

Videofaladoiros con Manel Cráneo e Caré Santos

Charlas con Cándido Paniagua, Natalia Carou e Primitivo Marcos

Clica aquí para ver os resultados das enquisas deste ano

¡GraZas!

@bibliomasa