Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

Transcript

CURSO 2020-2021

COMEZAR

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

24 FEBREIRO 2021

DÍA DE ROSALÍA

ESCOLA CHOEIRA I

Vinseira

Para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro propuxemos a actividade: NO DÍA DE ROSALÍA ...UNHA FLOR E UNHA POESÍA Con ela, todo o alumado creou unha tarxeta coa que agasallar á súa familia . Dita tarxeta contiña un tulipán origami e a poesía de Rosalía elixida na aula. Cada aula gravou un audio colectivo co recitado do poema elixido.

NO DÍA DE ROSALÍA ...UNHA FLOR E UNHA POESÍA

ESCOLA CHOEIRA I

Vinseira

Para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro propuxemos a actividade: NO DÍA DE ROSALÍA ...UNHA FLOR E UNHA POESÍA Con ela, todo o alumado creou unha tarxeta coa que agasallar á súa familia . Dita tarxeta contiña un tulipán origami e a poesía de Rosalía elixida na aula. Cada aula gravou un audio colectivo co recitado do poema elixido.

NO DÍA DE ROSALÍA ...UNHA FLOR E UNHA POESÍA

ROSALÍA DE CASTRO para ED. INFANTIL

Montamos e editamos un vídeo sobre ROSALÍA DE CASTRO, para achegar información da súa vida e obra ao alumnado de infantil da nosa escola, adaptando imaxes e textos ao seu nivel. A dito vídeo incorporouse o recitado de poemas de Rosalía por parte do alumnado, para facelo tamén partícipe no mesmo. Proxectouse nas aulas o propio día da commemoración. .

DO 10 AO 13 MAIO 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

- Xogo de pistas para atopar pezas dun puzzle co que formar a súa imaxe.- Xogo de letras para compoñer e coñecer o seu nome.- Presentación Canva: biografía.- Robótica: biografía.- Traductor Google e artigos de prensa para incidir na súa tarefa de traductora.- Mural elaborado ao longo da semana para decorar as aulas.

XELA ARIAS

Organizamos a Semana das Letras con actividades de Luns a Xoves, encamiñadas a coñecer a Xela Arias e a súa obra. Deseñamos a proposta e elaboramos o material impreso e dixital necesario para desenvolver ditas actividades en todas as escolas:

COÑECENDO A XELA ARIAS

O GALO CANTA, María FumaÇa

Elaboramos un VIDEOCLIP MUSICAL en galego para rematar a Semana das Letras , no que participou todo o alumnado cantando e interpretando o tema O GALO CANTA de María FumaÇa.

XOGOS CANTADOS

Esta actividade parte dunha recopilación de xogos populares e tradicionais cantados en lingua galega adaptados a Ed. Infantil .Cada aula escolleu un dos xogos, as nenas e nenos aprendérono e gravaron un vídeo explicándoo e amosándoo ao resto das escolas. Todo o alumnado aprendeu e xogou a 5 XOGOS CANTADOS EN LINGUA GALEGA.Ademais con esta proposta favoreceuse o contacto entre escolas a través de medios telemáticos. .PINCHADE EN CADA IMAXE E VEREDES COMO SE XOGA.

CALENDARIO

VINDEIRO CURSO 2021/2022

Selección de fotografías e textos do calendario para o curso escolar 2021/22. Dito calendario entrégase impreso a todas as familias. Inclúe fotos de actividades levadas a cabo nas aulas en relación co mes do ano que representan.

CALENDARIO CURSO 2021- 2022

EDLGCURSO 2020-2021