Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Camiño do Mar

CEIP Plurilingüe Santa Rita

STEM: Mural interactivo do Camiño do Mar

María Palmeiro e Manu Carreja viñeron contarnos como foi a súa experiencia facendo o camiño dende a porta da súa casa no concello de Viveiro seguindo o Camiño do Mar. Falaron de hábitos saudables e, dende a área de Educación Física, os nenos e nenas recompilaron información para elaborar a infografía do bo peregrino na que están a traballar.

Saídas: cada grupo foi percorrer a súa etapa do Camiño do Mar, emocionados de ver na realidade todo aquilo do que investigaran previamente.

21M: para conmemorar o día dos bosques e a poesía, o alumnado de 6º realizou dúas actividades inspirándose nas árbores do colexio:

  • Poemario "As árbores da nosa vida"
  • Roteiro literario

Arrancamos o proxecto: o alumnado recibe misteriosamente nas súas casas unha credencial de peregrino/a que lles envía Galdiño.

Fase de motivación: vídeo de presentación do proxecto.

Mirade que guapos os nosos peregrinos!

As familias gozaron personalizando as súas cabazas de Samaín. Peregrinos terroríficos, botafumeiros, catedrais, fitos...

25 N: buscouse unha palabra por aula que tivese unha connotación positiva, traballouse na clase e fíxose unha reflexión sobre cal sería o único camiño posible contra a violencia de xénero.

Os nenos e nenas elaboraron en cada aula un selo relacionado co Camiño do Mar para selar as credenciais.

3D: Polo Día Internacional da Discapacidade leváronse a cabo dúas actividades no centro:

  • Visita de Álex, persoa con discapacidade que fixo o Camiño de Santiago
  • Camiño de cerebros: representando os nosos cerebros diferentes e diverxentes que nos axudan a construír e percorrer o camiño da vida dunha maneira moito máis enriquecedora e divertida.

Xogo de fuga "Misión Camiño do Mar": o alumnado dos distintos grupos tivo que poñer en xogo todas as aprendizaxes realizadas ata o momento sobre o camiño de Santiago para poder ir superando as pistas e poder liberarse do seu encerro. De xeito misterioso as aulas do noso cole pecháronse e chegou unha carta...

  • Educación Infantil
  • Educación Primaria

Día da Non Violencia e a Paz: cada grupo escolleu unha palabra galega relacionada coa Paz para explicar a súa forma correcta na nosa lingua a través dun programa de "Como cho conto".

8M: con motivo do Día Internacional da Muller coñecemos a vida de tres profesionais (unha percebeira, unha patroa de barco e unha enxeñeira naval) nas que o mar o é todo profesionalmente, a pesar de ser un sector maioritariamente frecuentado por homes, e que viven na ruta do Camiño do Mar. Despois de pescudar e entrevistalas, fíxose unha exposición no centro.

Entroido peregrino: como cada ano, os nenos e nenas do centro foron os protagonistas, deseñendo e cosendo os seus propios disfraces de peregrinos. Asemade, simulamos polo noso patio a peregrinaxe a Compostela.

Cómic do camiño: o alumnado de 5 anos elaborou un cómic despois de investigar moito sobre a súa etapa do camiño. Elaboraron o guión, elixiron as personaxes e puxéronse mans a obra. Banda Deseñada 5 Anos PdfPublish at Calameo

Lendas e mitos do Camiño do Mar: cada grupo investigou acerca de diferentes lendas do seu camiño. Algunhas delas foron guionizadas, representadas, grabadas e editadas no verde croma.

Obradoiro "O camiño a través dos sentidos": o alumnado do centro participou nuns obradoiros onde descubriron o Camiño do Mar a través dos 5 sentidos con diversos xogos e propostas dinámicas.

Ciencia no Camiño: os nenos e nenas experimentaron con todo aquilo co que nos podemos atopar nunha ruta. Algúns deses experimentos foron:

  • Que lles pasa ás piñas co mal tempo?
  • Creamos unha nube
  • Plásticos

STEM: o grupo de 5º de E.P. elaborou un mural interectivo sobre o Camiño do Mar. Está formado por catro taboleiros: localidades, monumentos, gastronomía e festexos. Conectado ao Makey Makey, ao tocar cada parte recibimos información de cada etapa.

5X: coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, publicouse a nosa guía das árbores do patio, feita ao longo do curso.

  • Guía I
  • Guía II
  • Guía III
  • Guía IV
  • Guía V

A música do Camiño do Mar: na materia de Música coñeceron as cancións dos diferentes lugares polos que pasa o Camiño do Mar, os seus grupos musicais e os festivais que neles se celebran.

23A: Na semana do libro fixemos diferentes actividades de animación á lectura relacionadas co Camiño de Santiago.

O produto final do proxecto é a Guía Infantil do Camiño do Mar, en formato libro, que se distribuirá polos diferentes hoteis da vila. A información que nela se recolle é o resultado da investigación que cada grupo fixo ao longo do curso sobre os diferentes aspectos da súa etapa (localidades polas que pasa, monumentos e arte, flora e fauna, cultura e folclore, lendas...). Toda esta información, foi organizada polo grupo editorial de 5º e 6º, quen lle deu o formato final.