Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Corseando cos Bolechas no Museo Massó

Título increíble

Para saber máis

Visita a nosa colección

1

2

Libro coa biografía do corsario holandés de Michiel de Ruiter

O meu avó o pirata

Ataque dos buques corsarios "Prince Frederick" e "King George" ao navío español "La Gloriosa" en 1748

Canón de borda

Coitelo de abordaxe

Pistola de abordaxe

Cabrestante de áncora dunha goleta ou bergantín

Ataque dos buques corsarios "Prince Frederick" e "King George" ao navío español "La Gloriosa" en 1748 Museo Massó Grabado por Simon François Ravenet en 1553 Este exemplar pertence á edición de 1818 Unha vista dos buques corsarios ingleses Prince Frederick e King George atacando ao navío español La Gloriosa, o 8 de outubro de 1748. Este buque foi capturado fronte ao cabo de San Vicente ao día seguinte polo buque da armada inglesa The Russell en compañía dos corsarios que participaron no ataque.

Canón de borda Museo Massó Século XVIII Medidas: longo: 55 cms Este tipo de canóns de pequeno tamaño e calibre, e polo tanto moi manexables, colocábanse na borda do barco e utilizábanse nas distancias curtas, durante as abordaxes. Levaba unha forquilla de ferro que se cravaba na regala.

Ilustración da biografía do corsario holandés de Michiel de Ruiter Museo Massó La vie de Michel de Ruiter…ou est comprise l'Histoire maritime des Provinces Unies, depuis l'An 1652 jusques à 1676 Escrita por Gerard Brandt (Amsterdam, 1626-1685) e publicada en Amsterdam en 1698 Michiel Adriaenszoon de Ruiter (1607-1676) foi un destacado mariño e corsario holandés que participou en numerosas batallas navais nas tres guerras anglo-holandesas do terceiro ¼ do século XVII. Combateu contra españois, ingleses, suecos, franceses, portugueses e cos piratas berberiscos. Este exemplar do Museo Massó e un dos catro que se conservan nas bibliotecas españolas.

O meu avó o pirata Museo Massó Debuxado a lapis por Máximo Ramos López entre 1932 e 1934 Medidas: 40 x 53 cm Forma parte do repertorio que o ferrolá Máximo Ramos realiza en Madrid cando traballaba como ilustrador para varias editoriais de revistas. En esta imaxe o pirata leva o mesmo tipo de machado de abordaxe. Esta obra foi unha das poucas que acompañaron ao artista cando saíu de Madrid para Galicia despois do golpe de estado de 1936. O resto da obra que permaneceu na súa residencia madrileña sería queimada durante os anos da Guerra Civil.

Cabrestante de áncora dunha goleta ou bergantín Museo Massó Século XVIII Medidas: altura 120 cm Foi localizado en Burela (Lugo) Consiste nun rodete xiratorio, ao redor do cal se enrola un cable ou unha maroma, provocando o movemento na carga suxeita alén do mesmo. Os cabrestantes antigos como este eran manuais, cunhas barras que permiten xiralo. As embarcacións con propulsión a vela polo menos tiñan que ter dous cabrestantes que servían para levar e recoller ancoras e izar masteleros de gabia. A conservación deste tipo de pezas é excepcional porque cando se desguazaban os barcos non se valoraban como pezas decorativas.

Coitelo de abordaxe Museo Massó Fabricado en Toledo cara a 1867 Medidas 36,5 x 8 cm Formou parte do equipamento dá Armada en Ferrol Empregada pola a Armada española O seu uso era defensivo e como ferramenta de mariñeiría. A súa forma débese a que se inspira en modelos importados das colonias filipinas O feito de que as dúas armas de abordaxe procedan do destacamento da Armada española con sede ferrolá resulta especialmente interesante e veñen a complementar a Ordenanza do 1 de Xulio de 1770 adicional das xenerais da Real Armada sobre pesas que fixeron cos navíos e demais bageles dela que se expón en esta sección 

Pistola de abordaxe Museo Massó Fabricada en USATORRE (Eibar. Gupuzcoa) entre finais do século XVIII e principios do século XIX Medidas: Longo: 33 Este tipo de pistolas incorporan unha pequena baioneta que se desprega para utilizar durante os enfrontamentos corpo a corpo nas abordaxes, tamén se levaban nas dilixencias para defenderse dos asaltantes. É un modelo empregado na batalla de Trafalgar e trátase polo tanto dunha arma anterior ás décadas de 1820-30 cando se produce un cambio substancial no armamento. O feito de que a pistola proceda dunha armaría peninsular resulta especialmente interesante e vén a reforzar os testemuños documentais que forman parte dos nosos fondos sobre a actividade corsaria en España, unha actividade desenvolvida tanto polos corsarios como pola propia armada,

Machada de abordaxe

Machada de abordaxe Museo Massó Cara a 1840 Medidas 41 x 28 cm Formou parte do equipamento dá Armada en Ferrol É unha arma de guerra para mariñeiría empregada en accións de abordaxe marítimo. O Dicionario militar descríbeo como: “..de mango corto; de un lado tiene una lámina afilada de hierro semicircular para cortar los cabos y jarcias y en el opuesto un pico agudo que clavándose en el casco del buque enemigo sirve de agarradero para subir al abordaje. Además de estos usos se emplea como arma ofensiva nos combates con arma blanco y cuerpo a cuerpo “

Mapa do Reino de Galicia procedente do "Theatrum Orbis Terrarum" por Hernando Ojea 1612Museo Massó Galicia foi terra de corsarios A costa galega foi unha área con moita actividade corsaria entre os séculos XVII a XIX. Foi obxectivo e terra de corsarios. No século XVII a maior parte destes ataques eran realizados por corsos turcos. Os ataques a Vigo, Cangas e Marín foron constantes despois da batalla de Lepanto. A partir de mediados do século XVIII o corso tivo unha etapa dourada en Galicia, con Vigo como epicentro e na costa cántabra co porto de Ribadeo. Os galegos practicaban un corso costeiro con barcos pequenos con artillería lixeira. En xeral os corsos tentaban a toma de mercantes de países inimigos por intimidación e só se esta fallaba procedíase á abordaxe xa que a súa intención era producir o menor dano posible na presa para vendela ao mellor prezo. Normalmente eran comerciantes, pero tamén sacaban a patente de corso fomentadores da pesca, fidalgos, etc.. A tripulación podía estar formada por veciños da zona e mariñeiros procedentes de Cataluña, Levante, Francia, o País vasco, etc.

Ordenanza de 1779 prescribindo as regras do Corso para particulares ao servizo da CoroaMuseo Massó Pirata e corsario non son o mesmo A piratería e o corso, que foron en Galicia moito máis comúns do que se cre, son dúas actividades que se confunden coma se fose una mesma cousa. O pirata é un delincuente que actúa fóra da lei. O corsario está lexitimado pola coroa a través dunha licenza ou patente de corso que lle autoriza a atacar os intereses comerciais de países inimigos, polo que só podían capturar barcos de países inimigos. Esta actividade estaba regulada por medio dunhas ordenanzas reais e unha parte do botín obtido nas abordaxes correspondíalle á coroa. Na Idade Moderna os novos Estados tenderon a aproveitar a actividade corsaria para loitar contra os países cos que estaban en guerra, atacando os seus intereses comerciais En compensación os corsarios recibían recoñecemento social, gradacións militares, concesión de títulos nobiliarios, terras, etc.