Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Letras Galegas2021CEIP DE TEIXEIRO

XELA ARIAS

As letras galegas

As letras galegas celébranse sempre o 17 de maio pero... sabedes por que se escolleu esta data?Fai moitos anos, en 1863, Rosalía de Castro, publicou un libro titulado "Cantares Gallegos" o 17 de maio.Dende aquel ano, decidiuse que esta data sería recordada e conmemoraríamos o día da nosa lingua; a Lingua Galega

Letras Galegas2021CEIP DE TEIXEIRO

Xela AriasQueredes coñecela un pouco máis?

Este ano, 2021, dedícanse as Letras Galegas a:

As letras galegas

Letras Galegas2021CEIP DE TEIXEIRO

Xela Arias Castaño naceu en Sarria en 1962. Filla do escritor Valentín Arias, foi unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea

Traballou no Departamento de Creación e Investigación de Edicións Xerais de Galicia.

Xela foi poeta, tradutora e profesora de Lingua e Literatura Castelá en institutos.

É autora dos poemarios "Denuncia do equilibrio","Tigres coma Cabalos", "Darío a diario" e "Intempériome"

Fixo traducións ao galego de obras como "Drácula" de Bram Stoker, "As bruxas" de Roald Dahl, "O gato Gaiado e a andoriña Señá: unha historia de amor" de Jorge Amado e "Contos ao teléfono" de Gianni Rodari, entre outros autores.

Fai clic

Investigamos e aprendemos

Fai clic

Investigamos e aprendemos

Investigamos e aprendemos

Unha pequena peza teatral para coñecer mellor a nosa escritoraAdaptación do conto de Xela Arias "A Fraga dos paxaros faladores e a Fraga Leopardicia" realizada polas nenas e nenos da Escola de Educación Infantil Xela Arias de Sarria (Lugo) na celebración das Letras Galegas 2021

EEI XELA ARIAS

Foi unha muller comprometida coa nosa cultura, co pacifismo, co ecoloxismo e co movemento feminista.

O vídeo clip deste poema de Xela representa a evolución dunha muller que, co que vai aprendendo co paso dos anos, adquire as ferramentas necesarias para avanzar e coidarse a medida que se fai máis vella.Intempériome fala de deixar atrás os prexuízos e os estereotipos, e afondar na persoa que queremos ser con liberdade e respaldada pola rede dos afectos.

A BANDA DA LOBA

ESPAZO NA SÚA HONRA

ESPAZO NA SÚA HONRA

ESPAZO NA SÚA HONRA

ESPAZO NA SÚA HONRA

ESPAZO NA SÚA HONRA

ESPAZO NA SÚA HONRA

AGASALLOS E OUTROS TRABALLOS

CELEBRACIÓN

CELEBRACIÓN

CELEBRACIÓN

CELEBRACIÓN

Tivemos a sorte de contar con Otilia que nos veu ensinar pasos de muiñeira ao ritmo de Xurxo Fernández.

AGRADECEMENTO A OTILIA

AGRADECEMENTO A OTILIA

Palabras de Xela...

"Sempre será máis xusto que o lector faga uso do seu dereito a saltar follas e parágrafos enteiros que que o tradutor decida onde e cando debe facelo"