Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Si estás pensando en estudos superiores prácticos para incorporarte canto antes ao mercado laboral cunha cualificación profesional

Familias profesionais

Estrutura

Modalidades

Saídas profesionais e académicas

Admisióne Becas

Acceso

fp grao superior

DESCUBRE A FP

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓNIES POETA DÍAZ CASTRO

Cursos de especilización

FAMILIAS PROFESIONAIS Son estudos moi demandados que ofrecen unha ampla capacitación profesional dependendo da familia profesional. Atopa a túa titulación de FP de grao superior Galicia conta cunha ampla variedade de ciclos superiores en cada unha das seguintes familias profesionais: … vinculadas ás ciencias e ao medio natural

  • Agraria
  • Industrias alimentarias
  • Marítimo-pesqueira
  • Química
  • Sanidade
  • Seguridade e medio ambiente
… de corte máis técnico e tecnolóxico
  • Edificación e obra civil
  • Electricidade e electrónica
  • Enerxía e auga
  • Fabricación mecánica
  • Imaxe e son
  • Informática e comunicacións
  • Instalación e mantemento
  • Madeira, moble e cortiza
  • Transporte e mantemento de vehículos
… relativas ao deseño, creación e imaxe persoal
  • Artes gráficas
  • Téxtil, confección e pel
  • Imaxe persoal
… vinculadas ao campo administrativo e comercial
  • Administración e xestión
  • Comercio e marketing
  • Hostalería e turismo
... vinculadas máis a vertente socioeducativa e actividade física
  • Actividade físicas e deportivas
  • Servizos socioculturais e a comunidade
Na páxina web edu.xunta.es/fp podes consultar a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario , a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia,e a oferta de prazas da formación profesional dual. O catálogo de CFGS en España podese consultar na páxina web : todofp

RÉXIMES E MODALIDADES DE FORMACIÓN PROFESIONAL Actuamente a FP de grao superior pódese cursar nos IES ou CIFP ,

    • por curso completo, no réxime ordinario,na modalidade presencial
    • de xeito parcial por módulos formativos no réxime de persoas adultas (presencial ou a distancia), para o cal é preciso ter 18 anos.
    • Fp dual > tamén para persoas adultas, que comprende accións fomativas mixtas de emprego e formación (alternancia de actividade laboral e formación no sistema educativo) . No seguinte vídeo tes máis información sobre a FP Dual

ACCESO Á FP GRAO SUPERIOR Cumplir algún destes requistos… GRUPO A

  • Estar en posesión del título de Bacharelato ( modalidade preferente e coas materias vinculadas)
E importante consultar as modalidades de BACH preferentes e materias vinculadas.
  • Certificado acreditativo de ter superadas todas las materias de Bacharelato
GRUPO B
  • Título de Técnico de FP (da mesma familia profesional , diferente familia profesional )
GRUPO C
  • Superada unha proba de acceso* (con 19 anos ) a CFGS
  • Superada a proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos
  • Superada unha proba de acceso, y tener 19 años cumplidos en el año de realización de dicha prueba.
  • Alumnado co título de Técnico Superior ou Técnico especialista
  • Alumnado co título universitario
A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo/centro é a seguinte: GRUPO A Bacharelato ou equivalentes GRUPO B Título de técnico GRUPO C Probas de acceso e outros Ata o 70% Ata o 20% Ata o 10% *Grupo C - Como é a proba de acceso a CFGS ? Ter 19 anos ou cumplilos no ano de realización da proba A proba divídese en dúas partes: - Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas - Parte específica:
  • Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.
  • Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
  • Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía
No portal de edu.xunta/fp pódese consultar os contidos da probas e criterios de avalición, así como os exames de convocatorias anteriores. A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen. Devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais ás que se poderá acceder, nas condicións de admisión que se establezan. Requisitos específicos de acceso para a realización da FP DUAL
  • Ter 18 anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo. Na convocatoria actual non hai límite superior de idade.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos
  • Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

ESTRUTURA: Cada ciclo formativo comprende unha serie de Módulos. Son as áreas ou materias de contido teórico-práctico (“as asignaturas”). Cursarás uns 5 ou 6 módulos por curso. Existen uns modulos que son comúns a todos os ciclos: FOL - Formación e Orientación Laboral EIE - Empresa e iniciativa emprendedora FCT - Formación en centros de traballo Proxecto Integrado En dous anos (2000 horas ) podes obter o Título de Técnico/a Superior. Tamén é posible obter en 3 cursos dúas titulacións de Técnico Superior nalgunhas familias profesionais , mediante a convalidación de módulos.

SAÍDAS PROFESIONAIS E ACADÉMICAS TÍTULO: Técnico Superior en... Esta formación teórico-práctica prepara para tarefas de mandos intermedios. Obtense a cualificación profesional necesaria para realizar traballos técnicos propios da profesión, e tamén asumir responsabilidades de planificación, organización e coordinación. Si finalizas a FP de grao superior e desexas continuar estudos na Universidade tes a posibilidade de acceder de forma directa. Na admisión a estudos universitarios desde a FP terase en conta a nota media do ciclo superior realizado. Para saber máis sobre como acceder e mellorar a nota de admisión , bótalle unha ollada a este vídeo. Outra ventaxa si cursas un CFGS e accedes a estudos universitarios é a posibilidade de validar materias ou créditos na Universidade.

ADMISIÓN FP GRAO SUPERIOR Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos formativos 1º/ Solicitude de praza --- 2º/ Consulta de listaxes --- 3º / Matriculación ( vía web ) (portal web) (secretaría centro formativo) SOLICITUDE DE PRAZA Deberase cubrir unha única solicitude para cada modalidade e grao, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp

  • no caso de réxime ordinario - poderase solicitar un máximo 5 peticións de centro e ciclo
  • para o réxime para persoas adultas - terás un maximo de 4 peticións e ata 10 módulos
  • si te decantas pola fp dual , so poderás cubrir unha solicitude para un único proxecto dual
  • e para os cursos de especialización - unha única solicitude na que se poderás optar a un máximo de dous cursos de especialización
Os prazo de inscrición para solicitar praza na FP no curso 2021/22 : do 23 de xuño (ás 9:00 h) ao 5 de xullo (ata as 13:00 h) . Neste enlace podes consultar o calendario de admisión completo. Ollo A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada. Cada ano a Dirección Xeral de FP publica instrucións detalladas cos prazos e o procedemento de solicitude e admisión. CONSULTAR AS listaxes de solicitudes publicadas no portal web e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión. Os datos das solicitudes admitidas e excluídas publícanse nas listaxes de solicitudes provisionais e definitivas, que non son listaxes de prazas adxudicadas. Os datos de identificación serán substituídos por un código persoal de consulta (CPC) nas listaxes. ADXUDICACIÓN DE PRAZAS e MATRICULACIÓN
  • Si obtés praza no ciclo formativo da túa primeira preferencia, deberás matricularte nos prazos indicados . Terás que matricularte no centro no que fuches admitido.Tamén estará dispoñible a reserva de matrícula a través da aplicación informática.
  • Pero no caso de non ter adxudicación no ciclo formativo de maior preferencia e decides agardar, deberás renunciar ao ciclo formativo adxudicado para permanecer en listaxes. A través do asistente web.
A renuncia afectará á praza que foi adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. E seguirás no proceso de adxudicación para preferencias superiores (anteriores á praza que se renuncia) Ollo! pensa ben antes de renunciar si tes opcións a que te concedan o ciclo que desexas. Solicitude de Beca para cursar estudos de FP Non esquezas que para realizar estudos de formación profesional tes a posibilidade de solicitar beca do Ministerio de Educación . A convocatoria en vigor pechou o 12 de maio. Quen pode solicitar estas axudas? Estudantes que non superan unha determinada renta ou patrimonio familiar e que cumpren uns determinados requisitos de aproveitamento académico. É importante que revises a convocatoria correspondente onde se especifican estes requisitos económicos e académicos. Como se solicita a beca? Deberás cumprimentar unha solicitude mediante formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica, na seguinte dirección: www.educacionyfp.gob.es Sede electrónica de becas e axudas para niveis postobrigatorios (non universitarios) Terás que rexistrarte previamente na Sede Electrónica deste Ministerio, si nunca solicitaches beca anteriormente. En principio, non terás que aportar documentación, pois as unidades encargadas da tramitación de becas consultarán e obterán da Administración correspondente todos os datos necesarios para verificar que reunes os requisitos xerais académicos e económicos. Soamente , en determinados supostos moi específicos se deberá aportar documentación concreta que se específicará cando cumprimentes o formulario. Si tes dificultades para solicitar a beca, podes consultar estas páxinas: - Preguntas frecuentes sobre a tramitación de becas - Vídeos de axuda para solicitar a beca

CURSOS DE ESPECIALIZACIÓN No curso 2021-2022 ofertanse por segunda vez en Galicia cursos de especialización de formación profesional aos que poden acceder persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de grao superior, ou grao medio, de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso. Por ex: Curso de especialización en Ciberseguridade (Informática) , Curso de especialización en Fabricación aditiva (Fabricación e Montaxe), Curso de especialización en cultivos celulares (Química) ,.. Consulta aquí o procedemento de admisión e a oferta en Galicia de cursos de especialización Procedemento de admisión e matricula.- Deberase cubrir unha única solicitude na que se poderá optar a dous cursos de especialización como máximo. O impreso cuberto acompañado da documentación complementaria que corresponda, entregarase, preferentemente, no centro de primeira opción onde se oferte o curso de especialización para o que solicita admisión ou en calquera centro de Galicia con oferta de cursos de especialización sostida con fondos públicos. As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os cursos de especialización tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos e a FP dual. As persoas admitidas (seleccionadas) para un curso de especialización quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario, no réxime para as persoas adultas e en FP dual. No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún curso de especialización poderán continuar no proceso de admisión xeral a ciclos formativos. Aquí tamén podes consultar os cursos de especialización que se imparten actualmente en España.

DESCUBRE A FP Descubre la FP. Encuentra tu títuloDescubre todas las titulaciones de Formación...Descubre la FP. Encuentra tu título