Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

Estás preparado/a para descubrir a solución?

A SOLUCIÓN É:

Queres saber máis sobre este tipo de comunicación?

Biblioteca de Galicia

Un mapa é a representación gráfica dun territorio sobre unha superficie bidimensional. Tamén se define como un debuxo ou trazado esquemático que representa as características dun territorio determinado, tales como as súas dimensións, coordenadas,... A ciencia da elaboración e fabricación de mapas denomínase cartografía.

Que tipos de mapas hai?

Que é Google Maps?

Cales son os elementos dun mapa?

Segundo o que queiramos representar, existen distintos tipos de mapas. De todas formas, en todos eles debe haber algúns elementos básicos (simboloxía, escala, título) para poder comprendelos. Algúns exemplos son:

TIPOS DE MAPAS

MAPAS FÍSICOS

MAPAS POLÍTICOS

MAPAS TOPOGRÁFICOS

MAPAS HISTÓRICOS

MAPAS TEMÁTICOS

Estes mapas representan as características físicas do territorio, como por exemplo o límite de costa, a hidrografía, os lagos, as curvas de nivel, o relevo, etc. Caracterízase por ter unha simboloxía en cores que vai dende a gama total de verdes ata a gama total de cafés.

MAPAS FÍSICOS

Estes mapas representan divisións territoriais con fins administrativos ou legais onde os límites son de gran importancia; en cambio, outras características como o relevo, a hidrografía, etc. son de importancia secundaria.

MAPAS POLÍTICOS

Estes mapas caracterízanse por representar o relevo cun nivel de detalle a gran escala, empregando para elo as chamadas curvas de nivel. Soen vir acompañados dun sistema de coordenadas para saber ubicar de maneira precisa calquera punto no mesmo.

MAPAS TOPOGRÁFICOS

Estes mapas caracterízanse por representar lugares, feitos ou fenómenos que existiron en tempos anteriores á data de realización do mapa. Este tipo de mapa non se debe confundir co termo "mapa antigo", o cal se refire a aquel mapa, que no momento da súa creación, quixo reflectir a realidade do seu tempo pero que na actualidade está desfasado.

MAPAS HISTÓRICOS

Estes mapas están feitos para reflectir un aspecto particular da zona xeográfica sobre a que se definen. Poden centrarse en variables físicas, sociais, políticas, culturais, económicas, sociolóxicas e calquera outra relacionada cun territorio concreto.

MAPAS TEMÁTICOS

Google Maps é un servizo de mapeo web desenvolvido por Google. Foi anunciado por primeira vez en Google Blog o 8 de febreiro de 2005. Orixinalmente soportaría só ós usuarios de Internet Explorer e Mozilla Firefox, pero o soporte para Opera e Safari foi engadido o 25 de febreiro de 2005.

ELEMENTOS DUN MAPA

Título: Informa do que trata o mapa.

Rosa dos ventos: mostra os puntos cardinais e/ou o norte.

Lenda: recolle os símbolos usados para representar o tema.

Escala: indica cantas veces se reduciu o mapa con respecto á realidade.

Paralelos e meridianos: serven para localizar un lugar con exactitude.

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

FONTES DA PRESENTACIÓN:https://www.portaleducativo.net/tercero-basico/776/Tipos-de-mapashttps://www.aristasur.com/contenido/que-son-los-mapas-topograficoshttps://es.wikipedia.org/https://www.pinterest.es/https://unmapamundi.com/fisico/