Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

Transcript

BUSCANDO A XELA

  • ACTIVIDADE: Búsqueda de pistas por todo o colexio para atopar as pezas dun crebacabezas coa imaxe de Xela Arias.
  • OBXECTIVOS:
    • Coñecer a figura da homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021.
    • Traballar en equipo para lograr un ben común.
    • Fomentar o traballo de búsqueda e investigación de maneira lúdica.
  • DIRIXIDA A: Todo o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria.
IMAXE COMPLETA DO CREBACABEZAS

XELA EN QR

  • ACTIVIDADE: Búsqueda de pistas por todo o colexio para atopar códigos QR con versos dun poema de Xela Arias.
  • OBXECTIVOS:
    • Coñecer a figura da homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021.
    • Traballar en equipo para lograr un ben común.
    • Fomentar o traballo de búsqueda e investigación de maneira lúdica.
    • Investigar e crear empregando as novas tecnoloxías.
  • DIRIXIDA A: Todo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
EXEMPLO DE CÓDIGO QR

MUIÑEIRA POR XELA

  • ACTIVIDADE: Baile con pasos de muiñeira dedicado á escritora homenaxeada este ano e preparada polo mestre de Educación Musical. O venres 14 de maio todo o colexio bailará a ritmo de muiñeira para celebrar o Día das Letras. Cada grupo estará na súa zona de patio para manter os grupos burbulla.
  • OBXECTIVOS:
    • Coñecer pasos básicos da muiñeira.
    • Traballar en equipo para lograr un ben común.
    • Fomentar a música e o folclore galego.
  • DIRIXIDA A: Todo o centro. Alumnado e profesorado.

CONCERTO DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

  • ACTIVIDADE: Concerto ofertado polo Concello de A Coruña de maneira gratuíta. Xoves 13 de maio.
  • OBXECTIVOS:
    • Gozar dunha xornada musical ao aire libre.
    • Fomentar a música en galego dende idades temperás.
  • DIRIXIDA A: Alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria.

ENCONTRO CO ESCRITOR DAVID RODRÍGUEZ

  • ACTIVIDADE: Encontro co escritor David Rodríguez, autor do libro Superavoa editado por Xerais. Mércores 12 de maio.
  • OBXECTIVOS:
    • Gozar dunha xornada co autor dun libro que lemos na aula.
    • Fomentar a lectura.
  • DIRIXIDA A: Alumnado de 1º de Educación Primaria.
VIDEO-CONFERENCIA CO ESCRITOR MANUEL RIVAS
  • ACTIVIDADE: Encontro virtual co escritor Manuel Rivas, autor do libro O Chispas editado por Xerais. Mércores 12 de maio.
  • OBXECTIVOS:
    • Gozar dunha xornada co autor dun libro que lemos na aula.
    • Fomentar a lectura.
  • DIRIXIDA A: Alumnado de 5º de Educación Primaria.