Want to make creations as awesome as this one?

More creations to inspire you

Transcript

Curso 2020-2021

Revista

CPR Plurilingüe San FermínPP Somascos

Unha despedida incompleta

Xubilación de Necho

Homenaxe a Búa

Proxectos

Excursións

Maqueta

Escaparates comercio

Concursos e premios

Índice de contidos

Coñece o noso cole

Día de Rosalía

Nadal

Día contra a violencia de xénero

Mostra de cabazas

Un curso diferente

Día Internacional do Libro

Entroido

Día da Paz

Magosto

Samaín

Volver

Coñece o noso Cole

Volver

Un curso diferente

Title 1

Volver

Co motivo do Samaín, celebramos unha exposición de cabazas terrorificamente divertida. As nosas alumnas e os nosos alumnos, contando coa axuda das súas familias, diseñaron dende as súas casas, uns modelos moi orixinais.

Mostra de cabazas

Neste ano tan particular quixemos que os nenos pasasen un día diferente celebrando o Samaín. Sempre tomando as medidas de seguridade oportunas para que desfruten desta celebración.

Samaín

Title 1

Volver

Trátase dunha data institucionalizada por Nacións Unidas no ano 2000, que se recolle tamén no noso calendario escolar, e que busca visibilizar e loitar contra a violencia exercida contra as mulleres de todo o mundo.

Magosto

Pois xa sabedes, antes de que o moucho colla tódalas castañas.... a bailar o trompo e a facer magostos (mais con sentidiño)!!

Como di o refraneiro popular: “¡Polo San Martiño, trompos ao camiño!”. Porque: “as castañas que despois do San Martiño quedan no souto, son do moucho"

Día contra a violencia de xénero

Como cada mes de novembro, quixemos sumarnos á campaña “Caldas + Igualdade – Violencia” promovida pola Concellería de Igualdade do Concello de Caldas de Reis, para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero 25N.

Title 1

Volver

terceiro clasificado:manuel b.r. (2º EP)

segundo clasificado: roi F.a. (2º EP)

concurso postales nadal

Primeira Clasificada: Iria A. T. (2º EP)

Title 1

Volver

Visita dos Reis Magos

Festival de Nadal

Title 1

Volver

A PAZ é un estado no cal non existe ningún tipo de violencia e no que se crea unha convivencia sa entre as persoas. Este día foi instaurado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas no 1981 e o noso alumnado quixo conmemoralo con este vídeo.

Volver

Máis fotos

Entroido

Title 1

Volver

24 de febreiro, Día de Rosalía

Rosalía de Castro é, sen dúbida, unha figura clave das letras e cultura galega. Naceu o 24 de febreiro de 1837, e converteuse en peza fundamental do “Rexurdimento galego”, é dicir, do rexurdir da cultura galega. Precisamente nestes tempos, nos que todos esperamos iso, “rexurdir” o antes posible, desta negra sombra que a todos nos asombra, Rosalía continúa en plena actualidade a pesar do paso do tempo.

Volver

Ver

Varios traballos do noso alumnado para celebrar o Día Internacional do Libro.

Ver

Ver

Día Internacional do Libro 23 de abril

Volver

Ver

Ver

Ver

Ver

Concursos e premios

Olimpíada Matemática AGAPEMAAlejandro CampoMateo GarcíaDavid Ocampo

Premio Extraordinario BacharelatoAdrián Bacariza Villamarín

Rally Científico e Matemático sen FronteirasIgaciencia

Premio Lectores Infantís da Biblioteca Alba Rivas Núñez

Title 1

Volver

Premios

Martín Gándara, obtén Matrícula de Honra no Ciclo Formativo Instalacións Eléctricas e Automáticas

+Info

Yago, Sergio, Sergio, Iago, Uxía, Antía, Antía e Miguel, 3º premio do Rally Matemático e Científico Igaciencia

Diego, Verónica, Rafa, Zaira, Miriam, Gisela, Manuel e Sara, 2º premio do Rally Matemático e Científico Igaciencia

Primero premio no Concurso Matemático Pangea a Alejandro Campo Herbés

Title 1

Volver

ENTREGA DE DIPLOMA POR MATRÍCULA DE HONRANoraboa a Martín Gándara Iglesias pola súa matrícula de honra no ciclo formativo medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas.Co teu esforzo acadaches unha gran formación que che asegura o teu futuro. ¡¡Parabéns!!

PREMIO “CARTA A UN MILITAR” 2019Como este foi un curso especial e non so para nos, no primeiro trimestre do mesmo dende a subdelegación de Defensa de Pontevedra pedíronnos poder facer entrega á gañadora do centro e xa exalumna, Gema Cascallar Louro, do premio que logrou, a nivel colexio, polo seu traballo en “Carta a un militar: Aliados de la Innovación” na súa edición de 2019. Dito premio foi entregado a alumna por D. César Barros Fraga, Capitán de Fragata, nun sinxelo acto.

Title 1

Volver

Maqueta do Tren

Durante todo o curso, o alumnado de 3º de EP fixo un gran traballo na maqueta do tren. Montañas, árbores, vías, locomotoras, grúas... sen dúbida, a esta maqueta non lle falta detalle!!!

Gran traballo de escaparatismo do noso alumnado do CM de Actividades Comerciais

Escaparates

Title 1

Volver

Máis fotos

Os grupos da ESO percorreron o Camiño dos Faros, os grupos de EP visitaron Pedras Negras en San Vicente do Mar e os de Infantil desfrutaron dun día de praia en Montalvo

Excursións

Title 1

Volver

Proxectos

proxecto a auga e a terra

Educación ambiental con GREFA - Naturgy

Ver

Ver

proxecto benestar emocional

Ver

Ver

Este proxecto trata sobre a importancia das bandas sonoras das películas, xa que algunhas, aínda pasen os anos e as xeracións, seguen estando presentes na nosa mente. Despois de elixir as bandas que queríamos utilizar, interpretámolas con utensilios de casa como tarteiras, caldeiros, etc. Despois de moitos ensaios, este é o resultado final…

Levado a cabo polo Dpto. de Orientación a través da nosa PT e AL: Gloria López, os nenos e nenas transferiron a linguaxe emocional participando nas experiencias deseñadas moi motivados, adquirindo un vocabulario emocional que lles permitiu expresar os seus sentimentos axeitadamente para acadar o seu benestar.

proxecto música de cine

Para coidar o capital natural e a biodiversidade, no eixo de medio ambiente e enmarcado neste compromiso, Naturgy, colabora con organizacións dedicadas á preservación da contorna. Unha delas é GREFA (Grupo de Rehabilitación da Fauna Autóctona e o seu Hábitat). A ONG expúxonos a posibilidade de realizar unha visita virtual e en directo ás instalacións do seu centro Natureza Viva.

O alumnado de segundo de primaria presenta este traballo no que nos explican o ciclo da auga e a súa importancia para a terra.

Title 1

Volver

Esperamos que desfrutes desta nova etapa e MOITAS GRAZAS‼️ polo teu compañeirismo e as túas ensinanzas.

Non quixemos rematar este curso sen darlle unha sorpresa ó noso mestre de Educación Primaria Ernesto González Caramés (Necho) co gallo da súa xubilación.

Xubiliación de Necho

Title 1

Volver

Queremos que saibades que, con graduación ou sen ela, sempre vos teremos presentes igualmente e desexamos que a vida que vos espera vos compense e recompense con todo tipo de éxitos e felicidade. Asemade, queremos recordarvos que esta sempre será a vosa casa.

Nese mesmo acto de graduación que nunca puido ter lugar, deberíamos ter feito entrega á alumna Gema Cascallar Louro do diploma que lle outorgaba a matrícula de honra por un brillante expediente, e que tivemos que entregarlle nun acto moi particular e diferente, sen a compañía dos seus compañeiros e amigos, o que restou emoción e sentimento ao evento.

Dende a mesma tristeza que sentiron eles, nos tivemos que despedilos sen pena nin gloria, lamentando non poder xuntarnos nun momento tan emotivo e significativo.Está claro que, nun futuro, terán ocasión de celebrar outras graduacións e logros nas súas vidas, pois demostráronnos ser mozos e mozas comprometidos, responsables e incluso brillantes, cunha gran proxección de futuro. Pero esta etapa das súas vidas no Centro merecía un broche a súa altura e non puido ser. Por iso, intentamos compensalo dalgunha maneira con estas liñas.

Se o final de curso, lonxe da súa rutina diaria e separados dos seus amigos, compañeiros e profesores, xa lles resultou estraño e triste, o non poder celebrar a súa graduación nin a súa excursión, que estiveran preparando durante seis meses, non lles permitiu sentir todas esas emocións propias de ter logrado alcanzar unha meta, nin compartir entre eles euforias, recordos, lágrimas de felicidade e nervios ante a expectativa de recoller o seu diploma en presencia dos seus profesores, pais, familiares e amigos.

Nestes días de final de curso, intentando volver á normalidade perdida polo COVID-19, temos celebrado as graduacións, tanto de Infantil como máis recentemente da ESO. Por iso, quixeramos dedicar unhas palabras aos mozos e mozas que o ano pasado se viron privados dese acto de remate e despedida dunha etapa e dun lugar das súas vidas durante varios anos, o noso Centro.

UNHA DESPEDIDA INCOMPLETA PERO MERECIDA

Title 1

Volver

José Antonio Búa Barreira

Queremos terminar esta revista facendo mención á homenaxe- -sorpresa que lle deron ó noso mestre no programa da TVG "A Cociñeta". Nel, fan un repaso da vida do homenaxeado. Vida ligada á docencia no noso colexio tanto de alumno como de mestre.Pero tamén resaltan algunhas facetas da súa vida: a súa relación con Protección Civil, o amor polos trens e pola súa vila: Caldas de Reis. Un homenaxe máis que mereceido. Noraboa Búa!!!

Title 1