Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

APRENDIZAXE BASADA EN PROXECTOS

A volta ao mundo en 10 palabras

Miguel Rego Neira - Vicente Muñoz Hermida

ÍNDICE

1.Proposta

2.Planificación

3.Elaboración

4.Presentación

Proposta

Como fase de motivación pediremos aos nosos alumnos que enumeren palabras que empregarían para definir o noso país. Posteriormente formularemos cuestións como: empregarías esas mesmas palabras para calquera outro país do mundo? Por que? Que países coñeces? Que países che gustaría descubrir?Entre todos elaboraremos un listado de países que queremos descubrir.

Obxectivos

- Fomentar unha actitude positiva ante a diversidade cultural.- Descubrir rasgos característicos dos diferentes países sobre os que se investigue.- Potenciar habilidades relativas á búsqueda, selección e tratamento da información en formato dixital.- Descubrir novas ferramentas para a presentación da información.- Adquirir habilidades propias do traballo colaborativo: debatir, chegar a acordos, resolver conflitos, repartir roles...

Planificación

- Entre e todo o grupo clase elabórase unha listaxe cos países que imos a traballar.- Organizamos ao alumnado por parellas para investigar.- Presentamos a ferramenta mentimeter, coa que imos a presentar o resultado do noso proxecto. Practicamos con ela.- Búsqueda e selección da información.- Publicación das aportacións de cada parella á nube de palabras.- Publicación das nubes de palabras na web do centro.

Elaboración

- Búsqueda:Seleccionaremos unha serie de enlaces en diferente formato (vídeo, imaxe, texto...) que proporcionaremos ao alumnado para que facendo uso de tablets leve a cabo a investigación.- Organización:Cada grupo irá recompilando nun borrador aquelas curiosidades que máis chamen a atención do país sobre cada país.- Análise:Cada parella analizará a información recopilada sobre os diferentes países e seleccionará dez palabras chave para definir cada un deles.

Presentación

- Elaboraremos unha nube de palabras sobre cada país e colgaremos na aula virtual os enlaces de mentimeter para que cada parella poida incorporar as súas aportacións.- A nube de palabras de cada país actualizarase de xeito automático con aquelas que máis se repitan.

Exemplos

Avaliación