Want to make creations as awesome as this one?

Biografía sobre Xela Arias - Letras Galegas 2021

Transcript

Xela Arias

Poeta homenaxeada Día das Letras Galegas 2021

CEIP Ramón Cabanillas

EDLG

Primeira infancia

Xuventude

Adultez

Bibliografía

Recursos

Xela Arias

Xela...

Xela Arias foi unha poeta, tradutora, editora e mestra galega.Naceu en Sarria (1962) e faleceu en Vigo (2003).Foi unha muller adiantada ao seu tempo: firme defensora do galego, activista e de ideas feministas.Gañou varios premios polo seu traballo de tradución:

  • Prêmio de Traduçao Sociedade de Língua Portuguesa
  • Premio Ramón Cabanillas de Tradución
  • Premio Plácido Castro

1. Primeira infancia

Xela Arias naceu o 4 de marzo de 1962, en Sarria.“Era un día de nevarada, coma se o mundo se volvese unha páxina en branco que unha futura escritora fose empezar a escribir” (Castaño, 2021, p.15). Foi rexistrada como "María de los Ángeles", e sería a maior de 5 irmáns.Comezou a estudar na Granxa Escola de Barreiros, onde traballaban seu pai Valentín Arias e sua nai Amparo Castaño.Con 3 anos, múdanse a Lugo cidade e comeza a estudar no colexio Fingoi, do que era director Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado das letras galegas do ano 2020.

1. Primeira infancia

Finalmente, con 7 anos múdanse a Vigo, onde residiría toda a súa vida, e escolarízase no CEIP Sárdoma.Xela era unha nena pouco convencional, entre outras cousas...

  • Non lle gustaban as bonecas nin as "cousas de nenas" (o seu xoguete favorito era unha tartaruga de goma chamada Lula).
  • Encantáballe ler (en galego, castelán e mesmo portugués!) e competía con seu irmán a ver quen lia máis libros.
  • Xela falaba galego nunha cidade na que todo o mundo usaba o castelán.
De feito, moitas persoas sorprendíanse de que "unha rapaza tan bonita falase galego", o que levou ao seu pai, Valentín, a escribir o relato "Xeliña fala galego".

1. Primeira infancia

Xela pasou a infancia rodeada de intelectuais, que lle inculcaron amor polas letras e polo galego. Seus pais eran amigos de persoeiros coma Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, Manuel María, Luís Seoane...A Xela xa lle gustaba moito escribir, e a seu pai amosar orgulloso as súas creacións. Con 10 anos escribe o conto “ a pobreza e a negrura na aldea”.Con 11 anos gaña VI Concurso de Contos Infantis o Facho, da Agrupación Cultural O Facho da Coruña, co conto “A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia”.A raíz deste premio, entrevístana no Faro de Vigo e publican o seu conto no libro " Contos dos nenos galegos".

2. Xuventude

Xela era unha rapaza adiantada ao seu tempo. Cando rematou a educación primaria, decidiu escolarizase no IES Calvario, un dous poucos institutos mixtos da época. Durante a súa adolescencia seguía lendo moito, sentía auténtica pasión, a cal lle inculcara seu pai Valentín. No futuro víase nunha casa rodeada de libros, tal e como medrara ela.En canto a gustos musicais, gustáballe o rock e o punk, así coma o jazz.Durante estes anos seguiría cultivando a súa vocación escritora.

2. Xuventude

En 1980, con 18 anos e a piques de rematar o COU, comeza a traballar de xeito simultáneo na Editorial Xerais a primeira editorial en galego, de recente creación. Comezaría realizando labores de administración (xestionar chamadas, envíos...) e cos primeiros soldos, mercou un ciclomotor e independizouse, buscando a súa liberdade.Sen embargo, dominaba moi ben o galego, polo que pronto ascendeu ao departamento de corrección de estilo, sendo unha das primeiras mulleres de Galicia en conseguilo.Con 21 anos axudou a crear a colección "Xabarín", a primeira colección de Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) en galego. Anos despois, a CRTVG collería este nome para o "Xabarín Clube", percusora da chamada "Xeración Xabarín".Mais tarde, comezaría a realizar labores de tradución de autores tan importantes coma Roald Dahl, Gianni Rodari, Angela Carter, Jorge Amado, Alice Vieira... Recibiu varios premios polo seu traballo como tradutora.

2. Xuventude

En canto á escritura, da man do poeta Carlos Oroza introdúcese na poesía. Xuntos fan performance nas que el recitaba en castelán, e ela traducía ao galego. A partires de aí, coñece a novos poetas e comeza a escribir e publicar os seus primeiros poemas soltos en numerosas revistas e xornais coma:

  • "A nosa terra"
  • "Luzes de Galicia"
  • "Festa da palabra silenciada"
  • “Dorna”
  • "Neboeira”
  • “Carel”
  • “Espiral”
  • “Treboada”
  • “Katarsis”

2. Xuventude

O seguinte paso xa foi participar en recitais de poesía coas súas propias producións. A súa primeira vez foi en 1983, con 21 anos, no Festival de Poesía do Condado, pero virían moitos máis, xa que concibía a poesía como algo activo. De feito, anos despois tamén participaría recitando en numerosas iniciativas sociais e reivindicativas, coma as manifestacións en contra da guerra de Iraq ou o Prestige.En 1984 xa ten listo o seu primeiro libro "Denuncia do equilibrio", pero non o publica ata 1986, cando conta con 24 anos. A ilustración da súa portada correría a cargo do seu amigo e compañeiro de traballo Xosé Guillermo.Nesta época, tamén conseguiu cambiar legalmente o seu nome, primeiro a "Maria dos Anxos" en 1984 e finalmente conseguiría ser "Xela" no 1995.En 1989, crea co seu pai a "Viceversa.Revista Galega de Tradución".

3. Adultez

En 1988, coñecera ao fotógrafo Xulio Gil. Comezaron a relacionarse para facer un proxecto, pero rematarían namorándose e casando en 1992.Este proxecto foi o segundo libro de Xela, "Tigres coma cabalos", publicado no 1990 e no que se combinaban os poemas de Xela coas fotografías de Xulio. Neste ano tamén publicaría "Contos Eróticos/Elas" como coautora.Nese mesmo ano, deixa o seu posto en Xerais, pero sen desvincularse da mesma, xa que traballaría algúns anos máis coma editora freelance.En 1991 mesmo se atrevería co mundo da música, ao compoñer letras para o grupo "Desertores". Entre as cancións compostas podemos sinalar: “Que me dejes en paz”, “no soy yo”, “puñal”, “déjenlo caer”, “no te volveré a buscar”, “el desertor”, “ya te enterarás”... Estas letras eran un fiel reflexo dos seus ideais liberais e feministas.

3. Adultez

Logo de rematar o COU e comezar en Xerais non quixera seguir estudando, pero no 1991 e con 29 anos, matriculouse en Filoloxía Hispánica na Univesidade de Vigo. Licenciouse en 1996, e estudou un CAP (Curso de Aptitude Pedagóxica) para poder ser docente. Sempre quixera ser mestra, como manifestara na entrevista do Faro de Vigo con 11 anos. No plano persoal, logo de casar no 1992 con Xulio Gil, en 1994 terían ao seu fillo Darío. A el lle adicou o seu cuarto lilbro "Darío a Diario" (1996), no cal plasmou a súa experiencia da maternidade sen unha visión idealizada e dende a perspectiva feminina, moi escasa na época. En verbas da propia Xela, «"Darío a diario" non naceu coa vocación de ser o que hoxe é: un libro encadernado e público. Foi, no seu principio, a necesidade imperiosa de explicarlle ao meu fillo o manifesto íntimo e interno de intencións maternas nas que el mesmo, polo feito de existir, me obrigaba a moverme; o compendio de contradicións que a maternidade me provoca.»

3. Adultez

A Xela encantáballe viaxar e visitou moitos países, pero o que máis lle gustaba por enriba de todo era estar co seu fillo "cada día ao seu lado era un descubrimento. Non era só que o amase, amaba asombrarse con cada un dos seus asombros" (Castaño, 2021, p.113).Ao rematar o CAP, presentouse ás oposicións, e comezaría a traballar coma mestra de Lingua e Literatura Castelá. Gozaba moito do seu traballo, xa que o vía coma unha oportunidade de expresar as súas ideas e facer reflexionar á mocidade.Inscribirase tamén na Universidade de Vigo en Filoloxía Galega, pero non lle daría tempo a rematar.En 2002 sepárase e ao pouco enferma de hepatite, sometendose a un tratamento experimental moi forte para paliar a enfermidade. Foron tempos duros, nos que se sentiu moi soa e cuxas emocións deron pé ao seu quinto libro "Intempériome" (2003).

3. Adultez

Por desgraza, o 1 de novembro de 2003, Xela Arias Castaño falece dun ataque ao corazón, á pronta idade de 41 anos.“Xela foi libre porque non foi máis ca quen ela desexaba” (...) " alguén que nunca quixo ser outra cousa... que ela mesma” (Castaño, 2021, p.16).

Grazas Xela.... Por axudar a normalizar e dinamizar o galegoPor traducir grandes obras á nosa linguaPola túa poesía reivindicativaPolos teus ideais e ser activista en prol do feminismo, do galego, da paz, da ecoloxía...Por todo o que nos deixas

4. Bibliografía

Denuncia do Tigres coma Contos Eróticos Darío a Diario Intempériome Non te amola! equilibrio Cabalos /Elas *póstumo* (1986) (1990) (1990) (1996) (2003) (2021)

Citas extraídas de: Castaño, Y. (2021). Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias. Vigo: Xerais.

5. Recursos interesantes

Serie documental "Xela Arias, a palabra esgazada" (RAG): https://www.youtube.com/playlist?list=PL2zWGrwz62bZ3-XBTHfmoQxkFBNxJknrB Material Didáctico das Letras Galegas 2021 - Seminario Galán https://www.lingua.gal/recursos/destacamos?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_1561.html Xela Arias. Letras Galegas 2021 - RAG https://academia.gal/letras-galegas/2021/xela-ariasXela Arias a diario - Agrupación cultural Alexandre Bóveda https://www.acalexandreboveda.gal/xela-arias-a-diario/Liveworksheets - Sonia Franco https://es.liveworksheets.com/search.asp?content=Xela+ariasXela Arias - Primavera das letras http://primaveradasletras.gal/Aquela nena de Sarria- https://aquelanenadesarria.gal/gl