Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

1

2

2

2

2

2

2

2

2

2

2

2

2

2

2

Esta ría é un choio

Sardiña Habita nas augas do Mediterráneo e no Océano Atlántico, achegándose ás zonas de costa no momento da repdrodución. Péscase entre os meses de xuño e outubro e é un dos peixes máis consumidos, tanto fresco como en conserva.

Lámina de folla de lata para confeccionar latas de sardiñas da marca MassóMuseo Massó A sardiña é o peixe que impulsou a pesca e a industria conserveira en Galicia, primeiro co proceso de salgadura e máis tarde coa conserva en lata.

As latas feitas de aluminio tardan 200 anos en descompoñerse e o plástico co que se agrupan 400 anos. Ambos danan aos animais provocándolles feridas ou inmobilizándoos. Corta o plástico e bótao xunto coas latas no contedor amarelo para coidar o medio de todas as especies da nosa ría. As latas de conserva tamén imos ao contedor amareloRecíclanos!

As máscaras quirúrxicas tardan 400 anos en descompoñerse. Lémbrate de tiralas no contedor de material orgánico e córtalles as gomas antes de facelo, xa que se chegasen ao mar, os animais poderían quedar atrapados nelas.

Os IBIS non habitamos nas rías! Ibis É unha ave acuática característica de Oriente Medio e o norte de África. Ao igual que as gaivotas, a femia e o macho incuban os ovos e coidan das crías ata que deixan o niño. Foi divinizada no Antigo Exipto, onde crían que o seu deus da escritura e a sabedoría adoptaba forma de Ibis.

Gaivota A femia e o macho altérnanse para incubar os ovos, criar os pitos e protexelos mentres están no niño, xa que son vítimas de ataques doutras especies ou ben de gaivotas máis xoves.

Mascato É a ave mariña europea máis grande. Lánzase en picado para mergullarse e pescar. Sospéitase que as augas exteriores das Rías Baixas manteñen unha poboación relativamente numerosa de mascatos durante boa parte do ano.

Arroaz ou delfín mular É un tipo de delfín e en Galicia temos unha das poboacións máis numerosas da Península Ibérica. É habitual velos dentro da ría onde poden atacar aos golfiños comúns que pretenden entrar nela. A actividade humana causa graves danos a esta especie.

Polbo É o animal invertebrado máis intelixente, cun sistema nervioso que funciona como un cerebro, de xeito que ten memoria, é capaz de aprender e desenvolveu un sistema de comunicación baseado nos cambios de cor e texturas da pel.

Mascato xove disecado Museo Massó

Pesca de lura pola noite do Diccionario Histórica de los Artes de la Pesca Nacional, de Antonio Sáñez Reguard, 1795 Museo Massó Como o polbo, as luras son animais nocturnos, polo que tradicionalmente a noite era un bo momento para pescalos con lámpada e espello.

Ilustración dun golfiño varado na praia cara a 1800 Museo Massó

Nécora Pertence á familia dos "cangrexos nadadores" que se caracteriza polo par de patas traseiras que emprega para nadar. Fai vida nocturna e habita nas costas atlánticas a pouca profunidade. Son un dos alimentos preferidos dos polbos.

Ilustración do libro Descripción de diferentes piezas de Historia Natural de Antonio Parra, 1787Museo Massó

Ameixa É un molusco mariño que vive dentro dunha dobre cuncha soterrado na area. Recóllese a pé cando baixa a marea. O seu consumo na prehistoria galega está documentado polos restos de cunchas atopadas nos poboados castrexos.

Ilustración de lata de ameixas en escabeche da marca Massó, 1924 Museo Massó A ameixa en conserva figura xa no catálogo de produtos de Conservas Massó editado en 1924.

Deseño para lata de conservas de sardiñas de Massó Hermanos S.A. Museo Massó A conserveira Massó empregou o nome das aves mariñas cormorán, gaivota e ibis para tres das súas marcas de conserva de peixe.

Os peixes voadores non habitamos nas rías! Peixe voador Habitan sobre todo en augas tropicais e subtropicais. A súa principal característica é o gran tamaño das aletas pectorais, que lle permiten saír da auga e planear para fuxir dos depredadores.

Peixe voador disecado Museo Massó

Bosquexo realizado por Urbano Lugrís para a decoración da Capela dos Santos Reis de Bueu Museo Massó. Depósito do Concello de Bueu

Os NAUTILUS non habitamos nas rías! Nautilus Aínda que vive dentro dunha cuncha é un cefalópodo como o polbo e a lura. Existe no noso planteta dende fai 500 millóns de anos e atópase nos océanos Pacífico e Índico.

Copa de cuncha Nautilus Museo Massó A súa fermosa cuncha nacarada converteuse dende o século XVI nun obxecto de colección que con frecuencia se transformaba en copa.

Raia Habita nos fondos mariños entre a area e o lodo, onde pola súa forma e cor pode camuflarse con facilidade pasando desapercibida. Para defenderse dos seus depredadores poden desprender descargas eléctricas.

Fotografía de Pedro Martín GutiérrezMariñeiros comendo a caldeirada no bote polbeiro cara a 1950 Museo MassóA caldeirada de raia é un prato tradicional das Rías Baixas. A caldeirada era a maneira que tiñan de cociñar o peixe dentro da propia embarcación os mariñeiros cando estaban no mar.

Leituga mariña Viven nas costas europeas a unha profundidade de ata os 10 metros. As algas arrancadas das rochas ou do fondo poden seguir vivindo e medrando ata que o mar as expulsa á terra.

Exemplar do Algario marítimo británico de E. Boning, 1860 Museo Massó As algas son un ingrediente habitual na cociña tradicional de países como Xapón. Só recentemente comezaron a incorporarse na nosa alimentación, sendo Galicia un dos principais produtores en España.

Os PEIXES GLOBO non habitamos nas rías! Peixe globo Habita en augas tropicais e subtropicais e en contornas de arrecifes de coral. Para defenderse ínflase ata converterse nun globo e a través das púas desprende un veleno moi potente.

Peixe globo disecado Museo Massó

Unha bolsa de plástico tarda 500 anos en degradarse, desprendendo durante todo ese tempo micropartículas que intoxican aos organismos que habitan no medio. Se tiras as bolsas no contedor amarelo estarás salvando a vida de moitos animais.

Lura É un cefalópodo carnívoro que se alimenta de peixes e crustáceos, mentres que ela é o alimento preferido dos cachalotes e os golfiños.

Fotografía da venda de polbo na lonxa de Bueu cara a 1960 Museo Massó A pesca do polbo é unha das actividades máis arraigadas na Ría de Pontevedra, onde se practica dende hai máis de 500 anos. En Bueu deu nome a unha embarcación exclusiva deste porto, xa desaparecida, o bote polbeiro de Bueu.