Want to make creations as awesome as this one?

No description

Transcript

xela arias

Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas á escritora e tradutora:Xela Arias Castaño

Xela falou e faláronlle en galego sempre.Desde pequeniña chamáronlle Xela pero ata que tivo trinta anos non puido firmar con ese nome.Xela é un nome galego.Sabedes cal sería o seu nome en castelán? A ver si o adiviñades!!Seguro que tedes amigos e amigas con nomes en galego!!

A nosa protagonísta naceu nunha vila de Lugo chamada.........?

GRANXA ESCOLA DE BARREIROS

Ata os 3 anos viviu nunha granxa-escola na que traballaba seu pai como mestre.

NA GRANXA...

Igual ca seu irmán Marcos.

Pasaba o día entre os animais.Imaxinádesvos o que é vivir entre vacas,pitos,ovellas e cabalos!!

E TAMÉN...

Xogaban todos os días a cazar grilos nos prados.

Despois os seus pais foron vivir a Lugo e Xela estudiou no cole de Fingoi Educación Infantíl e 1º de Educación Primaria.

Na súa casa sempre había moreas de libros para ler e a Xela encantáballe ler .Facía concursos co seu irmán a ver quen sabía máis cousas dos libros que lían.

EN VIGO..

Aos 7 anos seus pais trasladáronse a Vigo,unha cidade máis grande ca Lugo .Alí ,enseguida fixo amigos e non deixou de sair a xogar tódolos días e de montar en bici polo parque que tiña cerca.

En Vigo rematou a Educación Primaria e foi ao instituto e á universidade .Quería ser mestra de nenos de infantil pero ao final foi profesora de instituto dan-do Língua e Literatura Castelá.Moi curioso,verdade?

A súa familia aproveitaba o tempo libre para visitar aos avós en Sarria e para facer excursións pola natureza.

Con só 11 anos gañou un concurso de contos infantís co conto titulado:"A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardícia".HAI XA CERTA CANTIDADE DE ANOS,NON SEI CANTOS,ESTABA EU NA MIÑA CASA DE XEMIL E TIVEN UNHA IDEA:IR VIAXAR E EXPLORAR O MUNDO.POIS BEN,COMECEI A FACER AS MALETAS RECOLLENDO TODOS OS MEUS TREBELLOS.METÍN AS MALETAS E BLUSAS NO ASCENSOR E BAIXEI.ABRÍN O COCHE E A CORRER.ÍA A 200 POR HORA.ESE COCHE MEU É UN "LEOPARDO A REACCIÓN" QUE INVENTARON UNHOS CIENTÍFICOS AMIGOS MEUS.QUE ,POR CERTO,DIXÉRONME QUE PUXERA ANUNCIOS E DIXERA AS XENTES QUE NO SEU LABORATORIO TEÑEN UNHA MEDICIÑA QUE O QUE A TOME DURARÁ MILLÓNS E MILLÓNS DE ANOS........

Escribiu libros de poesías....

Todos os bebés son tu e ningún coma tí.Todos os nenos son tu e ningún coma tí. Todos os adolescentes son tu e ningún coma tí.Todos os nenos son mozos e ningún coma tí.Toods os anciáns son tu e ningún coma tí.Todas as nais son eu e todas,coma mín,saben que es único.

Este libro de poemas dedicoullo ao seu fillo Darío.

TRADUCiU LIBROSdo portugués ao galego...

Cando a primavera chegou vestida de luz de colores e de alegría,arrecendente de perfumes sutís,desabotoando as flores e vestindo as árbores de roupaxes verdes,o Gato Gaiado estalicou os brazos e abriu os ollos pardos,ollos feos e malos.Feos e malos na opinión xeral.ADEMAIS DICÍAN QUE NON SÓ OS OLLOS DO GATO GAIADO REFLEXABAN MALDADE SENÓN TODO O SEU CORPAZO FORTE E ÁXIL DE RAIAS AMARELAS E NEGRAS.

....... do inglés ao galego

Traduciu libros de contos do inglés ao galego.

DE PRIMEIRAS -DIXO ELA,-UNHA BRUXA VERDADEIRA LEVARÁ SEMPRE,SEGURO,LUVAS CANDO ESTÁS CON ELA.-SEGURAMENTE NON SEMPRE-DIXEN EU-QUE PASA NO VERÁN ,CANDO VAI CALOR?-MESMO NO VERÁN-DIXO A MIÑA AVÓA-TEN QUE LEVALAS.QUERES SABES POR QUE?-POR QUE?-PORQUE NON TEN UNLLAS.NO CANTO DE UNLLAS,TEN GADOUPAS FINAS E CURVADAS,COMA UN GATO,E LEVA AS LUVAS PARA AGACHALAS...-o SEGUNDO QUE TES QUE LEMBRAR É QUE AS BRUXAS VERDADEIRASSON SEMPRE CALVAS.-CALVAS?-CALVAS COMO UN OVO COCIDO -DIXO A MIÑA AVÓA.

........... e do italiano ao galego

Traduciu libros de contos do italiano ao galego.

-ERA UNHA NENA QUE SE CHAMaBACArAPUCHIÑA MARELA.-NON,VERMELLA!!-AH,SI,VERMELLA.A SUA NAI CHAMOUNA E DÍXOLLE:ESCOITA cARAPUCHIÑA VERDE...-QUE NON,vERMELLA!-Ah,sí,vermella.Vai cabo da tía Diomira levarlle esta para de patacas...

Non lle gustaban nada as guerrasninacontaminación da natureza.

A ÚLTIMA OBRA quE ESCRIBiU FOI...

UN LIBRODE CONTOS

Son dezaseis contos sobre vivencias da súa infancia.Este libro foi publicado en marzo deste ano despois de dezaoito anos da súa morte.

AGORA NA PRIMAVERA FIXEN NOVE ANOSAGORA NA PRIMAVERA FIXEN NOVE ANOS.SON MOITOS PARA NON PROCCURAR NADA DE PROVEITO NA VIDA ,ASÍ QUEVOU ESCRIBIR UN LIBRO.TAMÉN ,A VERDADE É QUE NON SEI MOITO SE SERVEN PARA ALGO.SE FACER UN LIBRO É FACER ALGO DE PROVEITO.PERO ALGO HAN VALER ,QUE AQUÍ NA MIÑA CASA OS ESTANTES ROZAN OS TEITOS DO CUARTO,E NON TEÑEN MÁIS CA LIBROS.MERCÁRONMOS MEUS PAIS ,E NELES LEMOS TODA A FAMILIA.EN FÍN,LEMOS ALGÚNS.MEU IRMÁN PEQUENO,MARCOS,MÁIS BEN PÍNTAOS,QUE AÍNDA NON SABE LER NIN ESCRIBIR,E LOGO ANDA MAMÁ BERRANDO POLA CASA QUE ONDE SE DEBUXA É NOS CADERNOS.

DESFRUTADE COA LECTURA!!