Want to make creations as awesome as this one?

Transcript

LETRAS GALEGAS 2021

Xela Arias

Algún dato sobre Xela

Fonte: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas

Xela Arias Castaño naceu en Sarria en 1962. Filla do escritor Valentín Arias, foi unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea e sobresaíu tamén como editora e tradutora

Xela Os seus primeiros anos transcorren na contorna da Granxa de Barreiros, un dos proxectos pedagóxicos de Antonio Fernández López que buscaba integrar a natureza e a cultura galegas na aprendizaxe, na aldea de Ortoá.En 1965, a familia mudouse a Lugo e ela iniciou os estudos no Colexio Fingoi. Por mor dos compromisos laborais do pai trasladouse máis tarde á parroquia de Sárdoma, en Vigo, onde rematou a ensinanza primaria. Para daquela xa gañara o primeiro premio no VI Concurso de Contos Infantís O Facho.

Primeiros anos

  • De 1976 a 1980, cursou o bacharelato e o COU no Instituto Castelao. Neste ano abandonou as aulas e comezou a traballar en Edicións Xerais de Galicia, onde desempeñou primeiro labores de administración e logo de corrección de estilo e de edición.
  • Desde 1982, deu a coñecer os seus poemas en recitais, festivais e xornais, revistas e fanzines (Dorna, Faro de Vigo, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada etc.).

Bacharelato

En 1986 foi finalista do premio Losada Diéguez co seu primeiro libro, Denuncia do equilibrio. En 1990 saíu do prelo Tigres coma cabalos, asinado coa súa parella, o fotógrafo e matemático Xulio Gil, e, en 1996, o poemario Darío a diario, dedicado ao seu fillo. De 2003 é a súa derradeira obra, Intempériome.

Vida e obra

Exerceu un labor pioneiro no mundo da tradución, ao verter ao galego os textos de Gianni Rodari (Contos ó teléfono), Jorge Amado (O Gato Gaiado e a Andoriña Señá), W. Fernández Flórez (O bosque animado), Roald Dahl (As bruxas) ou Bram Stoker (Drácula); tamén participou na tradución de O Quixote de Cervantes ou Dublineses de Joyce. O seu traballo como tradutora fíxoa merecente de varios premios: o da Sociedade da Língua Portuguesa (1987) por Amor de perdición, de Camilo Castelo Branco; o Ramón Cabanillas (1994) por O derradeiro dos mohicanos, de Fenimore Cooper, e, postumamente, o Plácido Castro (2004) por O Spleen de París, de Baudelaire. Foi membro da Asociación de Tradutores Galegos e formou parte do consello de redacción de Viceversa, revista galega de tradución. Sen abandonar as anteriores ocupacións, en 1991 retomou os estudos para cursar Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo e, posteriormente, Galego-Portugués. Desde 1999, exerceu a docencia en distintos institutos da xeografía galega. Foron anos de intensa actividade cultural e implicación cívica, nos que participou nas mobilizacións contra a Guerra de Iraq e a catástrofe do Prestige, na Festa da Muller ou nas Noites Solidarias de Implicadas no Desenvolvemento.

A súa morte en 2003, cando preparaba con Fernando Abreu o proxecto poético e musical Vencerse é cousa de se tratar, ocasionou unha fonda conmoción no mundo cultural, que lle tributou numerosas lembranzas e homenaxes, como a organizada en Vigo en 2004 pola Asociación Galega de Editores (AGE), a Asociación de Tradutores Galegos (ATG) e a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).

Morte

Deixou unha gran pegada

Xela Arias anticipou nos anos oitenta moitos temas e características formais da lírica galega da década seguinte. Atreveuse a explorar o diálogo entre a poesía e a fotografía ou a música e procurou novos espazos para ela en recitais, festivais e outras intervencións. A súa é unha poesía urbana, que rompe formalmente co código poético, cunha dimensión social e precursora da escritura de xénero.

Darío a diario · A banda da Loba · Xiana Lastra Hasme Oír (Con Versos de Xela Arias)

Darío a Diario

Xela Arias - A Palabra esgazada Cap.1

VÍDEOS

Telexornal Xela Arias - CPI dos Dices (Rois)

Xela Arias - A Palabra esgazada Cap.3

VÍDEOS

Xela Arias - A Palabra esgazada Cap.2

Intempériome - Xela Arias

VÍDEOS

Fina Casalderrey-Xela Arias

4º EDUCACIÓN INFANTIL

ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN

5º EDUCACIÓN INFANTIL

ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN

6º EDUCACIÓN INFANTIL

ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN

1º EDUCACIÓN PRIMARIA

ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN

2º EDUCACIÓN PRIMARIA

ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN

3º EDUCACIÓN PRIMARIA

ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN

4º EDUCACIÓN PRIMARIA

ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN

5º EDUCACIÓN PRIMARIA

ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN

6º EDUCACIÓN PRIMARIA

ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN

PROPOSTAS DE TEXTOS PARA TRABALLAR XELA ARIAS

ACTIVIDADES SEMINARIO GALÁN

DOSSIER XELA ARIAS XUNTA DE GALICIA

E.D.L.G CEIP Rabadeira

Grazas!